O Proceso de Bolonia

A Universidade do Proceso de Bolonia supón un cambio sorprendente, e moi desexado, nos plans de estudos post obrigatorios que se viñan desenvolvendo ata agora en España. Entre outras, porque abre o maxín dos estudantes á posibilidade de poder estudar a súa carreira en varios países europeos, aprendendo diferentes idiomas e relacionándoche con persoas de distintas culturas. Porque, ademais, lle releva do seu estatus de prioridade aos tan odiados exames nos que moitas veces témonos xogado todo a dobre ou nada, e lle concede o valor necesario a ao traballo que o alumnado desenvolva durante todo o curso. Porque tamén permite que os estudantes poidan escoller entre unha gran variedade de títulos que respondan ás súas aspiracións persoais e profesionais, en vez de facelo entre un catálogo fechado de titulacións máis ou menos xenéricas. E definitivamente, porque lles abre ás portas aos alumnos e alumnas ao mercado laboral, en primeiro lugar, dende a propia Universidade, facendo prácticas das súas respectivas especialidades

Día concienciación sobre autismo.

2 abril Día Mundial para la concienciación sobre el Autismo (Aviso: Artigo en Castelán) [D-709] A menos de un mes para este día tan señalado entre los que nos movemos en este mundo, me gustaría dejar una pequeña muestra de la concienciación en una familia. Una niña habla sobre su hermanito con autismo. Es un cortometraje: Mi hermanito de la luna. Lo podéis ver en la página de la fundación Orange(1), está en Francés y subtitulado al Español. Ha ganado El Gran Premio y el Premio del Público del Festival Handica-Apicil 2007. Tenéis toda la información sobre el tema en el enlace: (1)Enlace al vídeo en la págína de la Fundación Orange

XII Xornadas AGPETAL III Xornadas TADEGa

Unha vez pasadas as Xornadas, e os retallos organizativos que aínda quedan, iremos dixerindo todo o material, fotos, vídeos, contidos… que produciron as Xornadas. Hoxe o vídeo do Proxecto Foro TecnoNEEt (1), logros e perspectivas de futuro; e tamén o PowerPoint lo Lobo Feroz (2) que Borja de BJ-Adaptaciones (3) dixo que nos deixaba. Grazas a todas e a todos. [D-702] Ligazons (1)Ligazón á web do Foro TecnoNEEt (2)Ligazón ao PowerPoint “La Historia do Gran Lobo Feroz” (3)Ligazón á web de BJ Adaptaciones (4)Ligazón ao álbum de fotos de Picasa das Xornadas

O profesorado ten que cambiar o chip

“Que aterrice un ordenador na escola non quere dicir que todo o mundo o vaia a empregar inmediatamente. Hai un tempo de adaptación” [D-700] Un dos seus alumnos preguntoulle se facía maxia, porque a pizarra na que escribía podía converterse nun camiño que abre paso cara ao universo. O profesor Juan Fernández é o presidente da asociación Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa), unha entidade que celebra ata hoxe na cidade as xornadas Inclusión dixital nas aulas: audición, linguaxe e comunicación, xunto á Universidade. -Que temas tratan nas xornadas? -Están dirixidas a profesores que traballan con nenos que teñen problemas de xordeira ou de audición. TADEGa ocúpase do uso das novas tecnoloxías no aula cando se fala de discapacidade; non só da xordeira. Os relatorios versan sobre o implante coclear, sobre sistemas alternativos de comunicación que, con pictogramas, permítennos relacionarnos e comunicarnos con persoas con discapacidade e é que, algunhas veces, a comunicación coa palabra resulta imposible, ben por problemas físicos ou por unha discapacidade intelectual moi forte; entón hai que buscar sistemas alternativos. Hai uns programas informáticos que permiten que eses debuxos con mensaxes, que son os pictogramas, póidanse utilizar no aula e nas casas. O obxectivo é vertebrar as novas tecnoloxías no aula. -Que importancia teñen as novas tecnoloxías no ensino de alumnos con discapacidades? -Son fundamentais. Dannos acceso a ofrecer unha serie de servizos que antes eran impensables. A educación coas novas tecnoloxías avanza pero, en temas de discapacidade, aínda imos a remolque. -Como reciben os nenos a introdución destas técnicas de aprendizaxe? -A cara xeral é a do asombro total. Veño de dar clase en Pote do Porto, un pobo pequeno, próximo a Camariñas e, un dos nenos díxome: “Profe, fai maxia”, cando viu a pizarra interactiva. Iso resúmeo todo. Están plenamente asombrados. En lugar de ter que ir a un locutorio a ver algo en internet, xa llo levamos nós. Sen moverse do pupitre, poden ver unha fotografía da súa casa desde o aire, o sistema solar e calquera cousa que poidas imaxinarche. -Chegan os recursos das novas tecnoloxías a todos os lugares? -En pizarra dixital estamos bastante avanzados. Estanse introducindo as novas tecnoloxías desde fai un tempo aínda que, ás veces, levamos un ritmo demasiado lento; está cambiando, pero é un sarampión xenérico, xa que o feito de que aterre un computador na escola non quere dicir que todo o mundo vaia utilizalo inmediatamente. Hai períodos de formación e de adaptación, porque o profesor ten que cambiar de chip e aprender a preparar as clases utilizando a tecnoloxía e esquecerse do xeito en

Ler máis

Autoformación TADEGA

[D-696] I Cea-Coloquio en torno ao Encerado Dixital Interactivo (CEDI) Dentro do remuíño de ideas que os compañeiros e compañeiras de TADEGa tivemos no fin de curso en Taramundi, expúxose a idea de realizar unha serie de encontros, con mesa e mantel, ao redor dun centro de interese, coa participación dun experto no tema a difundir, dentro das tecnoloxías de atención á diversidade. Seguido coloquio participativo sen mais protocolo que a achega de todos. Di o dito popular que dun casamento sae outro casamento , ao que agora teriamos que engadir , que cada reunión de TADEGa, abre o camiño a un novo proxecto ,e así foi …., da Nosa Asemblea no MUPEGA saíu a semente da primeira Cea “CEDI” a celebrar na Escola de Campos, baixo a incomparable batuta da Mestra Belén Junquera. Foi o 30 de Xaneiro, cando a Escola de Campos, a miña escola, foi visitada por 20 Taguedianos e Tadeguianas. Nunca ata agora unha escola rural fóra escenario dunha Docencia para docentes, onde só a Mestría do Relator cegou a un grupo mixto de expertos, mesturados con mestres peóns, no seu bautizo fronte a un EDI. Todo o meu nerviosismo organizativo esfumouse, cando Belén abriu a caixa das esencias para con naturalidade e dinamismo marabillarnos coa súa sinxeleza, coa cordura dun relato ben trenzado cheo de matices didácticos. que deixaban no aire mil propostas de mil actividades diferentes. Din que o bo Mestre non é aquel que sabe moito , senón o que é capaz de transmitir coñecementos , de buscar aprendizaxes significativos e facer que o todo sexa mais que a suma das partes. Así percorremos Galerías de Imaxes, actividades de deseño, onde a creatividade da mestra abre portas á imaxinación do/a alumno/a, ferramentas para ensinar a facer, ensinar a ser e ensinar a estar, funcións principais, novidades do SMART Notebook 10, Activity Toolkit… e un moi longo etcétera. Tres horas que foron minutos nun clima permanente de maxia e complicidade. O recreo coloquio, con denominación de orixe TADEGa , puxo o broche de ouro a unha xornada de venres, nunha pequena escola que abriu as súas portas ata a madrugada. Ao abrir de nova a escola o Luns resoaban nas súas paredes as palabras máxicas de Belén Junquera, que sensación…unhas palabras resoaron nos meus oídos “ Rapaces, isto é como as Natillas… cando queirades repetimos…” Grazas, grazas TADEGa. Ligazons Documento pdf co resumo do Activity Toolkit.

Xornada Autismo Galicia

Universidade de Filosofía, Santiago de Compostela, 4:30 da tarde do sábado 13 de Decembro de 2008, día de Santa Lucía. No salón de actos da Facultade tres taguedian@s ante un auditorio convoGcado por Autismo alicia, apáganse as luces e xorden as palabras, seguras e claras, de Juan para cortar o aire con simplicidade poñendo sobre a mesa accesibilidade, usabilidade, colaboración, inclusión… desde a perspectiva de TADEGa como sitio para todas e para todos ónde compartir recursos e ferramentas… onde a única diferenza que nos separa é o nome de acceso e o contrasinal..[D-650-1] Logo Susana, tirando de recursos ante a lei de Murphy, deunos un paseo penso que maxistral, sobre a implicación dunha profesional do ensino , mestra de infantil, no traballo del día a día na aula onde conviven, e aprenden a aprender 11 nenos e nenas diversos/as e diferentes, onde interactúan entre eles para ser e estar compartindo saberes … onde a introdución das TIC na aula, como recurso, amósanos o profundo potencial que teñen na motivación do alumnado na tarefa … Susana deixounos na retina unha pequena mostra dun gran traballo…[D-650-2] Inés, amosounos o outro lado da comunidade de aprendizaxe, meteunos a plan na súa casa, para compartir con nós a dedicación, a implicación e a constancia dunha nai na educación dos seus fillos, cunha traxectoria de traballo por compartir e facer participe ao auditorio a realidade, a visión do mundo aos ollos de Iago, do seu blog, das posibilidades que estes ofrecen, a importancia de non quedar sos na loita, senón de abrir o seu mundo aos demais e facelos participes duna realidade, de loitar pola supresión de barreiras legais en torno ao dereito de uso dos pictogramas, da importancia de poñer a disposición dos nosos fillos e alumnado todas as ferramentas dispoñibles sen deterse polos costos ou, o que é máis triste polas barreiras da burocracia e o copyright… graciñas Inés por compartilo con nós. [D-650-3] Ao final, un amigo, un vello amigo, preguntoume… e ti, que fas aquí? Eu simplemente contestei con orgullo… Eu tamén son de TADEGa. Graciñas aos tres, por ser e estar. Manuel Ligazóns Páxina de Autismo Galicia Páxina de Documentación das Xornadas Autismo Galicia

Non hai billetes!

¡NON HAI BILLETES! ¡Matrícula pechada por fin de prazas no aforo! Pois iso. Que non hai billetes, que non quedan prazas no aforo do salón de actos e que tivemos que pechar a matrícula nas xornadas porque se esgotaron todas as dispoñíbeis cunha anticipación coa que non contabamos. Por unha banda sentimos moito ter que pechar as matrículas para os que, a última hora, estiveran máis interesados en matricularse; aínda que pola outra, estamos sorpendidos de obter un éxito semellante. Grazas a todas e todos polo voso interese, faremos canto esté na nosa man para estar a altura das espectativas e máis aínda. XII Xornadas AGPETAL e III Xornadas TADEGa 2009 [D-667] Os días 13 e 14 de febreiro de 2009, terá lugar na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (campus de Elviña) as XII Xornadas AGPETAL e as III Xornadas TADEGa 2009, organizadas por ambas asociacións e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña. Dende esta asociación temos posto moito interese e ilusión pola posta en marcha destas xornadas con contidos de calidade e coa intención de que teñan ademais, un forte carácter práctico para todo o profesorado inmerso na problemática dos problemas da comunicación dentro do mundo da diversidade funcional

Rato facial, software libre

[D-682] A Asociación Provincial de Parálise Cerebral de Tarragona pon ao alcance mundial o proxecto Enable Viacam O programa Rato Facial de CREA Sistemes Informà tics xa é de código aberto. Fai xa máis de cinco anos que foi presentado Rato Facial que, baseado na captura e o tratamento da imaxe, mediante unha webcam, permitía controlar o punteiro da pantalla dun computador. Tras varios anos de investigación na Asociación, agora Rato Facial ve a luz en forma de software libre. O proxecto que presenta a Asociación Provincial de Parálise Cerebral de Tarragona, consiste en pór en Internet ao alcance de todos este software e o código fonte, co dobre obxectivo de que, por unha banda os usuarios poidan gozar gratuitamente desta ferramenta e por outra que os desarrolladores teñan ao alcance o código e poidan facer achegas que melloren o seu funcionamento. As persoas con discapacidade que por razóns de mobilidade teñen dificultades no control do rato do computador, xa poden descargar esta aplicación. O programa distribúese baixo licenza GNU/GPL xunto co código fonte completo. Xa existen versións para os sistemas operativos GNU/Linux e Windows desde enfoque multi-plataforma, o que significa que as versións para diferentes sistemas operativos, son idénticas. Ofrécese inicialmente en Catalán, Castelán e Inglés (con posibilidade de traducilo a outros idiomas). O proxecto Enable Viacam foi realidade grazas ao apoio da Secretaria de Telecomunicacions i Societat da Informació do Departament de Governació i Administracions Públiques da Generalitat de Catalunya. Ligazóns Páxina de Enable Viacam

BETT 2009 Special Needs

A verdade é que o que alí hai, da para moito moito paseo… nos vindeiros días darémosvos conta de cousiñas interesantes que por alí vimos, todo moi moi interesante e a compañía… o mellor. Ahí o vai so unha pequena mostra que precisa que prendades os altavoces: London, London… [D-681] Ligazóns Páxina de BETT 2009 Páxina de Inclusive Technology

Sarakanda

[D-678-1] A dislexia é unha dificultade que non sempre sabemos como atallala nos educandos, e como sempre todo recurso e benvido neste eido. Tras o nome de Sarakanda temos unha tipografía -ou tipo de letra- que parece que vai a facilitar o aprendizaxe dentro do mundo da dislexia. O seu plantexamento ven dado por diferentes características: Suave inclinación marcando o sentido da lectura. Facer máis significativos os rasgos propios e característicos de cada unha das letras. Por exemplo, ollade as confusións típicas das letras: [D-678-2] Como di o propio autor, a súa aplicación e desenvolvemento están a nacer. Invítovos a visitalo, ler a súa presentación, e na medida do posible aplicar a tipografía. Ligazóns Páxina de Alejandro Valdez sobre tipografías, deseño…