Xornada implantes cocleares

Pois os vindeiros 7, 8 e 9 de xullo terá lugar ista Xornada co obxectivo de propiciar un espacio para o intercambio e a actualización de coñecementos e investigacions no ámbito dos implantes cocleares, provocando a reflexión e o debate aberto entre todos os profesionais implicados no ensino de alumnos xordos con implante coclear. PREINSCRICIÓN E MATRÍCULA: www.usal.es/precurext (Cursos de Verano) Documento pdf do programa

Préstamo tecnolóxico TADEGA

Comezamos un novo servizo de “préstamo tecnolóxico” na Educación Galega, os primeiros en beneficiarse del foron os compañeiros do CEIP Santo Paio de Abaixo. Eiquí a crónica que nos deixaron: “Tivemos durante uns días unha nova ferramenta de traballo, un ordenador con pantalla táctil, grazas a isto , tod@s podemos manexar o ordenador sen problema e sen lios co rato. Como ferramenta que é, serviunos para traballar moitas cousas, a pesar do pouco tempo que tivémolo ( xa nos gustaría ter un propio) intentamos probar todas as potencialidades que ten e o que nos pode achegar. O resultado foi moi bo, a un fácil manexo, se únelle a posibilidade de utilizalo en parellas sen ter que pasarse o rato ( co enredo que iso supón), a motivación para esta nova ferramenta é moi grande, ademais, cun mínimo de adestramento ata os máis pícaros do cole úsano sen problema. Lucas e Conchi (Vincis) resolveron unhas actividades de LIM sen problema.” Eres socia ou socio de TADEGA? Queres acceder ao servizo de préstamo tecnolóxico? Envía o documento de colaboracion ao enderezo colaboracions (arroba) tadega.net e atenderemos o teu caso canto antes.

Para cando o AP (Asistente Persoal) en Galicia?

O comezo Dentro da nosa asociación temos, entre outros luxos asiáticos, tres guerreiras incombustibles que algún día deberían ter monumento: coñecidas entre nós como Cuca, Luluxa e Mamiago; tres mamás galegas cos arcos dos violíns das súas vidas tensos ata dar música exquisita por mor da fusión cos seus fillos con diversidade funcional. Traída da súa man achégannos a historia de Daniel, un neno malagueño con diversidade funcional menor de 16 anos ao que o seu goberno autonómico concedeu ao fin un Asistente Persoal unha figura longamente agardada no estado español e pola que moitísima xente con diversidade funcional e os seus achegados andan agardando fai anos. Pero deixemos que elas nos conten a historia, as súas voltas e implicacións. Mamiago Mamiago (1) foi a que nos trouxo a noticia inicial, unha noticia fantástica. Daniel, de oito anos, é o primeiro dependente de España ao que lle conceden un asistente persoal. A axuda espertou o interese de colectivos europeos. Recoméndovos que leades o artigo completo (2). Ademais Daniel é un menor de 16 anos, para o que a figura de asistente persoal non se contempla, así que a súa consecución foi toda unha loita da súa familia. A súa nai Mariola conta no seu blog (3) todo o que levan loitado para conseguilo. Para os que temos menores con diversidade funcional abre as portas a expornos outra opción, distinta ao coidador que todos barallamos. Xa pasou algo máis dun ano disto e aínda é noticia, por iso a importancia do vídeo que publicou onte a súa nai no seu blog. Toda unha experiencia. Cuca Sen embargo, Cuca (4) nos advertía que non debéramos perder o norte. En Málaga teñen arrancado ao fin pero aquí en Galicia as cousas son ben diferentes. A verdade é que isto sería fantástico pero Galicia aínda está moi lonxe disto. Por certo a intervención de Mariola nas Xornadas de Dereitos Humanos foi fantástica e ademais aínda nos fixo rir un rato a todos cando nos explicou como foi a valoración da Dependencia do seu fillo… Ela limitábase a responder a todo pregúntalle ao neno pois un neno desta idade sabe contestar a iso que me preguntas a min… Foi xenial valeu a pena escoitala. Luluxa Luluxa confírmanos que efectivamente… moitas cores de partidos políticos pasaron por aquí, pero estar estamos reiniciándonos constantemente: Ben, creo que debedes coñecer cal é situación exacta na nosa terra: FEITOS: O 09 de xaneiro de 2009, (…) é valorado como Grao III Nivel II. No seu informe solicítase Libranza de Asistencia Persoal. O 10 de Xullo de 2008 emítese proposta de PIA

Ler máis

Xornada dereitos humanos

Ola compañeiros, o vindeiro mércores celébrase en Vigo unha xornada sobre Dereitos Humanos, estades todos e todas convidados. Adxúntovos o cartel e o programa. A tadeguiana Cuca ten unha breve intervención… agardamos que non se poña moi nerviosa 😉 Tamén vos pedimos que lle désedes a isto a maior difusión posible pois esta xentiña está a traballar moito pola mellora da calidade de vida das persoas con Diversidade Funcional. Documento co Programa das Xornadas

Estimulación da linguaxe

APAE, gabinete especializado en atención psicopedagóxica e intervención logopédica, oferta para este verán varios talleres de estimulación da linguaxe. Uns talleres son dirixidos aos rapaces nados entre o 2001 e o 2006, e outra modalidade ofértase ós pais e nais que estean interesados en aprender a estimular do mellor xeito posible a linguaxe dos seus fillos/as dende o seu nacemento, entendendo o entorno familiar coma o ámbito natural do desenvolvemento da comunicación. Os talleres dirixidos aos rapaces, divididos por grupos de idade, pretenden desenvolver unha linguaxe oral funcional a nivel expresivo y comprensivo, ampliar o vocabulario a partir de centros de interese e estimular a intención comunicativa, o traballo en equipo e a creatividade. O taller dirixido ás nais e pais, pretende informar do desenvolvemento normal da linguaxe, de modo que as persoas que asistan sexan capaces de detectar precozmente nos seus fillos/as calquera alteración na súa adquisición. Preténdese tamén que os pais/nais saiban da importancia do entorno familiar na estimulación da linguaxe, e sexan quen de sacarlle o maior partido posible a situacións da vida cotiá. http://apae.com.es/ Documento pdf do obradoiro de linguaxe para nenos Documento pdf do obradoiro para nais e pais

II Premios EDIGA

Hoxe comeza na universidade da Coruña unha nova edición dos xa coñecidos por case todos nós “Premios EDIGa”. A nosa asociación TADEGa colabora novamente nesta edición e síntese honrada por botar unha man nun acontecemento que entendemos ten moito calado na auténtica vertebración das tecnoloxías dixitais no ensino galego. Novamente alzaremos un dedo para lembrar a importancia de facer deseños para todas e todos, é dicir, accesibles e usables, como xeito natural de facer as cousas se é certo que camiñamos no rueiro da inclusión. Será un pracer.

Un portátil para cada neno

Os mais de 420.000 alumnas e alumnos de 5º de Primaria que estudian en centros públicos e concertados contarán a partires de setembro cun ordenador portátil persoal co el que poderán “continuar traballando e facendo os seus deberes na casa”, según anunciou no Congreso o presidente do Governo, José Luis Rodríguez Zapatero, no Debate sobre o Estado da Nación. O xefe do Executivo resaltou que esta medida enmarcase no proxecto Escuela 2.0 do Ministerio de Educación para a innovación e a modernización dos sistemas de ensino que se porá en marcha o próximo curso escolar, no que “as aulas disporán de pizarras digitais, conexión inalámbrica a Internet e cada alumno terá o seu propio ordenador personal portátil”. Esta iniciativa, que se desenverá en colaboración e coa cofinanciación das Comunidades Autónomas, comenzará a aplicarse en setembro e extenderase progresivamente nos anos sucesivos ata alcanzar o último curso do ensino secundario, conforme señaló Zapatero. Despois de todo o lido istas semanas pola rede de apostar polo software libre, de medidas populistas, que se entre procesadores, operadoras de telefonía, editorias, etc etc… eu so pido que se cumpla canto antes. Quero ver aos meus alumnos cun (1-2) ordenador persoal ao que lle poidan sacar verdadeira utilidade e que sexa un referente no traballo na Atencion a Diversidade. Dous exemplos: (1) Asus EeePc T91, tablet pc de 500 euros (2) Classmate PC

Curso de verán UIMP

Do 29 de xuño ao 3 de xullo de 2009 celebrarase na Sede de A Coruña un curso titulado (1) “Impacto de las Tecnologías de la Información y las Comunicaciones en las personas con discapacidad. El camino a la autonomía personal. ” dirixido especialmente a alumnos da Universidade da Coruña coas titulacions de Informática, Terapia Ocupacional, Logopedia, Mestres, Fisioterapia e Enfermería. Tamén está especialmente destinado a profesionais de centros socio-sanitarios relacionados coa discapacidade como son los centros de día públicos, os equipos de valoración da Lei de dependencia, centros xerontológicos, asociacións e colectivos de persoas con discapacidade, etc. Este curso está organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e dirixido por Javier Pereira Loureiro. Doutor en Informática. Profesor Titular de Escola Universitaria da Facultade de Ciencias da Saúde. Campus de Oza. U. de A Coruña TADEGa está presente para falar das últimas novidades e do proxecto “Contos Adaptados e Accesibles” recentemente elixido polo MEC para desenvolver contidos dixitais que melloren a comprension lectora desde esta perspectiva accesible e inclusiva. Pero o (2) programa vai moitísimo mais aló: Proxectos Orange, EO Prim, ONCE, B&J Adaptaciones, Iriscom, JCLIC, LIM, CEAPAT, Autismo Galicia, COGAMI, Aumentativa.net, Comunicador CPA, Grupo Adeuno, CETTICO, etc. etc. Vémonos?? (1) Mais información e inscricion (2) Programa Provisional

Concurso de cortos

Ola a todas e todos: A nosa compañeira Mamiago ben de facer co seu fillo un curto na rede que non debedes perder. Ela mesma nolo explica nun pequeno artigo que quixo sobir á bitácora nosa pero que non hai maneira pois dende que estivemos fouzando nela para actualizar a súa versión, non conseguimos que nos funcione. Na mentras déixovos a todas e todos aquí a referencia deste curto para que o vexades e o promovades, penso que paga a pena. “O Consello Xeral da Avogacía Española ofrécenos un concurso(1) de curtos sobre os dereitos dos nenos. Ata o día 30 deste mes aínda se pode participar. Anímovos!!! Nós xa enviamos o noso vídeo caseiro. O premio: o máis importante, a presenza en algo que considero unha boa forma de dar a coñecer os dereitos de todos os nenos. Nós participamos polo 10º “dereito a non ser discriminado”. Como sabedes para nós é moi importante non meternos nun armario, pretendemos facer visible con normalidade o autismo, así que esta é outra plataforma máis, outro pasito máis. O premio físico: material educativo. Ademais, se o curto sae o máis votado por internet, poderíase gravar un curto cun director español de curtos, ESO GUSTARÍANOS!!!! e se os que se presentan son un grupo dun colexio, o premio final é diñeiro para a excursión fin de curso… Ánimo que aínda non hai moitos presentados e é moi doado!!! Neste enlace podedes ver o noso vídeo, votar por el se vos apetece e ver toda a información do concurso: (1) Enlace ao noso vídeo no concurso e máis información: http://www.yotambientengoderechos.com/ver_videos/ver_escuchar_hablar_amar Tamén podedes deixar comentarios, pero creo que teredes que rexistrarvos, non é difícil…”

Premios romper barreras

Toshiba y BJ Adaptaciones, convocan a terceira edicion destes premios co desexo de potenciar a realizacion e comunicacion de proxectos creativos e valientes, que utilicen a tecnoloxia e permitan mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade. www.premiosromperbarreras.es