Coñeces a normativa que regula a atención á diversidade do alumnado dos centros docentes na Comunidade Autónoma de Galicia? Empregas metodoloxías, estratexias e propostas de intervención da comunidade educativa e outros organismos e institucións favorecedoras da inclusión?. Porque istes aspectos serán algúns dos que se darán cumprida resposta nas I Xornadas de Atención á Diversidade o día 24 de novembro na EGAP (Santiago de Compostela), de 9:00 a 20:30, organizadas polo Centro
XIII Xornadas AGPETAL
Informamos da vindeira celebración das XIII xornadas AGPETAL (Asociación Galega de Profedsorado Especialista en Técnicas de Audición e Linguaxe) que abordará o tema A linguaxe na Educación Infantil. Recursos para unha escola inclusiva Estas xornadas terán lugar os días 8, 9 e 10 de novembro de 2012 nas instalacións da Facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña. Entre outras intervencións, caben salientar as de 3 magníficas tadeguianas: Susana
Cursos de Especialización
Desde APAE os informamos de que ya tenemos fechas para las formaciones de este primer trimestre de curso. A lo largo de estos meses podremos facilitaros las fechas de los del segundo y tercer trimestre, que esperamos os resulten de interés. Para obtener más información sobre los cursos de este trimestre no tenéis más que pinchar sobre ellos y acceder al doc., donde figura el temario, la fecha límite de
Conta atrás para o VII Congreso TecnoNEEt
Como xa sabedes case todas e todos vós, os días 18, 19 e 20 de outubro en Cartaxena teremos o I Congreso Nacional de Dificultades Específicas de Aprendizaje (DEA) xunto co VII Congreso Nacional de Tecnología Educativa y Atención a la Diversidad (TecnoNEEt) que este ano leva por título Respuestas flexibles en contextos educativos diversos.Como hai moita xente de TADEGa anotada neste congreso tanto como organizadores como asistentes, e como
Curso Discapacidade Visual (actualización)
O Alumnado con discapacidade visual e o seu contexto: Centro Educativo e Familia Texto actualizado: Certificación homologada por 10 horas pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia. TADEGa organiza os días 25 e 26 de Novembro, en colaboración co gabinete de psicoloxía Emma Mayo Psicóloga, un curso sobre “o alumnado con discapacidade visual e o seu contexto”. Consideramos que este curso é moi necesario pois, segundo datos da propia
II Congreso TADEGa, Ourense 2011
Ourense, 11 e 12 de febreiro de 2011 Prácticas dixitais na atención á diversidade Dende a nosa asociación prácenos anunciar o vindeiro II Congreso TADEGa que, baixo o título Prácticas dixitais na atención á diversidade, terá lugar os días 11 e 12 de febreiro de 2011 nun marco incomparable: Auditorio Municipal de Ourense. Notas de interese Toda a información relativa ao congreso (programa, obxectivos, inscricións, prezos, listaxes, etc.) figura actualizada
Obradoiros Lugo 2010
Xeitos de comunicación Era unha débeda que tiñamos fai tempo; o achegamento de TADEGa a terras lucenses. E así foi. Primeiro por terras de Viveiro compartindo con todos e todas experiencias dixitais no ensino. E agora lle toca aos xeitos de nós comunicar. O próximo día 10 de decembro, venres, coincidindo coa visualización do conto de Xandre en todos os centros de ensino galegos tal e como dimos conta no
10 de decembro, día mundial dos dereitos humanos
10 de decembro de 2010 Unha experiencia con Xandre nos centros. A inclusión como dereito educativo Celebrado o 10 de decembro dende hai tempo (1950, resolución 423-V da asemblea Xeral das Nacións Unidas), o día mundial dos dereitos humanos ten nos centros de ensino un espazo privilexiado mediante a realización de diferentes actividades. Así, o que as Nacións Unidas promulgaron pode tomar corpo nas nosas conciencias e nas nosas aulas.
Actividades asociacion Bule Bule
A asociación Bule-Bule é unha asociación sen ánimo de lucro, de pais de nenos e nenas afectados por un déficit de atención con ou sen hiperactividade. Buscan o coñecemento destas características nos nenos por parte das institucións públicas, pais, mais, mestres, profesores e demais educadores; así como unha sabedora no eido do social para con eles. É dicir, colaborar cos traballos, estudos e integracións que favorezan o coñecemento da problemática
Sábado, 7 de novembro
Seminario e asemblea Non perdas esta cita. Sesión dobre para os amigos e amigas desta asociación: Por unha banda e en sesión de mañá, micro-xornada/seminario sobre símbolos, tecnoloxía de apoio e recursos para a comunicación, o acceso ao currículum e á lectoescritura a cargo de: Borja Romero Salord, Director de BJ Adaptaciones e especialista en tecnoloxía de apoio, Barcelona. Por outra banda e en sesión de tarde, asemblea xeral extraordinaria

