Conta atrás para o VII Congreso TecnoNEEt
Como xa sabedes case todas e todos vós, os días 18, 19 e 20 de outubro en Cartaxena teremos o I Congreso Nacional de Dificultades Específicas de Aprendizaje (DEA) xunto co VII Congreso Nacional de Tecnología Educativa y Atención a la Diversidad (TecnoNEEt) que este ano leva por título Respuestas flexibles en contextos educativos diversos
.Como hai moita xente de TADEGa anotada neste congreso tanto como organizadores como asistentes, e como ademais moitas destas persoas son docentes que traballan no ensino público, deixamos aquí postos os datos necesarios e o modelo que fai falla para solicitar os días de permiso no centro para asistir a esta actividade formativa.
- O modelo de solicitude, pode descargarse aquí: enlace.
- Unha vez cumprimentado anexaráselle documentación relativa ao congreso (neste caso por exemplo o programa que figura na web).
- Entregarase esta documentación no centro (no que se está destinado no momento de producirse a ausencia).
- A dirección do mesmo, e cun mínimo de anticipación de 10 días naturais, deberá emitir un informe que se xuntará á solicitude para ser remitidos ambos documentos á xefatura territorial.
- Caso de non ter resposta antes do congreso poderíase consultar telefónicamente na inspección educativa.
- Á volta do congreso deberase emitir un breve informe do acontecido no congreso así como un xustificante de ter asistido.