Rato facial, software libre

[D-682] A Asociación Provincial de Parálise Cerebral de Tarragona pon ao alcance mundial o proxecto Enable Viacam O programa Rato Facial de CREA Sistemes Informà tics xa é de código aberto. Fai xa máis de cinco anos que foi presentado Rato Facial que, baseado na captura e o tratamento da imaxe, mediante unha webcam, permitía controlar o punteiro da pantalla dun computador. Tras varios anos de investigación na Asociación, agora Rato Facial ve a luz en forma de software libre. O proxecto que presenta a Asociación Provincial de Parálise Cerebral de Tarragona, consiste en pór en Internet ao alcance de todos este software e o código fonte, co dobre obxectivo de que, por unha banda os usuarios poidan gozar gratuitamente desta ferramenta e por outra que os desarrolladores teñan ao alcance o código e poidan facer achegas que melloren o seu funcionamento. As persoas con discapacidade que por razóns de mobilidade teñen dificultades no control do rato do computador, xa poden descargar esta aplicación. O programa distribúese baixo licenza GNU/GPL xunto co código fonte completo. Xa existen versións para os sistemas operativos GNU/Linux e Windows desde enfoque multi-plataforma, o que significa que as versións para diferentes sistemas operativos, son idénticas. Ofrécese inicialmente en Catalán, Castelán e Inglés (con posibilidade de traducilo a outros idiomas). O proxecto Enable Viacam foi realidade grazas ao apoio da Secretaria de Telecomunicacions i Societat da Informació do Departament de Governació i Administracions Públiques da Generalitat de Catalunya. Ligazóns Páxina de Enable Viacam

Xornadas accesibilidade web

Xornadas organizadas pola Asociación Gallega de Empresas de Tecnologías de Información y Comunicación (AGESTIC) Celebraranse no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia dependente da Conselleria de Traballo, en Santiago de Compostela os próximos 21,28 e 29 de xaneiro. [D-674] Como empresas, universidades e administracións públicas debemos ser os primeiros en contribuír a facilitar o acceso a Internet a todos os cidadáns, especialmente daqueles que teñen algún tipo de minusvalidez. A web da túa empresa ou Institución “accesible” contribúe a iso, ademais de estar a inverter en Responsabilidade Social Empresarial (En España existen máis de 4 millóns de persoas que sofren algún tipo de minusvalidez, e en Europa a cifra se incrementa ata os 42 millóns. Inverter en accesibilidade terá unha repercusión positiva nun grande número de persoas), mellorar a usabilidade do teu web e incrementar a súa audiencia (A audiencia potencial increméntase porque as pautas de accesibilidade se adaptan aos estándares doutros dispositivos de acceso (móbiles, PDA, televisión dixital, etc) e cumprir coa Lei que debe cumprir a túa empresa e/ou os teus clientes actuais e potenciais. A partir de XA, as páxinas de internet das administracións públicas ou con financiamento público deberán incorporar os niveis de accesibilidade que cumpran os criterios e condicións establecidas no RD 1494/2007 de accesibilidade. A partir de XA, as páxinas de Internet de entidades e empresas que se encarguen, xa sexa por vía concesional ou a través doutra vía contractual, de xestionar servizos públicos, en especial, dos que teñan carácter educativo sanitario e servizos sociais deberán incorporar os niveis de accesibilidade que cumpran os criterios e condicións establecidas no RD 1494/2007 de accesibilidade. Todas as convocatorias da Xunta de Galicia, Ministerio de Industria-Plan Avanza que inclúan web esixen o cumprimento do citado RD. A nova Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información obriga as compañías consideradas ‘grandes’ a contar, como mínimo, cun nivel medio de accesibilidade nos seus sitios web. A nova Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información afecta tanto á Administración Pública, coma a entidades e empresas encargadas de xestionar servizos públicos ou empresas privadas que reciben financiamento público, ademais de empresas de “especial transcendencia económica”, como as entidades bancarias, aseguradoras, axencias de viaxes, empresas de transporte ou subministradoras de gas, auga e electricidade. Para saber mais Páxina co Tríptico e Inscrición.

Estimulación Basal

[D-631] Precisaría de moito máis tempo para facervos un bo resumo do que foi iste curso intensivo na ultima semana de Nadal, pero podo comentar un par de apuntes e tedes todo o necesario na rede. Trátase dun concepto para o tratamento de persoas gravemente discapacitadas creado por A Fröhlich nos anos 70 na Alemania. Defínese “como un xeito de potenciación da comunicación, a iteración e o desenvolvemento orientada en todas as áreas ás necesidades básicas do ser humano”. As súas orixes, atópanse no proceso de escolarización de nenas e nenos plurideficientes na escola e coas necesidade de novos procedementos e novas ideas. A Estimulación Basal, parte da idea de que dende o nacemento e ata a morte, e a pesares das graves limitacións que poida ter unha persoa, son posibles e teñen senso novos procesos de desenvolvemento. Pero coidado, porque non é unha terapia, nin un método de tratamento, nin sequera un método de estimulación multisensorial; senón que vai mas aló: non hai nada que curar (fanse ofertas sen pedir nada a cambio), créase un diálogo baseado na proximidade corporal, a escoita e por tanto o intercambio co outro. Un concepto 24 horas, vamos. A verdade é que a sede formativa fainos que nos cursos e congresos aos que acudimos, o aproveitamento quede nada mais que nunha pequena porcentaxe; nada mais lonxe niste caso para a miña -grata- sorpresa. Sempre se ten unha vaga idea do que é a estimulación (nivel somático, vestibular…), pero que convén actualizar, poñerlle nome e apelidos ao asunto e repararmos no que estamos a facer. Xa está pedida a segunda parte do curso 😉 Para saber mais Páxina de Estimulacion Basal. Documento pdf Estimulacion Basal en Educacion. Documento pdf Herramientas corporales para el acompañamiento e intervención con personas con discapacidad.

Curso creación contidos multimedia

[D-659] Moitos de vos preguntades a miúdo por programas e ferramentas de autor que faciliten a creación de actividades de traballo para os vosos alumnos e fillos, pois para os mestres a partires do próximo mes de febreiro poñeranse en marcha dous novos cursos de formación a distancia en PLATEGa. Os cursos están relacionados coas ferramentas de autor LIM e Ardora. Para inscribirse nas actividades hai que ir ao sistema de formación do profesorado (fprof) e buscar as seguintes referencias: X0804047 – LIM e o proxecto Xogamos? Aplicación didáctica X0804048 – Creación de actividades en liña con Ardora. Uso didáctico Data límite de inscrición nas actividades ata o próximo día 9 de xaneiro. Ambos cursos están deseñados para 50 alumnos e constan dun total de 30 horas . A temporalización do mesmo é do 02/02/2009 ao 15/05/2009. E para os que non sexades mestres ou non vos concedan o curso, tendes moito para ir empezando a practicar en LIM cos tutoriais e o “curso autodidacta” na rede. As interesadas e interesados podedes ir probando, e as dúbidas que vos vaian xurdindo as anotades aqui nos comentarios e lle imos dando resposta, si? Animadevos! Ligazóns que se citan Páxina Web do Sistema de Xestion da Formación do Profesorado. Páxina Web de Ardora. Páxina Web de LIM. Recursos de iniciacion a LIM. Curso autodidacta de LIM na rede. Créditos Ardora é un programa totalmente gratuito, sempre e cando sexa empregado de xeito personal, sin caracter lucrativo e con fins estrictamente educativos. Autor: José Manuel Bouzán Matanza LIM e EdiLim son de uso e distribución libre, sempre que se respete a súa gratuidade e autoría. Autor: Fran Macías

Clear

[D-645] Iste é un recurso de balde (hai que rexistrarse) do Center for Language Education and Research, da Michigan State University, e coido que pode ser de moita utilidade para as mestras e mestres de Audición e Linguaxe e Logopedas, como hai uns días que comentabamos con que ferramenta poderiamos facer un rexistro fonolóxico en galego. Por exemplo, hai unha serie de fotografías nas que o alumno ten que decir o nome das imaxes, iste rexistro -a través do micro- queda gravado no servidor co nome do usuario para que a mestra ou mestre o escoite as veces que precise: Teremos prontiño a versión en galego? 😉 Na nosa páxina obteremos o seguinte resultado dropboxes.jpg: Ligazóns Páxina Web do Center for Languaje Education and Research (CLEAR). Páxina Web do Audio Dropbox.

Bo Nadal Aumentativo

[D-643] Pois aproveitando o recurso para realizar unha lectura visual de frases dos nosos compañeiros, ahí o vai outra felicitacion. Iste recurso posibilita nun paso a creacion dunha imaxe do tipo Gif animado coas palabras que elixades. Que a desfrutedes. Ligazóns Páxina Web de Aumentativa.

Beneficios da Realidade Virtual

[D-615] O instituto Guttman e o centro de Investigación en Ingenieria Biométrica (CREB) da UPC traballan nun programa de telerrehabilitación para o tratamento dos déficit orixinados por dano ccerebral alquirido, a través dun programa de realidade virtual. A investigadora Daniela Tous, do grupo de Investigación de Informática e Enxeñería da Universidade Politécnica de Cataluña e Josep María Tormos, xefe de investigación do Instituto Guttmann, presentaron un programa de telerrealidade de rehabilitación de secuelas cognitivas asociadas a danos cerebrais. o programa, denominado Plataforma para a rehabilitación cognitiva (PREVIRNEC) recrea un contorna en tres dimensións onde o paciente pode navegar para realizar diferentes tarefas cotidianas. “É a primeira vez que se fai un tratamento con estas tecnoloxías e de envergadura”, declara Josep María Tormos. A través do rato do computador, o paciente move unha man na realidade virtual para meter a compra na neveira, pór a mesa, preparar unha ensalada ou fritir un ovo, por exemplo. “Queremos que sexa un xogo estimulante e divertido para poder reforzar as conexións que queremos que se volvan establecer”, di Tormos. Con tarefas como estas, o paciente pode traballar o seu capaccidad de planificación, seccuencciación, categorización ou o uso da memoria. A sinxeleza do programa hac que o poidan utilizar todos os pacientes e ata fose da contorna clínico. “As tarefas poderanas facer desde o instituto, o seu ambulatorio ou a súa casa”, asegura Tormos. O software facilita tamén unha presentación en a web a través da cua pode programar os exercicios de forma personalizada. O tratamento leva un ano en funcionamento O Instituto Guttmann leva un ano utilizando o sistema, tempo durante o cal unas 250 persoas con ictus ou traumatismos cranioencefálicos se beneficiaron do tratamento. O xefe de investigación do Instituto Universitario de Neurorrehabilitación Guttmann aseura que “o mesmo procedemento pero adecuando o seu contido poderíase aplicar para a estimulación cognitiva en process de demencia ou en nenos que sofren trastornos de atención ou problemas de aprendizaxe”. O proxecto conta cun equipo multidisciplinar no que participan o Centro de Investigación Biomética da Politécnica de Cataluña, que se encarga do software de 3D e o equipo do Instituto Gutmann, referente en neurorrehabilitación. Enlaces de interese Enlace á Web do Instituto Guttman www.guttmann.com

A educación inclusiva a debate

Con motivo da celebración do Congreso de Educación FEAPS (1), a organizacion celebrou un café con expertos nesta materia e que son os encargados de deseñar o modelo de educación de FEAPS que se presentará no citado Congreso, o próximo mes de febreiro en Córdoba. Neste café-coloquio (2) tocáronse moitos dos aspectos que debatíamos hai días. Algún dos temas facían referencia as carencias, ausencias, faltas, non existencias… que aparecen se preguntamos educación inclusiva?. Cando se fala de inclusión non se fala dunha metodoloxía nin dun procedemento, fálase dunha cultura, dunha actitude, dunha ética, en relación coa educación en xeral, que todos os nenos teñan a educación que merecen. Neste sentido na inclusión sí se foi avanzando: hai máis crenza, máis ideoloxía positiva, máis paixón por quen a ten, pero é de agradecer non é eSixible. Hoxe en día non hai nada que esixa nas normativas esta formulación. Se a túa filla ten a sorte de estar nun centro que por sorte, polas actitudes e as características do colexio e das persoas, vaille ben pois é unha afortunada, pero se está nunha entidade onde, ese colexio, eses profesores ou a sociedade de ao redor non ten esta cultura, ninguén lle vai a pór sistemas de proceso de mellora para que realmente chegue a inclusión. Os cambios e as transformacións non terían só que ver con cambios de mentalidade, que son básicos, se non que ademais terían que ir acompañados de transformacións de esixencia. Enlaces de interese Enlace ao Congreso FEAPS de Educación www.feaps.org Enlace ao texto íntegro do café coloquio Café Coloquio sobre Inclusion

Moi capaces.

Hoxe con motivo do seu Día Internacional, a Televisión de Galicia trasladouse ás instalacións de ASPRONAGA (1) en Oleiros para coñecer as actividades que realizan no Centro Ocupacional. Persoas, moi capaces. [D-598] Enlaces de interese Ligazón á web de ASPRONAGA: www.aspronaga.org Ligazón ao vídeo de presentación de A Revista: Vídeo de presentación de A Revista Ligazón ao vídeo 2 de A Revista: Vídeo de presentación de A Revista

e-Asturias

[D-591] Os nosos primos veñen de celebrar os seus Premios á Sociedade da Información 2008. Na categoría “Mejor Iniciativa para la reducción de la brecha digital”, os premiados foron os nosos compañeiros e amigos Daniel Muñoz e Rubén Velasco polo proxecto “Comunicador Personal Adaptable”. Dende estas páxinas non queremos deixar de felicitalos e non so pola súa ferramenta, senón tamén pola súa amabilidade e amigabilidade a hora de enviar os cd’s, facilitar a instalación, etc etc. Noraboa. Eiquí tendes unhos amigos para o que precisedes. Enlaces de interese Ligazón á web dos Premios: www.e-asturias.es Ligazón á web do Comunicador Personal Adaptable: www.comunicadorcpa.com