Non hai billetes!

¡NON HAI BILLETES! ¡Matrícula pechada por fin de prazas no aforo!

Pois iso. Que non hai billetes, que non quedan prazas no aforo do salón de actos e que tivemos que pechar a matrícula nas xornadas porque se esgotaron todas as dispoñíbeis cunha anticipación coa que non contabamos. Por unha banda sentimos moito ter que pechar as matrículas para os que, a última hora, estiveran máis interesados en matricularse; aínda que pola outra, estamos sorpendidos de obter un éxito semellante. Grazas a todas e todos polo voso interese, faremos canto esté na nosa man para estar a altura das espectativas e máis aínda.

XII Xornadas AGPETAL e III Xornadas TADEGa 2009

agpetal. [D-667]

Os días 13 e 14 de febreiro de 2009, terá lugar na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (campus de Elviña) as XII Xornadas AGPETAL e as III Xornadas TADEGa 2009, organizadas por ambas asociacións e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña.

Dende esta asociación temos posto moito interese e ilusión pola posta en marcha destas xornadas con contidos de calidade e coa intención de que teñan ademais, un forte carácter práctico para todo o profesorado inmerso na problemática dos problemas da comunicación dentro do mundo da diversidade funcional

Compartir esta publicacion

Deje un Comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

You may use these HTML etiquetas y atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.