Cognitiva

Pois como o prometido é debeda, ahí o vai un pequeno resumo do que Manuela de Fonos Salud veu a TADEGA a amosarnos da ferramenta “Cognitiva”; que aborda o proceso lectoescritor e trata a estimulación e a rehabilitación cognitiva desde a perspectiva neuropsicolóxica, tendo en conta os diversos sistemas funcionais que interveñen en ela. [kml_flashembed movie=”https://tadega.net/wp-content/uploads/2008/11/cognitiva_lectoecritura.swf” width=”400″ height=”300″ wmode=”transparent” /] [D-588] Enlaces de interese Ligazón á web de cognitiva: www.cognitiva.es Ligazón á presentacion I de cognitiva: Presentación I Ligazón á presentacion I de cognitiva: Presentación II

Dicionario visual interactivo.

[D-581] O Portal de Contidos da Conselleria de Educación (1), dentro dos novos recursos educativos engadidos, ven de anunciar unha ferramenta para a iniciación no uso da lingua galega do alumnado procedente do estranxeiro. Con ela, podemos explorar distintos escenarios do contorno e localizar os termos mais comúns… autobús, rúa, sinal, etc. Sen dúbida un moi bo recurso que poderedes aproveitar non so para o alumnado estranxeiro. Enlaces de interese (1) Ligazón ao Dicionario Visual Interactivo: www.edu.xunta.es/contidos

Pregúntame sobre accesibilidade e axudas técnicas.

[D-573] Esta Guía pretende dar resposta á demanda de información técnica e de orientación sobre como facer accesibles determinadas situacións, espazos, servizos e actividades dentro do campo da discapacidade e as persoas maiores; a Guía contou co apoio do IMSERSO , da Obra Social Caixa Madrid e de Telefónica, contando para a súa elaboración cos profesionais de “Alianzas para el Desarrollo Económico y Social” (ALIDES), do Centro Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas (CEAPAT-IMSERSO) e do Instituto de Biomecánica de Valencia. Enlaces de interese Ligazón á referencia do libro: www.seg-social.es Ligazón á páxina web do IMSERSO: www.seg-social.es/imserso

Sclera pictos

[D-565] Pois mira ti que casualidade que buscando, buscando… hai coma dous meses que os amigos de (1) Sclera, actualizaron o seu banco de imaxes engadindo o castelán e chegando agora ata os 1126 elementos. Xa os temos no (2) Banco Multimedia de TADEGa. Grazas Referencias que se citan (1) Páxina web de Sclera Picto’s: www.sclera.be (2) Banco multimedia de TADEGA: www.tadega.net/Fotos

Congreso Inico

[D-561] Un ano mais recibimos a interesante información (1) do Congreso do INICO, que iste ano leva por título “Mellorando resultados persoais para unha vida de calidade”. Será o vindeiro 18 de marzo en Salamanca e como poderedes ver (2) haberá conferencias, mesas de Ponencias, comunicacións, obradoiros e reunións de profesores de universidade do ámbito de la diversidade. Enlaces que se mencionan (1) http://inico.usal.es/jornadas2009 (2)Documento coa lista de ponentes confirmados

Unha loita… na guerra.

[D-558] Se vos fixades na nosa canle de Televisión (1), veredes que xa se poden pedir vídeos a demanda en lugar de mirar a programación completa. Dentro deses vídeos podedes ver un exemplo do que hoxe reivindicamos como un dereito: a asistencia persoal. A un rapaz que se lle anula o seu dereito á asistencia personal, o están a facer coa ferramenta que lle permitiría aceder ás mesmas oportunidades que os outros rapaces. Menoscaban a súa dignidade mentras baixan a mirada. As familias teñen que interpoñer recurso de alzada, o Defensor do Pobo, apelar á competencia de Nacións Unidas (con jurisdición na materia porque España adheriuse ao Protocolo)… e que un rapaz non precisa unha compensación económica de 800 ou 1000 euros. Dentro da canle de TADEGA, hai un paquete completo formado por 4 videos da ULOBA (2)… que é un proxecto de asistencia desexado, que non fala de utopías e que agardamos que algún día… algún día… sexa posible aquí. Agardo que o vídeo de Brita (11 anos) axude a comprender a loita de moitas persoas que seguro temos ao carón. As loitas de cadaún de nós, é a guerra de TADEGA. Enlaces que se mencionan (1) http://www.tadega.net/tv.php (2)Paxina web de www.uloba.no (en inglés)

I Congreso Internacional Autismo

[D-543] Os próximos días 17 e 18 de outubro de 2008 celébrase en Murcia (España), o I Congreso Internacional de Autismo, co obxectivo de constituírse en foro de encontro e discusión a profesionais, sanitarios, educativos e dos servizos sociais, e familias, que permita difundir e compartir os seus coñecementos, experiencias e investigacións sobre o alumnado con Trastornos do Espectro Autista. Neste marco, o noso compañeiro e profesor Manuel Gómez Villa, director do Centro de Educación Especial O Bo Pastor de Cieza, presidente de Divertic e coordinador do proxecto Aumentativa.net, impartirá un relatorio sobre Sistemas de Comunicación Aumentativa en nenos con autismo na que mostrará as posibilidades do sistema CAR como recurso e apoio á comunicación. Enlaces que se citan Web de Aumentativa www.congresoautismo.es

Obradoiro EDI no V Tecnoneet: EDIGa

No pasado V Congreso Tecnoneet, a nosa plataforma irmá EDIGA levou un obradoiro do “Emprego do Encerado Dixital Interactivo: a experiencia EDIGa”, a ausencia no último momento do compañeiro Abraham fixo que dúas fermosas tadeguianas deixaran o listón nunhos parámetros tan altos que tardaremos en ver… e todo isto no evento referente a nivel nacional no canto das TIC e á Diversidade se refire cunha inscricion de caseque 1000 asistentes. TADEGa seguirá apoiando ao noso irmá no que precise, parabéns a EDIGA, grazas TECNONEET. [D-542] Enlaces relacionados (1) Obradoiro “A Experiencia EDIGA” (2) V Congreso TECNONEET (3) Encerado Dixital Interactivo Galicia

Aumentativa.net

[D-536-1] Un regaliño para os nosos “marcianos” que tanto se acordaron de nós, de feito na clase estamos encantados co emprego da ferramenta que poñen á nosa disposición para traballar a comunicación. Temos que mellorar a realización dos vídeos, pero mirade de que xeito tan sinxelo podemos traballar frases e facer actividades Flash para traballar no ordenador. Moitas grazas compañeiros, unha grande aperta. [D-536-2] Enlaces que se citan Web de Aumentativa

NAVEGADOR ZAC E SMARTBOARD

Xa sabedes que hai unha equipa de TADEGA da que tiran Mamiago e Uxía e que, con tanto traballiño, están a traducir ao galego e facendo acopio de canto recurso hai na nosa lingua, para sacar canto antes a version galego do Navegador Zac (Antes do que pensades, por certo). Para os que non o coñezades, o ZAC é o primeiro navegador desenvolvido específicamente para persoas con autismo e espectro autista. Iste navegador creouse para os nenos, para o seu divertimento, enriquecemento e liberdade. Os nenos o proba, empregan, xogan e interactúan con él, e experimentan a súa autonomía perante ZAC. Aínda nos queda moito que practicar, pero os alumnos -mesmo os que teñen maiores necesidades de apoio- poden ter un momento na escola no que elixir eles mesmos que vídeo, xogo, música ou historias queren mirar; o complemento perfecto para interactuar directamente co dedo no EDI. E é aqui onde quero resaltar o valor educativo do ZAC tamén na escola, porque convírtese nunha motivación moi importante para todos os alumnos mesmo sen autismo. [D-532]