Bibliografía

Bibliografía especializada en todo o relacionado coa nosa bitácora.

Diversidade funcional

0

Ao fin consta na Wikipedia

O termo diversidade funcional (que xa fora ratificado pola ONU en xuño de 2008) xa está na wikipedia. Apetecíame compartilo. Quen o queira ver o ten no seguinte enlace: es.wikipedia.org/wiki/Diversidad_funcional

O nome máis axeitado?

Penso que as formas moitas veces son importantes. Diversidade Funcional erradica para sempre calquera connotación pexorativa e iguálanos a todas e todos, xa que minusvalía falaba da menor valía dun individuo con algunha limitación funcional (sen considerar a posible responsabilidade do entorno) e discapacidade di que lle falta capacidade, así pois: diversidade funcional, aínda que a algúns lles soe a cousa rara.

E aquí vai unha idea de regalo, un vídeo que, seguro, xa coñecedes:

Por catro esquiniñas de nada

Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo coa montaxe audiovisual do libro Por cuatro esquinitas de nada de Jerome Ruillierno no que se amosan uns debuxos de circuliños e un cadrado que deliberan sobre como facer para que cadradiño poida entrar na casa grande por mor da súa forma acompañados do texto explicativo:
– Cuadradito juega con sus amigos.
– ¡Ring! Es hora de entrar en la casa grande.
– ¡Pero Cuadradito no puede entrar! No es redondo como la puerta.
– Cuadradito esta triste. Le gustaría mucho entrar en la casa grande. Entonces se alarga, se pone cabeza abajo, se tuerce, se dobla. Pero sigue sin entrar.
– ¡Sé redondo!- le dicen los Redonditos.
– Cuadradito lo intenta con todas sus fuerzas.
– ¡Te lo tienes que creer!- dicen los Redonditos.
– Soy redondo, soy redondo, soy redondo….- repite Cuadradito.
– ¡Pero no hay nada que hacer!
– ¡Pues te tendremos que cortar las esquinas!- dicen los Redonditos.
– ¡Oh, no!- dice Cuadradito-. ¡Me dolería mucho!
– ¿Qué podemos hacer? Cuadradito es diferente. Nunca será redondo.
– Los Redonditos se reúnen en la sala grande.
– Hablan durante mucho, mucho tiempo,…
– Hasta que comprenden que no es Cuadradito el que tiene que cambiar.
– ¡Es la puerta!
Entonces, recortan cuatro esquinitas, cuatro esquinitas de nada… Que permitan a Cuadradito entrar en la casa grande… junto a todos los Redonditos.
.

Síndrome de Down: Lectura y escritura

0
Banner da web, nenos con Síndrome de Down.

Banner da web, nenos con Síndrome de Down.

O libro de María Victoria Troncoso e María Mercedes del Cerro, da Fundación Síndrome de Down de Cantabria supuxo no seu día un magnífico recurso de traballo dende 1998. A nova é que agora está tamén dispoñible on-line así como as fichas en formato PowerPoint y Pdf.

Tedes todo o material e o proxecto no enlace de Internet: www.down21.org/educ_psc/material/librolectura

O móbil, agora mais.

0

O -zapatofono- ou antigo teléfono de ficción metido nun zapato.O teléfono móbil, cada vez máis, parece que vai perdendo o substantivo de teléfono e gañando o adxectivo móbil. Vai pasando de ser un aparato para poder comunicarnos a distancia con quen nos queiramos a un trebello que nos pode axudar a facer máis cousas das que previamente foi deseñado.

Co móbil poderemos acceder ao noso correo electrónico, as nosas redes sociais, consultar un mapa e buscar o que queiramos nel, acceder a servizos de noticias, xogos, control remoto da computadora da casa, entrenadores físicos persoais… Un pouco o que queiramos.

Os móbiles van mudando de tecnoloxías tamén e vanse cargando de máis e máis dispositivos internos que facilitan o seu uso e acceso. Acelerómetros para poder rexistrar o movemento, pantallas táctiles ou servizos de xeo-localización.

Poderíamos usar estas cousas todas para facer máis accesible o noso entorno? Penso, e non son o único, que si. A tecnoloxía está, agora falta adaptala as nosas necesidades.

Dependendo dos modelos de teléfono que posuamos accederemos a un grupo de programas ou outro. Actualmente temos varios sistemas como o Windows Mobile -en breves sairá a súa versión 6.5-, Symbian OS -moi usada por dispositivos Nokia-, Android -desenvolvida por un consorcio de empresas amalgamadas por Google-, iPhone Os -do famoso iPhone-… Os máis coñecidos.

Un exemplo, moi gráfico e xenial, é o programa Blind para Android. A páxina -en castelán- da aplicación a poderedes atopar no enlace: www.blindapp.com

Blind pode mandar correos electrónicos coa nosa voz, ler a nosa axenda de contactos, ler os mensaxes do móbil… bastantes cousas para o manexo das comunicacións. Pero ten un punto máis ao seu favor, as utilidades para o cotío. Coa cámara pódenos dicir a cor da roupa -por agora seis cores primarios-, utilizar o GPS para dicirche onde te encontras… Moi interesante. Dicir tamén que está en fase beta, isto quere dicir que aínda non está rematado, que aínda pode ser mellor. E non me lembraba, é gratis.

Penso que isto é unha mostra do que nos pode deparar o futuro en materia de trebellos de levar encima. Un paso máis, para todos e todas.

tecnoloxía, diversidade, accesibilidade

0

corto_luna [D-716]

O noso compañeiro Antonio, ven de facernos un proveitoso resumo que aparece na ultima revista Saudiña, “un reto na sociedade contemporánea”.

Case todas as persoas, en maior ou menor medida, estamos presas nas redes do que se deu en chamar novas tecnoloxías. As novas tecnoloxías ou as tecnoloxías da información e da comunicación (TIC) revolucionaron a organización administrativa e social na última metade do século XX e por suposto quedarán como elementos fundamentais para entender a cultura do século XXI. Dende o mundo da arte ata o da literatura, pasando polas diferentes disciplinas e xeitos de entender a vida, definen unha sociedade cada día máis plural e cambiante na que as TIC xogan un papel determinante.

A pesar de que para unha gran parte da poboación levan anos sendo instrumentos de uso cotián, para outras moitas persoas seguen sendo ferramentas descoñecidas.

tecnoloxia_diversidade_accesibilidade

Enlace á Revista Saudiña

Ir arriba