Vidas en el silencio

Informe Semanal, 12 de Septiembre de 2009: Vidas en el silencio En España hay 300.000 personas con autismo, una dolencia cuyo origen todavía se desconoce y que afecta a la comunicación de las personas que lo padecen. Las personas autistas necesitan estimulación permanente y, aunque no en todos los casos, muchas tienen problemas de conducta que dificultan todavía más su relación con los demás. El problema del autismo, y las dificultades que tienen las familias, se ha tratado a menudo poniendo el foco en los niños donde la administración pública centra sus esfuerzos. Pero el autismo es un trastorno que no tiene curación y por eso, INFORME SEMANAL se fija esta semana en los adultos, en las Vidas en el silencio, de miles de personas que luchan por integrarse laboral y socialmente y que reivindican su derecho a ser visibles. Enlace al video en formato flv http://www.informesemanal.tve.es

Curso de PECS en Pontevedra

Os días 19 e 20 de setembro impartirase en Pontevedra un curso básico de PECS. Todo o profesorado, e en especial os especialistas en AL e PT, teremos en calquer momento un alumno dentro do trastorno do espectro autista (TEA). Moitos dos rapaces que se encadran nesta discapacidade funcional teñen moitas dificultades para poder comunicarse, para poder entender a linguaxe oral e poder expresarse con palabras. Os sistemas alternativos e aumentativos de comunicación (SAAC) fan que o alumnado se inicie na comunicación oral e, no caso de non ser posible, permite que a vaiamos construíndo con eles, un sistema que lles facilita o establecer comunicación co seu entorno. O PECSé un Sistema de Comunicación por Intercambio de Imaxes que se emprega desde 1985 como un sitema de ensinanza único, aumentativo e alternativo que axuda ás persoas con autismo e con outras deficiencias na capacidade de comunicación. Este tipo de cursos deberían ser subvencionados ou organizados polos CEFORES pois son básicos para a intervención dos TEA e outros trastornos da comunicación, poucos cursos nos son ofertados e os poucos que se convocan son de escasa calidade. Teremos pois que aproveitar ocasións como esta para poder ir completando a nosa formación. O curso será impartido por especialistas neste sistema pertencentes a Pyramid Consultants que son un grupo de profesionais altamente cualificados nos campos do autismo e outros problemas comunicativos. Enlaces de interese: A paxina de PECS: www.pecs-spain.com Páxina de inscrición no curso (descárgase documento en formato PECS): www.pecs-spain.com/pecsbasic3.pdf

Ferramenta para Grupos de Apoio

O portal www.miradasdeapoyo.org a partir do 01 de Xullo pon en marcha o rexistro para activar a ferramenta e crear un grupo de apoio baseado na planificación centrada na persoa. Ese día haberá unha presentación da ferramenta que terá lugar no salón de actos do CEAPAT de Madrid o próximo 1 de xullo ás 10,00 horas.

Congreso Comunicación Aumentativa e TIC

O Congreso de Comunicación Aumentativa e Tecnoloxía vai dirixido a todas aquelas persoas relacionadas co uso da Comunicación Aumentativa (directa ou indirectamente) que estean interesadas en intercambiar e coñecer novas experiencias e recursos eneste ámbito, en relación coa Tecnoloxía. Por este motivo, resulta de gran interese para os usuarios de CA, para as súas familias, así como aos profesionais que traballan en contacto directo con persoas usuarias de Comunicación Aumentativa. De igual modo, a vertente tecnolóxica do Congreso confire unha vital implicación ao ámbito da enxeñería aplicada en sistemas relacionados coa saúde e o benestar, concretamente os especializados na investigación e desenvolvemento de tecnoloxía punta aplicada á adaptación de sistemas intelixentes integrada de maneira óptima no contorno. Finalmente outro colectivo amplamente implicado, será dos estudantes universitarios xa que a CA e as tecnoloxías de axuda forman parte do seu proceso formativo (área de educación, socio sanitario e tecnolóxico). 17, 18 e 19 setembro 2009 Universidade de Zaragoza, CPS, Edificio Betancourt Mais información: Ligazón á web do Congreso Comunicacion Aumentativa e TIC

Xornadas accesibilidade web

Xornadas organizadas pola Asociación Gallega de Empresas de Tecnologías de Información y Comunicación (AGESTIC) Celebraranse no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia dependente da Conselleria de Traballo, en Santiago de Compostela os próximos 21,28 e 29 de xaneiro. [D-674] Como empresas, universidades e administracións públicas debemos ser os primeiros en contribuír a facilitar o acceso a Internet a todos os cidadáns, especialmente daqueles que teñen algún tipo de minusvalidez. A web da túa empresa ou Institución “accesible” contribúe a iso, ademais de estar a inverter en Responsabilidade Social Empresarial (En España existen máis de 4 millóns de persoas que sofren algún tipo de minusvalidez, e en Europa a cifra se incrementa ata os 42 millóns. Inverter en accesibilidade terá unha repercusión positiva nun grande número de persoas), mellorar a usabilidade do teu web e incrementar a súa audiencia (A audiencia potencial increméntase porque as pautas de accesibilidade se adaptan aos estándares doutros dispositivos de acceso (móbiles, PDA, televisión dixital, etc) e cumprir coa Lei que debe cumprir a túa empresa e/ou os teus clientes actuais e potenciais. A partir de XA, as páxinas de internet das administracións públicas ou con financiamento público deberán incorporar os niveis de accesibilidade que cumpran os criterios e condicións establecidas no RD 1494/2007 de accesibilidade. A partir de XA, as páxinas de Internet de entidades e empresas que se encarguen, xa sexa por vía concesional ou a través doutra vía contractual, de xestionar servizos públicos, en especial, dos que teñan carácter educativo sanitario e servizos sociais deberán incorporar os niveis de accesibilidade que cumpran os criterios e condicións establecidas no RD 1494/2007 de accesibilidade. Todas as convocatorias da Xunta de Galicia, Ministerio de Industria-Plan Avanza que inclúan web esixen o cumprimento do citado RD. A nova Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información obriga as compañías consideradas ‘grandes’ a contar, como mínimo, cun nivel medio de accesibilidade nos seus sitios web. A nova Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información afecta tanto á Administración Pública, coma a entidades e empresas encargadas de xestionar servizos públicos ou empresas privadas que reciben financiamento público, ademais de empresas de “especial transcendencia económica”, como as entidades bancarias, aseguradoras, axencias de viaxes, empresas de transporte ou subministradoras de gas, auga e electricidade. Para saber mais Páxina co Tríptico e Inscrición.

Xornadas AGPETAL-TADEGa

XII Xornadas AGPETAL e III Xornadas TADEGa 2009 [D-667] Os días 13 e 14 de febreiro de 2009, terá lugar na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (campus de Elviña) as XII Xornadas AGPETAL e as III Xornadas TADEGa 2009, organizadas por ambas asociacións e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña. Dende esta asociación temos posto moito interese e ilusión pola posta en marcha destas xornadas con contidos de calidade e coa intención de que teñan ademais, un forte carácter práctico para todo o profesorado inmerso na problemática dos problemas da comunicación dentro do mundo da diversidade funcional Los temas a tratar en esencia son: Audición e linguaxe. TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación). SAAC (Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación). Atención a alumnado con implante coclear. Foros activos de experiencias TIC. Nota: As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. Despois do 1 de febreiro, as cotas incrementaranse en 12 euros. A matrícula dá dereito á: Asistencia ás XII Xornadas. Carpeta de documentación e traballo. Certificado de asistencia expedido pola Universidade de A Coruña coa colaboración de AGPETAL e TADEGa. (Certificación oficial de 15 horas e 1 crédito de libre elección pola Universidade de A Coruña). No enlace que vos amosamos a continuación podedes acceder ao tríptico informativo que contén tanto o programa (aínda provisional) como as indicacións a seguir para quen esteades interesados ou interesadas en matricularvos e participar nestas xornadas. Tríptico informativo das xorndadas co programa e condicións de matrícula (formato PDF de Adobe Acrobat): [Enlace].

A educación inclusiva a debate

Con motivo da celebración do Congreso de Educación FEAPS (1), a organizacion celebrou un café con expertos nesta materia e que son os encargados de deseñar o modelo de educación de FEAPS que se presentará no citado Congreso, o próximo mes de febreiro en Córdoba. Neste café-coloquio (2) tocáronse moitos dos aspectos que debatíamos hai días. Algún dos temas facían referencia as carencias, ausencias, faltas, non existencias… que aparecen se preguntamos educación inclusiva?. Cando se fala de inclusión non se fala dunha metodoloxía nin dun procedemento, fálase dunha cultura, dunha actitude, dunha ética, en relación coa educación en xeral, que todos os nenos teñan a educación que merecen. Neste sentido na inclusión sí se foi avanzando: hai máis crenza, máis ideoloxía positiva, máis paixón por quen a ten, pero é de agradecer non é eSixible. Hoxe en día non hai nada que esixa nas normativas esta formulación. Se a túa filla ten a sorte de estar nun centro que por sorte, polas actitudes e as características do colexio e das persoas, vaille ben pois é unha afortunada, pero se está nunha entidade onde, ese colexio, eses profesores ou a sociedade de ao redor non ten esta cultura, ninguén lle vai a pór sistemas de proceso de mellora para que realmente chegue a inclusión. Os cambios e as transformacións non terían só que ver con cambios de mentalidade, que son básicos, se non que ademais terían que ir acompañados de transformacións de esixencia. Enlaces de interese Enlace ao Congreso FEAPS de Educación www.feaps.org Enlace ao texto íntegro do café coloquio Café Coloquio sobre Inclusion

Xornadas Autismo Galicia

Xornadas: “Aplicacións Informáticas no ámbito dos Trastornos do Espectro Autista” [D-619] A Federación AUTISMO GALICIA (1) organizará unhas Xornadas os días 12, 13 e 14 de decembro na Facultade de Filosofía, en Santiago de Compostela baixo o título “Aplicacións Informáticas no ámbito dos Trastornos do Espectro Autista”. A través destas xornadas tratarase de achegar á cidadanía os avances na tecnoloxía dentro dun campo tan ignorado como é o das persoas con Trastornos do Espectro Autista (T.E.A.) e persoas con Discapacidade en xeral. Todos os grupos representados, poderán proporcionar a súa visión sobre aquelas aplicacións informáticas que constitúen unha innovación no campo da tecnoloxía e facilitan o traballo dos/as traballadores/as dos centros, contribuíndo así a mellorar a calidade de vida das persoas con T.E.A. e a das súas familias. Total horas: 20. CRÉDITOS CONCEDIDOS: 1 Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de A Coruña e Universidade de Vigo Inscrición: Servizo de Participación e Integración Universitaria Casas Reais, 8. Santiago Telf.: 981 563 100, ext. 12859/12864/23573 O prazo para inscribirse será ata fin de aforo. TADEGa, participará cunha intervención o sábado pola tarde. Enlaces de interese Enlace á páxina de Autismo Galicia www.autismogalicia.org Enlace ao programa das Xornadas Documento pdf das Xornadas

I Obradoiro ASPERGA

[D-608] A Asociación de familias afectadas pola Síndrome de Asperger en Galicia (ASPERGA), en colaboración con Ucatea e Iniciativa Integra, organiza o I OBRADOIRO ASPERGA. “O síndrome de Asperger no entorno familiar”. Terá lugar o día 20 de decembro de 2008 de 10:00 a 14:00h na Aula de Cultura da Caixa Galicia. c/Médico Rodriguez (Juan Flórez). A Coruña. Entrada Libre Análise da situación dos afectados polo Síndrome de Ásperger dentro do seu entorno máis próximo, a familia. Profesionais no campo da psicoloxía e a educación aportarán o marco teórico; a través de obradoiros poderanse coñecer tamén experiencias de familias e afectados. Enlaces de interese Información de contacto: ASPERGA. Marisol Andújar Morales 988247083 // 659159285 aasperga@gmail.com Tríptico do Obradoiro Tríptico

TECNONEET 2010

[D-606] Namentres que todavía está fresquiño nas mentes de moitos de nós o V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) – III Xornadas de Logopedia Dixital 2008, desenvolvido no mes de setembro en Murcia, naquela terra xa teñen postas as súas miras no 2010, ano no que presentarán o VI Congreso TecnoNEEt, baixo o lema “25 años de integración en España”. Será o 4, 5 e 6 de marzo. Para todas as persoas que non o saibades todavía, TecnoNEEt; é o nome que reciben os congresos bianuais que se desenvolven na comunidade murciana dende o ano 2000, no eido das novas tecnoloxías e a atención á diversidade. Esta iniciativa, respaldada pola Consellería de Educación, Ciencia e Investigación da Rexión de Murcia, foi medrando paseniño e collendo forza, quizáis polo seu carácter dinámico e interactivo, quizáis pola variedade no tratamento dos contidos e pola súa practicidade, ou quizáis pola profesionalidade coa que en todo momento se procurou dar resposta á demanda dun número cada vez maior de escolas que sinten a necesidade de incorporar as tecnoloxías educativas nas aulas para contribuír na mellora da calidade de vida do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Ou, se cadra, por todo un pouco. Así pois, tampouco debera sorprendernos que os murcianos estivesen argallando xa unha nova cita na súa terra. E o 2010 promete ser moi especial, posto que, entre outras cuestións, aproveitarán a coincidencia cos 25 anos de integración que cumplimos en España para facer unha análise das súas repercusións na educación e da medida na que contribuíron as novas tecnoloxías neste proceso de cambio, co fin de propoñer novas liñas de actuación para a mellora das nosas escolas. Dende logo, ao equipo TecnoNEET todavía lle queda moito que camiñar e a nós moito que esperar para aproveitarnos de todo o seu traballo. Pero, sen dúbida, pagará a pena. Así que non vos esquenzades e anotade: os días 4, 5 e 6 de marzo do 2010 tendes unha cita en Murcia. Enlaces de interese Ligazón á web do VI Tecnoneet: www.tecnoneet.org