Estimulación Basal
[D-631]
Precisaría de moito máis tempo para facervos un bo resumo do que foi iste curso intensivo na ultima semana de Nadal, pero podo comentar un par de apuntes e tedes todo o necesario na rede.
Trátase dun concepto para o tratamento de persoas gravemente discapacitadas creado por A Fröhlich nos anos 70 na Alemania. Defínese “como un xeito de potenciación da comunicación, a iteración e o desenvolvemento orientada en todas as áreas ás necesidades básicas do ser humano”.
As súas orixes, atópanse no proceso de escolarización de nenas e nenos plurideficientes na escola e coas necesidade de novos procedementos e novas ideas. A Estimulación Basal, parte da idea de que dende o nacemento e ata a morte, e a pesares das graves limitacións que poida ter unha persoa, son posibles e teñen senso novos procesos de desenvolvemento.
Pero coidado, porque non é unha terapia, nin un método de tratamento, nin sequera un método de estimulación multisensorial; senón que vai mas aló: non hai nada que curar (fanse ofertas sen pedir nada a cambio), créase un diálogo baseado na proximidade corporal, a escoita e por tanto o intercambio co outro. Un concepto 24 horas, vamos.
A verdade é que a sede formativa fainos que nos cursos e congresos aos que acudimos, o aproveitamento quede nada mais que nunha pequena porcentaxe; nada mais lonxe niste caso para a miña -grata- sorpresa. Sempre se ten unha vaga idea do que é a estimulación (nivel somático, vestibular…), pero que convén actualizar, poñerlle nome e apelidos ao asunto e repararmos no que estamos a facer.
Xa está pedida a segunda parte do curso 😉
Para saber mais
- Páxina de Estimulacion Basal.
- Documento pdf Estimulacion Basal en Educacion.
- Documento pdf Herramientas corporales para el acompañamiento e intervención con personas con discapacidad.