II Marcha pola diversidade funcional

Imaxe do cartel da marcha a Madrid pola diversidade funcional. [D-493]

Invitación aberta

Este ano faremos a Segunda Marcha pola Visibilidade da Diversidade Funcional. Podo dicir que a do ano pasado foi das experiencias máis intensas que vivín eu e das mellores para os meus fillos. Vos imaxinades centos de cascados dirixíndose cara Madrid? Viva a accesibilidade no transporte público! 😉

Sabedes o que é, perfectamente coordinados grazas ós móbiles, e con cobertura periodística, parar o tren de Santander, o de Vigo, o de Valencia, Málaga… para baixar a facer as necesidades a unha estación posto que o tren non é accesible, mentres o resto de viaxeiros esperaba e miraba polas fiestras sorprendidos-cabreados?

Elaboramos documentos, para min moi valiosos, (mándovos un exemplo). Se alguén está interesado mando mesmo imaxes ou os textos das teatralizacións.

Os meus fillos elaboraron un fermoso cartaz (que quedou alí exposto). A foto é, como vedes, na Torre de Hércules de Coruña. Os meus fillos son 1º pola esquerda, 3ª pola esquerda e 1º pola dereita (Diante). O resto son sobriños. Era o noso póster pero había algúns extraordinarios, con mensaxes que che facían subir o sentimento de dignidade a niveis infinitos…

E se alguén se anima a medrar con nós, prometo que non se arrepentirá.

Ligazóns de interese (múltiples idiomas)

Comparte este artigo

1 Comentario

  1. Saúdos, en primeiro lugar agradecervos a ligazón a VIgalicia.

    Só unha pequena aclaración, aínda que todos estamos vinculados a este movemento, VIgalicia non é a sección galega do foro de vida independente. Somos unha asociación de usuarios e usuarias de asistencia persoal que está baseada na Filosofía de Vida Independente.

    Desde hai uns días temos hosting propio e hai que entrar á nosa páxina a través de http://www.vigalicia.org.
    Aproveito para deixarvos a ligazón ao cartel da II marcha elaborado por VIgalicia http://www.vigalicia.org/files/pdf/cartel_marcha_2008.pdf

    Parabéns polo voso traballo.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.