ISAAC 2010
[D-609-1] [D-609-2] A 14ª Conferencia Internacional de ISAAC, terá lugar en Barcelona do 24 ó 31 de xullo de 2010 baixo o lema “Comunicando Mundos”. Dita conferencia quere reunir a profesionais, usuarios e familias de todo o mundo que empregan e promoven o emprego da Comunicación aumentativa e alternativa (CAA). En Barcelona haberá espacio para o intercambio de experiencias, estudos e opinións en torno ás CAA. O obxectivo é aprender uns dos outros. Durará un total de 8 días: 2 días de formación, onde expertos de prestixio realizarán obradoiros sobre temas específicos con CAA. 4 días de conferencias, onde se agarda que os participantes aporten as súas experiencias e opinións en relación a CAA, dende o ámbito educativo, social, sanitario e persoal. 2 días de simposio científico, onde os principais investigadores de todo o mundo neste ámbito mostran as liñas de investigación actuais. Tamén se contará coa presenza das principais empresas do sector de todo o mundo, cunha exposición permanente dos seus productos, demostracións das últimas novidades en Sistemas aumentativos e alternativos de Comunicación. Enlaces de interese Ligazón á web da Conferencia de Barcelona: www.isaac2010.org