cuca

III Xornadas Por Dereito 2014

0

Novo curso, novos folgos

Asociación Por Dereito.

Ben, xa abonda de vacacións e relaxing… toca porse as pilas. Reanudamos a nosa liña 2014 de obradoiros, xornadas e encontros. Desta volta para anunciarvos as III Xornadas Por Dereito 2014.

E isto é o que nos conta a presidenta desta asociación e socia e amiga de TADEGa:

A asociación de familias e amigos de persoas con trastorno do espectro austista, Por Dereito, temos organizadas unhas novas xornadas (e xa van tres!) que se celebrarán no Pazo da Cultura de Pontevedra o día 18 de outubro.
Este ano leva por título “Pensando no adultos e nos pequechos con TEA”, coa intención de despexar dúas incógnitas:

  • Que vai ser dos nosos fillos cando cheguen á idade adulta?
  • Que aplicacións para tablets e ordenadores lles poden facilitar a aprendizaxe e mellorar o coñecemento e a relación co seu entorno?

Para isto contaremos con poñentes que proceden de distintos puntos da península: Ávila, Burgos, Madrid, Oviedo e Barcelona, pero tamén contaremos con xente de Galicia. E que proveñen dende distinto tipo de organizacións: asociacións de autismo, fundacións, empresas…
Tedes toda a información no tríptico e no cartaz que elaboramos para esta ocasión

Somos cada vez unha familia mais grande, mais de 100 socios espallados por todo o territorio galego e que estamos unidos por uns obxectivos moi concretos e ambiciosos dentro do noso proxecto formativo: facer que se coñezan cada vez mais as particularidades das persoas con autismo, demostrar que a inclusión é posible e formar e informar a esta sociedade da que as persoas con TEA tamén forman parte.

Ben pois dende TADEGa vos queremos animar a participar neste evento, sen dúbida do máis interesante.

Cartaz en fondo amarelo e fonte negra, onde aparece o programa da xornada cun deseño ao estilo We Can Do It! coma a propaganda de guerra estadounidense creado por J. Howard Miller.

Verdades e mentiras da inclusion (Resumo)

0

Despois da Xornada que celebramos en Lugo “Verdades e mentiras da inclusión”, xerouse un montón de materias e ideas na cabeza coa Cea Coloquio

Preténdese coa temática Verdades e mentiras da Inclusión un debate sen asperezas pero tamén sen rodeos sobre a inclusión e, por extensión, a inclusión dixital. Pretendemos ademais non quedarnos só nos lamentos, senón chegar a conclusións prácticas de cara ao futuro; sendo este acto o noso broche de fin de curso da asociación, pero agardamos dar un pasiño mais entre todas e todos con istas preguntas, ainda por respostar

 


“Xornada 6 de Xuño Lugo”

From Verdades e Mentiras da Inclusion, posted by Tadega Net on 6/09/2014 (52 items)

Generated by Facebook Photo Fetcher 2


Cartaz en fondo amarelo e fonte negra, onde aparece o programa da xornada cun deseño ao estilo We Can Do It! coma a propaganda de guerra estadounidense creado por J. Howard Miller.

Verdades e mentiras da Inclusión

1
Cartaz en fondo amarelo e fonte negra, onde aparece o programa da xornada cun deseño ao estilo We Can Do It!  coma a  propaganda de guerra estadounidense creado por J. Howard Miller.

Cartaz da Xornada do 6 de xuño en Lugo Verdades e Mentiras da Inclusión.

 

Atención, novas de última hora:

Ante as reiteradas peticións para asistir á xornada pero sen participar na cea coloquio, ábrese esta posibilidade para quen o desexe (non o aconsellamos) e para a que o prezo de inscrición será de 10 euros.

Axúdanos a difundir

Descarga o cartaz e programa, imprime e compárteo no teu centro. Graciñas.

Cando?

Venres 6 de xuño.

Onde

Inscricións

Ligazón ao enlace de inscrición: tadega.net/arquivos/3792

Programa

17.30 h. Presentación. 

17.45 h. Mesa I. Procurando respostas. 

  • Inspeción educativa
  • Equipo directivo
  • Titoría

18:40 h. Mesa II. Procurando respostas. 

  • Na mirada dos irmáns.
  • Na mirada do alumnado de Maxisterio.

19:10 h. Descanso.

19:30 h. Mesa III. Procurando respostas. 

  • Javier Martín Betanzos. Profesor.
  • Ángeles Fernández Núñez. Presidenta de Capaces Lugo.
  • Feliciano J. Couto Escanciano. Maestro especialista en educación especial.
  • Iago Santalla. Educador social, posgrao en Servizos Sociais, doutor en Humanidades.
  • Branca Nazaret Guerreiro. Orientadora.
  • Cuca da Silva Rubio. Presidenta de Por Dereito.

21:30 h. Cea coloquio. Restaurante O Xugo. 

  • Presentación: Manuel Ángel Romero.
  • Cea.
  • Debate de sobremesa.

Información adicional

  • Os 22 euros do prezo de inscrición inclúen a cea no restaurante e os diversos gastos (non todos) da organización das xornadas tanto para persoas socias como non socias, polo que ambas partes (xornadas no instituto e cea coloquio posterior no restaurante) son indivisibles.
  • Quen desexe abonar anticipadamente o prezo de inscrición pode facelo na conta bancaria da asociación c/c Nº 2080-5162-22-3040010397. Indicando claramente o Nome, apelidos e DNI da persoa que se inscribe así como o concepto Xornadas TADEGa de xuño en Lugo 2014..
  • Os espazos de debate, exposición e reflexión están milimetricamente deseñados polo que a puntualidade en todos eles será unha característica imprescindible.
  • A hora de remate da cea non está fixada xa que depende en todo caso do que se alongue o debate da sobremesa.
  • Dúbidas? contactar@tadega.net 
Logotipos do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia) e de TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega).

TADEGa premio e-Inclusión do CPEIG

0
Logotipos do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia) e de TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega).

Logotipos do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia) e de TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega).

Premio e-Inclusión

Estamos de noraboa, a revista Código Cero, o Cluster TIC Galicia, La Voz de Galicia… fanse eco dunha novidade de alto interese para todas e todos nós: o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia), vén de facer público o recoñecemento a nosa asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) coa concesión do premio e-Inclusión.

No seu comunicado do luns 5 de maio indícanos ademáis:

A Xunta de Goberno valorou o traballo realizado para eliminar a fenda dixital e a prol do desenvolvemento das persoas con diversidade funcional.

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) vén de facer público o recoñecemento a TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) coa concesión do premio e-Inclusión.

(…)

Este galardón representa unha novidade dentro dos premios anuais que o CPEIG entrega na Noite da Enxeñaría en Informática, que este ano se celebrará o día 13 do mes de xuño. O CPEIG recoñece mediante o premio o traballo desenvolvido por TADEGa a prol da eliminación da fenda dixital que frea o desenvolvemento das persoas con diversidade funcional.

O colexio comparte coa asociación premiada o seu ideario, no sentido de que considera a accesibilidade das TIC vital e base para que os sectores máis febles da sociedade poidan acceder a todos os contidos, servizos e oportunidades coma o resto da cidadanía. Asemade, o CPEIG valora que a asociación promova a inserción e o aproveitamento das TIC no ensino galego e alí onde se prestan servizos de atención á diversidade, ademais da investigación, fomento e deseño das ferramentas e os métodos para obter o mellor proveito da tecnoloxía dixital e a súa inmersión nas aulas.

Satisfacción e responsabilidade

Para esta asociación é unha emoción contida de alegría e satisfacción recibir un galardón de tal calado e significación. Implica un recoñecemento que a sociedade fai a un número enorme de persoas implicadas nunha educación máis auténtica e acorde cos principios fundamentais dos dereitos das persoas á vez que tamén co novo milenio dixital que entre todas e todos nos estamos outorgando. A transición dunha escola afastada destas realidades a unha escola dixital e inclusiva non é doada nin sinxela, menos aínda desde dentro dela, e neso estamos e por iso apostamos.

Agora ben, un premio non debe ser nunca nun balsámico recoñecemento a un traballo ben feito; é ante todo, un estímulo e un compromiso máis firme para que os obxectivos marcados, por utópicos que podan xulgarse, se acaden nunha liña de horizonte realista á vez que temperá. Nelo estamos.

E como adoitamos dicir na propia asociación: Graciñas por ser e por estar.

Enlaces ás entidades mencionadas

Logotipo do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia).

Logotipo do CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia).

 

 

 

 

 

 

Logotipo da revista dixital Código Cero.

Logotipo da revista dixital Código Cero.

 

 

 

 

Logotipo do Cluster TIC Galicia (Asociación de entidades e axentes do macrosector TIC galego).

Logotipo do Cluster TIC Galicia (Asociación de entidades e axentes do macrosector TIC galego).

 

 

 

 

 

 

Logotipo do xornal galego La Voz de Galicia.es

Logotipo do xornal galego La Voz de Galicia.es

 

 

 

 

TADEGa, universo dixital para a inclusión.

TADEga, tecnoloxías para todos e todas. É de seu.

Ir arriba