Curso de dislexia
[D-567] Pois ahí vai o prometido, finalmente asistín ao I curso de verán: “Dislexia: novos retos na súa intervención interdisciplinarâ€, que se celebrou en Vilagarcía do 15 ó 19 de setembro e do que vos fago un pequeno resumo. Definición de dislexia e tipos Avaliación psicopedagóxica da dislexia Pautas de intervención na dislexia Conclusións finais e referencias bibliográficas Definición de dislexia e tipos En termos xerais, dislexia pode definirse como un trastorno específico e persistente da linguaxe escrita, caracterizado principalmente por dificultades na exactitude e automatización lectora e escritora. É, unha dificultade conxénita, hereditaria, cunha base neurolóxica, non pode ser explicada por deficiencias visuais ou auditivas, por trastornos emocionais ou condutuais, por retraso mental, nin por situacións educativas “anormais†(ausencias prolongadas ou repetidas a clase, metodoloxía de ensinanza inapropiada, cambios frecuentes de profesores ou centros,…). Dislexia non ten nada que ver coa intelixencia, non se relaciona so con dificultades para ler e escribir con fluidez, é unha forma de tratar a información. De seguido unhas alternativas terminolóxicas para que nos fagan reflexionar da importancia de usar unhas expresións ou outras: Neurodiversidade versus Dislexia É disléxico vs Ten dislexia Foi identificado como disléxico vs Foi diagnóstico como disléxico Adaptacións para disléxicos vs tratamento para disléxicos Diferenzas específicas de aprendizaxe vs dificultades específicas de aprendizaxe Traballo mellor se uso vs teño medo de precisar unha gravadora/papel pautado,… Existen varios tipos de dislexia: Dislexia evolutiva ou madurativa: cando aparecen dificultades no alumnado que inician a aprendizaxe, e que persisten mais alá dos primeiros anos de instrución. Dislexia adquirida: trátase dunha perda das funcións lectoras que inician a aprendizaxe producida por unha lesión cerebral. Existen 3 tipos: fonolóxica, superficial ou mixta. Atraso lector: a diferenza da dislexia evolutiva, aquí xa existe unha causa concreta. A dificultade lectora pode ter unha orixe intelectual unha falta de motivación ou unha precaria escolarización. Avaliación psicopedagóxica da dislexia Antes dos 5 anos de idade, resulta moi arriscado a identificación. A partir de esta idade pódese identificar “sinais de risco para a aprendizaxe da lectoescritura†e iniciar un traballo de estimulación da linguaxe. Recollerase información sobre: datos da linguaxe escrita (falta de exactitude lectora e escritora, velocidade lectora, unión e fragmentación de palabras, dificultades de comprensión lectora,…), datos da linguaxe oral ( retraso na adquisición da fala, linguaxe espontáneo confuso, dificultade no etiquetado verbal ou capacidade para nomear automáticamente obxectos coñecidos, …), e outros indicadores ( dificultades para seguir instrucións, confusión co vocabulario que ten que ver a orientación espacial, dificultades para aprender a ler o reloxo e usar o diñeiro,…). Instrumentos de avaliación: WISC , Raven , Bady-G , TALE