Discapnet

[D-523] Na páxina de Discapnet están á vosa disposicion unhas fichas didácticas para traballar diversos aspectos como a autoestima, a asertividade, a memoria, a comunicación… Están orientadas para adolescentes, pero poder ser de utilidade. As fichas poden consultarse directamente na web ou descargarlas en formato word ou pdf Enlaces relacionados: (1) Enlace á páxina web do material didáctico de discapnet : http://junior.discapnet.es/Joven/FichasDidacticas/default.htm

Las TIC para la igualdad

[D-517] O vindeiro venres día 5 de setembro, no marco XI Congreso Edutec, vaise presentar, en Santiago de Compostela, o libro Las TIC para la igualdad, unha obra deseñada para darlle a entender ao lector a utilidade das novas tecnoloxías na atención á diversidade. Julio Cabero, Margarita Córdoba e José María Fernández son os coordinadores deste título integrado na Colección Educación e Psicoloxía, da Editorial MAD Eduforma, no que se ofrece unha análise das tecnoloxías da información e a comunicación dispoñibles no contexto educativo para persoas con determinados tipos de discapacidade. A obra, de grande utilidade para mestres e expertos en Educación Especial, será presentada no Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) ás 9.45 horas. A Editorial MAD Eduforma, conta cunha experiencia de máis de 25 anos na publicación de libros cunha orientación práctica e a este título súmanse outras obras como Ensino con TIC no século XXI ou A escola 2.0, entre outras.

Dislexia, novos retos na intervención

[D-501] Se en Abril dabamos conta do Congreso Nacional de Dislexia (1) a celebrares en Palma de Mallorca entre o 7 e o 9 novembro, eiquí na nosa terriña, ten moi moi boa pinta o Curso de Verán da USC “Dislexia: Novos retos na súa intervención interdisciplinar”. Desenvolverase en Vilagarcía do 15 ao 19 de setembro coas ultimas innovacións en materia de intervención sobre a dislexia. Darémosvos conta do acontecido no curso e un resumo para os compañeiros que van ao TECNONEET. Setembro formativo!! Enlaces de interese Ligazón ao artigo do Congreso Nacional de Dislexia: TADEGa Ligazón á web do Curso de Verán sobre Dislexia: Curso de Verán en Vilagarcía-Programa Ligazón á información do Curso na USC: Información do Curso de Verán na USC

Rachar fendas

Uns premios atractivos [D-499] Se hai unhos días dabamos conta do relatorio de Toshiba na Educación Especial (1), agora Toshiba e B&J Adaptaciones queren premiar e fomentar a mellora da calidade de vida das personas con discapacidade, mediante o uso da tecnoloxía. Ambas empresas, que colaboran en diversas iniciativas con este fin, convocan os Premios Romper Barreras co desexo de potenciar a realización e a comunicación de proxectos creativos e valentes que, empregando a tecnoloxía, permitan mellorar a calidade de vida das personas con discapacidade. Istes premios nacen coa idea de recoñecer o labor de persoas, organizacións e institucións, que fomentan o uso das tecnoloxías para mellorar a calidade de vida de diferentes colectivos de persoas con discapacidade. Dende estas liñas, TADEGA vos anima a todos a informarvos sobre como participar. Ligazóns de interese (diversos idiomas): (1) Enlace a un artigo anterior da nosa bitácora no que se facía referencia a estes premios: …/congreso-internet-en-el-aula-toshiba-y-educacion-especial Enlace á web dos Premios Romper Barreras 2008: www.PremiosRomperBarreras.es Enlace ao fabricante Toshiba: es.computers.toshiba-europe.com Enlace á páxina de internet de B&J Adaptaciones: www.bj-adaptaciones.com

Congreso Internet en el Aula – Toshiba y Educación Especial

Luis Polo, hizo una buenísima presentación de las acciones llevadas a cabo dentro del compromiso de TOSHIBA en el marco de las necesidades educativas especiales y el uso de soluciones para emplear dentro del aula. Los vídeos son el mejor ejemplo de todo esto. Estuvimos probando el Tablet PC Easy Guard (ojo, se le puede echar por encima un vaso de agua!!) y es espectacular. Otra acción en la que seguro que tendrán noticias nuestras son los Premios Romper Barreras 2008. ¿Sabrán del Congreso de TADEGa? 😉 [D-485-1] [D-485-2]

Navegador Zac

[D-464] Xa coñecemos que as barreiras que diariamente teñen que esquivar moitas persoas que sofren algunha discapacidade, tamén están presentes nas TIC. Un exemplo son as persoas con autismo, que se ven desbordados pola cantidade de información, elementos e cores presentes nos navegadores de Internet. Por iso, un informático creou, con asesoramento de profesionais do tratamento do autismo, un navegador web específico para estas persoas, que puxo a disposición de todo o mundo de forma gratuíta na Rede. Un avó coraxe das Veigas, informático e cun neto autista, deuse conta de que Internet podería ser unha boa ferramenta para a rehabilitación do seu neto de seis anos. Sen embargo, o único que conseguiu foi o desánimo tras constatar que para o pequeno Zac a gran cantidade de cores, os banners e os contidos estridentes da Rede non o axudaban en nada. Cas súas dotes de programador, John LeSieur deseñou un navegador web específico para nenos autistas, que simplifica a busca de contidos. John LeSieur, programador informático afincado nas Vegas, deuse conta de que el mesmo podería facilitar a vida ao seu neto se creaba un navegador máis sinxelo. Aproveitando a súa pequena empresa de software chamada People CD Inc., deuse á tarefa de proxectar o navegador. LeSieur só buscaba axudar ao seu neto Zackary Villeneuve, que vive en Saint Remi, Quebec (Canadá), pero unha vez que publicou en Internet o seu proxecto, moitos pais quixeron probar o ”Navegador Zac para nenos autistas”.

Resaca do I Congreso TADEGa

[D-460] Os días 23 e 24 de maio de 2008, celebrouse nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, con grande éxito de público e emocións, o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008. Dous días intensos nos que usuarias e usuarios en enquisas anónimas (55) nos deixaron unha valoración media de 8,45 puntos na típica escala de 0 a 10. A todas e todos moitas grazas. Faremos canto sexa posible por merecer tan boa nota. Igualmente adiantarvos que ao longo dos vindeiros días poñeremos á vosa disposición: As propias conclusións en detalle do congreso en diversos formatos: En formato PDF para que poidan ser descargadas e impresas. Terá unha extensión reducida xa que incluirá só os datos máis imprescindibles. Para quen estea interesado/a en ter unha copia impresa de calidade destas conclusións que editaremos en formato revista, as poñeremos tamén á vosa disposición para ser mercadas a través dunha editorial que xa logo vos indicaremos a un prezo axustado (o mínimo para amortizar os gastos da propia edición). En formato ISO, xa cunha versión máis completa e detallada para que poidades gravar esas mesmas conclusións nese disco compacto (CD ou DVD) contendo unha pequena web con toda a información ao completo así como unha reportaxe gráfica con fotos e vídeos do que foi o congreso. Dado que aínda estamos en proceso de elaboración tedes tempo de subministrarnos máis datos para as mesmas, as vosas conclusións particulares, opinións, etc. Xa sexa xuntando comentarios a este artigo da bitácora, xa sexa enviándonos un correo electrónico. De todos modos o proceso calculamos debe quedar concluído nesta primeira quincena de xuño. De entrada, os datos básicos para poder ir consultándoos os tedes nas nosas páxinas de internet: En galego: 1º Congreso TADEGa 2008 En español: 1º Congreso TADEGa 2008

Contraste de Color

Aviso: artículo en castellano [D-456] Con motivo de la preparación del 7º Taller de este congreso: Taller de accesibilidad web o la responsabilidad de la inclusión de las personas con discapacidad en nuestros contenidos digitales (*), que TADEGa llevará a cabo en el Aula Virtual del Congreso Internet en el aula, estamos preparando una serie de materiales: validadores web, de estilos CSS, etc. y apareció al fin -como no- también el evaluador de brillo y contraste de colores: Colour Contrast Analyser (**). De esta manera, tenemos una buena recopilación de herramientas con la que podremos comprobar la accesibilidad de nuestra web y/o verificar los aspectos que tendremos que corregir: TAW. Test de Accesibilidad Web HERA 2.0. Test de Accesibilidad Web eXaminator. Test de Accesibilidad Web Colour Contrast Analyser Validator. Test de idoneidad de lenguaje HTML. Jigsaw. Test de idonedidad de las hojas de estilo de páginas web. La pauta 2.2 de las Pautas de Accesibilidad al Contenido Web 1.0 especifica que las combinaciones de los colores de fondo y primer plano han de tener suficiente contraste para ser percibidas por personas con deficiencias de percepción de color o sobre pantallas en blanco y negro. Dos colores ofrecerán una buena visibilidad si la diferencia en brillo y de color entre ambos es mayor que cierto umbral establecido. Sugieren un algoritmo de contraste de color, que es el usado en este test. El algoritmo se encuentra en desarrollo, y podría sufrir algún cambio. Cualquier cambio que hicieran sobre su algoritmo será actualizado en esta página. Esta página tiene como objetivo permitirte comprobar el contraste entre dos colores usando el algoritmo de contraste de color del W3C directamente sobre los colores que especifiques. Para especificar una hoja de estilo externa, o pegar CSS en la caja de texto, usa la Página de Contraste CSS. Referencias que se citan (*) Enlace a la página del taller Taller de accesibilidad web o la responsabilidad de la inclusión de las personas con discapacidad en nuestros contenidos digitales. (**) Enlace a la descarga de del programa Colour Contrast Analyser.