Rato facial, software libre

viacam. [D-682]

A Asociación Provincial de Parálise Cerebral de Tarragona pon ao alcance mundial o proxecto Enable Viacam

O programa Rato Facial de CREA Sistemes Informà tics xa é de código aberto.

Fai xa máis de cinco anos que foi presentado Rato Facial que, baseado na captura e o tratamento da imaxe, mediante unha webcam, permitía controlar o punteiro da pantalla dun computador. Tras varios anos de investigación na Asociación, agora Rato Facial ve a luz en forma de software libre.

O proxecto que presenta a Asociación Provincial de Parálise Cerebral de Tarragona, consiste en pór en Internet ao alcance de todos este software e o código fonte, co dobre obxectivo de que, por unha banda os usuarios poidan gozar gratuitamente desta ferramenta e por outra que os desarrolladores teñan ao alcance o código e poidan facer achegas que melloren o seu funcionamento.

As persoas con discapacidade que por razóns de mobilidade teñen dificultades no control do rato do computador, xa poden descargar esta aplicación.

O programa distribúese baixo licenza GNU/GPL xunto co código fonte completo. Xa existen versións para os sistemas operativos GNU/Linux e Windows desde enfoque multi-plataforma, o que significa que as versións para diferentes sistemas operativos, son idénticas. Ofrécese inicialmente en Catalán, Castelán e Inglés (con posibilidade de traducilo a outros idiomas).

O proxecto Enable Viacam foi realidade grazas ao apoio da Secretaria de Telecomunicacions i Societat da Informació do Departament de Governació i Administracions Públiques da Generalitat de Catalunya.

Ligazóns

  • Páxina de Enable Viacam
Comparte este artigo

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.