Previo do IV Congreso TADEGa. Vigo 2015
O vindeiro IV Congreso TADEGa
a se celebrar en Vigo terá lugar os días 11 e 12 de decembro de 2015 e, ao seu carón, quixeramos pedirvos axuda e colaboración nesta andaina que pretendemos compartir con todos vós e que nos axudedes a difundilo.
Datos previos
Evento: IV Congreso TADEGa. Vigo 2015 Con corazón: Diversidade, Universo dixital e Inclusión
Lugar: Vigo. //Afundación. Sede Afundación. Policarpo Sanz, 24 – 26, Vigo.
Datas: 11 e 12 de decembro de 2015.
Acreditación: Certificacion do MECD (Ministerio de Educación, Cultura y Deporte) así como certificado adicional de publicacion dixital ISSN por comunicacións libres e obradoiros.
Contidos
Os máis puntuados nas anteriores avaliacións:
- Tablets e dispositivos móbiles Android.
- Novidades PictoAplicaciones.com – www.pictoaplicaciones.com
- Construción de elementos de baixo custe. CEAPAT – www.ceapat.es
- Emprego creativo das tablets na aula e apps para o curriculum.
- Obradoiro Robótica e Arduíno. Bricolabs TEAM – bricolabs.cc
- sites.google.com/site/sitiotuchomendez
- http://escornabot.com/web/gl/what
- Actividades e productos de apoio. Acceso alternativo ao ordenador, tablets e teléfonos.
- Programación nas escolas: AppInventor http://www.cpeig.org/portal/node/2376
- Impresión 3D no entorno da diversidade funcional e a autonomía persoal.
- Resolución de conflictos en el aula centrado en solucións.
Precisamos
- Persoas que colaboren no comité organizador do Congreso (Ver Congreso 2013).
- Propostas de comunicacións libres e temáticas para obradoiros (Ver formulario).
- Patrocinadores do Congreso.
Propostas de comunicacións libres e temáticas para obradoiros
Convidamos a todas as persoas que desexen participar a que nos envíen unha proposta para presentar o seu traballo, ben sexa unha comunicación libre, obradoiro ou coloquio, abordando a diversidade no ensino e o emprego de tecnoloxía. (Emprega o formulario)
Patrocinio do Congreso
TADEGa oferta oportunidades para as organizacións ou grupos que así o desexen ofrecer patrocinio aos nosos congresos. Enfócase a aquelas organizacions interesadas que estean relacionadas coa temática do congreso e que esteann dispostas a conectar co congreso e coa súa comunidade. Podemos axudarlle a aumentar a visibilidade da súa organización e produtos dentro da nosa comunidade e a súa organización ou empresa dentro da nosa comunidade de profesorado comprometido e entusiasta, estudiantes, familias e usuarios.
Os paquetes de patrocinio do Congreso combinan a visibilidade antes do evento e o máximo impacto durante o Congreso. Para as organizacions ou empresas que desexen dirixirse a un día específico, no material entregado, ou nos eventos sociais durante el congreso, o patrocinio individual é unha opción moi atractiva. Isto lle permite á súa organización elexir o nivel desexado de participación e de visivilidade perante aos asistentes do Congreso.
Outra razón clave é establecer contactos persoais e achegar organizacións e empresas ao mundo do ensino a través dun networking e compartir en rede con outros profesionais os eventos sociais así como a cea de gala do congreso, os almorzos e as pausas de café, teñen tamén moita asistencia.
Poderá poñerse en contacto con nós para valorar o mellor xeito de patrocinio dun destes eventos ou a presencia nun stand para a súa organización.