Fotografía e danza de xeito inclusivo
Unha axenda inclusiva para Vigo e máis cidades galegas
Toma nota dos seguintes datos:
Laboratorio de fotografía Di-versión-arte
- Sábados 11, 18, 25 de abril e 9 de maio.
- Horario de 10 a 14 horas.
- Sede Afundación Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 24-26.
- Un obradoiro pouco convencional, poderás retratar a túa persoal visión do mundo, co foco na realidade que máis che interesa, libre de prexuizos e apriorismos.
- Persoas con diversidade funcional ou calquera persoa con interese na fotografía, ou no uso das artes como ferramenta de inclusión social.
- Cada participante deberá traer cámara de fotos dixital (compacta ou réflex).
- Máximo 15 asistentes.
Exposición fotográfica + Performance de danza Igualarte
- Do 11 ao 27 de xuño.
- Entre as 17:30 e as 20:30 horas.
- Sede Afundación Vigo. Rúa Velázquez Moreno 18 (Sala de Exposicións II)
Por que?
Boa pregunta: lendo na información que se nos achega, e á vista dos resultados desta mesma actividade desenvolta noutros lugares galegos, atopámonos con singularidades que moito nos gustaría foxen xeralidades: unha actividade dirixida a todo tipo de poboación e con especial sensibilidade ás persoas con diversidade funcional sen entrar a valorar se tal o cual discapacidade. Unha escolma ben feita de actividades aptas para todos e todas sen exclusións, accesibles, sen máis. O dito, unha actividade singular que moito nos gustaría que deixase de selo para converterse en xeralizada, tan inclusiva que nin se anuncia como tal.
//Afundación
Así é o nome da entidade que promove as iniciativas que aquí se amosan, a se celebrar en Vigo nos vindeiros meses e que poderían ser de interese. Esta institución defínese así mesma na súa web como:
A Fundación Galicia Obra Social (Afundación) (…) A nosa misión é a realización dunha acción educativa, social e cultural que, de xeito sostido, eficiente e relevante, contribúa a mellorar a sociedade galega, dentro e fóra de Galicia, e posibilite así o desenvolvemento integral das persoas que forman parte dela.
(…) O noso máximo órgano de decisión é o Padroado no que están representados ABANCA, o noso único mecenas, as sete principais cidades galegas, o Parlamento de Galicia, as deputacións provinciais, a Xunta de Galicia e os traballadores…
Información adicional
Nestes anexos que xuntamos en formato PDF poderedes ter información adicional incluíndo o xeito de vos inscribir se vos interesa: