Rato facial, software libre

[D-682] A Asociación Provincial de Parálise Cerebral de Tarragona pon ao alcance mundial o proxecto Enable Viacam O programa Rato Facial de CREA Sistemes Informà tics xa é de código aberto. Fai xa máis de cinco anos que foi presentado Rato Facial que, baseado na captura e o tratamento da imaxe, mediante unha webcam, permitía controlar o punteiro da pantalla dun computador. Tras varios anos de investigación na Asociación, agora Rato Facial ve a luz en forma de software libre. O proxecto que presenta a Asociación Provincial de Parálise Cerebral de Tarragona, consiste en pór en Internet ao alcance de todos este software e o código fonte, co dobre obxectivo de que, por unha banda os usuarios poidan gozar gratuitamente desta ferramenta e por outra que os desarrolladores teñan ao alcance o código e poidan facer achegas que melloren o seu funcionamento. As persoas con discapacidade que por razóns de mobilidade teñen dificultades no control do rato do computador, xa poden descargar esta aplicación. O programa distribúese baixo licenza GNU/GPL xunto co código fonte completo. Xa existen versións para os sistemas operativos GNU/Linux e Windows desde enfoque multi-plataforma, o que significa que as versións para diferentes sistemas operativos, son idénticas. Ofrécese inicialmente en Catalán, Castelán e Inglés (con posibilidade de traducilo a outros idiomas). O proxecto Enable Viacam foi realidade grazas ao apoio da Secretaria de Telecomunicacions i Societat da Informació do Departament de Governació i Administracions Públiques da Generalitat de Catalunya. Ligazóns Páxina de Enable Viacam

BETT 2009 Special Needs

A verdade é que o que alí hai, da para moito moito paseo… nos vindeiros días darémosvos conta de cousiñas interesantes que por alí vimos, todo moi moi interesante e a compañía… o mellor. Ahí o vai so unha pequena mostra que precisa que prendades os altavoces: London, London… [D-681] Ligazóns Páxina de BETT 2009 Páxina de Inclusive Technology

Sarakanda

[D-678-1] A dislexia é unha dificultade que non sempre sabemos como atallala nos educandos, e como sempre todo recurso e benvido neste eido. Tras o nome de Sarakanda temos unha tipografía -ou tipo de letra- que parece que vai a facilitar o aprendizaxe dentro do mundo da dislexia. O seu plantexamento ven dado por diferentes características: Suave inclinación marcando o sentido da lectura. Facer máis significativos os rasgos propios e característicos de cada unha das letras. Por exemplo, ollade as confusións típicas das letras: [D-678-2] Como di o propio autor, a súa aplicación e desenvolvemento están a nacer. Invítovos a visitalo, ler a súa presentación, e na medida do posible aplicar a tipografía. Ligazóns Páxina de Alejandro Valdez sobre tipografías, deseño…

YoGoTe

Comunicación paralela con Xestos Internacionais [D-675] O noso obxectivo: A comunicación internacional. No mundo hai cinco mil linguas diferentes. Un problema: Se todas as persoas usamos a mesma lingua, moitos idiomas desaparecerán. Unha solución: Uso de xestos universais ao mesmo tempo que falamos. Unha vantaxe Podemos aprender novas linguas. Como podes usalos signos? Primeiro: Aprende os xestos na túa lingua, Despois: Usa os mesmos xestos para aprender outros idiomas, mira un exemplo. [D-675-vídeo] A: Información gramatical B: Voz nativa. C: Tradución experta. D: Tradución automática. E: Tradución parcial. Ligazóns Páxina de YoGoTe.

Xornadas accesibilidade web

Xornadas organizadas pola Asociación Gallega de Empresas de Tecnologías de Información y Comunicación (AGESTIC) Celebraranse no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia dependente da Conselleria de Traballo, en Santiago de Compostela os próximos 21,28 e 29 de xaneiro. [D-674] Como empresas, universidades e administracións públicas debemos ser os primeiros en contribuír a facilitar o acceso a Internet a todos os cidadáns, especialmente daqueles que teñen algún tipo de minusvalidez. A web da túa empresa ou Institución “accesible” contribúe a iso, ademais de estar a inverter en Responsabilidade Social Empresarial (En España existen máis de 4 millóns de persoas que sofren algún tipo de minusvalidez, e en Europa a cifra se incrementa ata os 42 millóns. Inverter en accesibilidade terá unha repercusión positiva nun grande número de persoas), mellorar a usabilidade do teu web e incrementar a súa audiencia (A audiencia potencial increméntase porque as pautas de accesibilidade se adaptan aos estándares doutros dispositivos de acceso (móbiles, PDA, televisión dixital, etc) e cumprir coa Lei que debe cumprir a túa empresa e/ou os teus clientes actuais e potenciais. A partir de XA, as páxinas de internet das administracións públicas ou con financiamento público deberán incorporar os niveis de accesibilidade que cumpran os criterios e condicións establecidas no RD 1494/2007 de accesibilidade. A partir de XA, as páxinas de Internet de entidades e empresas que se encarguen, xa sexa por vía concesional ou a través doutra vía contractual, de xestionar servizos públicos, en especial, dos que teñan carácter educativo sanitario e servizos sociais deberán incorporar os niveis de accesibilidade que cumpran os criterios e condicións establecidas no RD 1494/2007 de accesibilidade. Todas as convocatorias da Xunta de Galicia, Ministerio de Industria-Plan Avanza que inclúan web esixen o cumprimento do citado RD. A nova Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información obriga as compañías consideradas ‘grandes’ a contar, como mínimo, cun nivel medio de accesibilidade nos seus sitios web. A nova Lei de Medidas de Impulso da Sociedade da Información afecta tanto á Administración Pública, coma a entidades e empresas encargadas de xestionar servizos públicos ou empresas privadas que reciben financiamento público, ademais de empresas de “especial transcendencia económica”, como as entidades bancarias, aseguradoras, axencias de viaxes, empresas de transporte ou subministradoras de gas, auga e electricidade. Para saber mais Páxina co Tríptico e Inscrición.

Xornadas AGPETAL-TADEGa

XII Xornadas AGPETAL e III Xornadas TADEGa 2009 [D-667] Os días 13 e 14 de febreiro de 2009, terá lugar na facultade de Ciencias da Educación da Universidade da Coruña (campus de Elviña) as XII Xornadas AGPETAL e as III Xornadas TADEGa 2009, organizadas por ambas asociacións e o Departamento de Pedagoxía e Didáctica da Facultade de Ciencias da Educación, da Universidade da Coruña. Dende esta asociación temos posto moito interese e ilusión pola posta en marcha destas xornadas con contidos de calidade e coa intención de que teñan ademais, un forte carácter práctico para todo o profesorado inmerso na problemática dos problemas da comunicación dentro do mundo da diversidade funcional Los temas a tratar en esencia son: Audición e linguaxe. TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación). SAAC (Sistemas Alternativos e Aumentativos de Comunicación). Atención a alumnado con implante coclear. Foros activos de experiencias TIC. Nota: As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes. Despois do 1 de febreiro, as cotas incrementaranse en 12 euros. A matrícula dá dereito á: Asistencia ás XII Xornadas. Carpeta de documentación e traballo. Certificado de asistencia expedido pola Universidade de A Coruña coa colaboración de AGPETAL e TADEGa. (Certificación oficial de 15 horas e 1 crédito de libre elección pola Universidade de A Coruña). No enlace que vos amosamos a continuación podedes acceder ao tríptico informativo que contén tanto o programa (aínda provisional) como as indicacións a seguir para quen esteades interesados ou interesadas en matricularvos e participar nestas xornadas. Tríptico informativo das xorndadas co programa e condicións de matrícula (formato PDF de Adobe Acrobat): [Enlace].

Estimulación Basal

[D-631] Precisaría de moito máis tempo para facervos un bo resumo do que foi iste curso intensivo na ultima semana de Nadal, pero podo comentar un par de apuntes e tedes todo o necesario na rede. Trátase dun concepto para o tratamento de persoas gravemente discapacitadas creado por A Fröhlich nos anos 70 na Alemania. Defínese “como un xeito de potenciación da comunicación, a iteración e o desenvolvemento orientada en todas as áreas ás necesidades básicas do ser humano”. As súas orixes, atópanse no proceso de escolarización de nenas e nenos plurideficientes na escola e coas necesidade de novos procedementos e novas ideas. A Estimulación Basal, parte da idea de que dende o nacemento e ata a morte, e a pesares das graves limitacións que poida ter unha persoa, son posibles e teñen senso novos procesos de desenvolvemento. Pero coidado, porque non é unha terapia, nin un método de tratamento, nin sequera un método de estimulación multisensorial; senón que vai mas aló: non hai nada que curar (fanse ofertas sen pedir nada a cambio), créase un diálogo baseado na proximidade corporal, a escoita e por tanto o intercambio co outro. Un concepto 24 horas, vamos. A verdade é que a sede formativa fainos que nos cursos e congresos aos que acudimos, o aproveitamento quede nada mais que nunha pequena porcentaxe; nada mais lonxe niste caso para a miña -grata- sorpresa. Sempre se ten unha vaga idea do que é a estimulación (nivel somático, vestibular…), pero que convén actualizar, poñerlle nome e apelidos ao asunto e repararmos no que estamos a facer. Xa está pedida a segunda parte do curso 😉 Para saber mais Páxina de Estimulacion Basal. Documento pdf Estimulacion Basal en Educacion. Documento pdf Herramientas corporales para el acompañamiento e intervención con personas con discapacidad.

Rato para ensinar a ler a invidentes

[D-661] A 200 anos do nacemento do seu inventor, o alfabeto de Louis Braille pasa a era electrónica grazas a ‘Mouskie’, un sistema informático do suízo Philippe Racine, que fai da aprendizaxe do ‘braille’ case un xogo de neno. O nacemento de Mouskie é, en principio, a historia dunha amizade. A que vincula a Jean-Marc Meyrat, presidente da antena francesa da FSA (Federación Suíza de Invidentes e persoas con deficiencias visuais) a Philippe Racine, decorador e colaborador, desde fai unha década, da Escola de Enxeñeiros do Cantón do Valais. “Observamos todas as novidades para os cegos -desde a máquina para café ata o reloxo ou os fornos-, desde o punto de vista da accesibilidade ou os métodos de emprego”, narra Philippe Racine. “Jean-Marc tómame tamén como asesor para a estética. É importante. O feito de que se trate dun obxecto para cegos non quere dicir que sexa feo”. Durante os seus debates, os dous homes evocan a miúdo a cuestión do braille. Jean-Marc Meyrat observara que cada vez é máis difícil motivar ás persoas para aprendelo, cando é tan fácil “ler” un texto escoitando unha síntese vocal na computadora. “Nos principios da informática para cegos, pensouse que substituiría ao braille, explica a Philippe Racine. Pero a síntese vocal non permite aprender a ler nin a escribir. A única solución é o braille.” O “reflexo ordenador” Só que, en dous séculos, os métodos de ensino deste alfabeto de seis puntos apenas evolucionaron. Estamos aínda en tablillas con clavijas en madeira que o profesor debe desprazar a cada letra antes de polas baixo os dedos do alumno. “Para os mozos da xeración Nintendo, que teñen practicamente o “reflexo ordenador” no sangue, era necesario imprimir un novo dinamismo a todo iso”, anota Philippe Racine. Mouskie está dirixido a aqueles cuxa vista é deficiente, aos que a están perdendo e aos que non ven nada. Se un teclea unha letra no computador, esta aparece en grande na pantalla, xunto á súa transcrición en braille, a síntese vocal pronúnciaa e o usuario sente baixo o seu dedo, os puntos que compón a letra. Para iso, colocaría o seu índice sobre unha pequena tableta situada diante do rato, onde os puntos soben e descenden en función da letra pedida. Rápido e doado “Ademais do seu lado lúdico, a gran vantaxe deste sistema é a velocidade”, explica o seu inventor. Pódese pasar dunha letra a outra case instantaneamente. A memorización do tacto é moi dependente da velocidade de execución.” Resultado: Mouskie permitiría reducir de xeito importante o tempo necesario para a aprendizaxe do braille. “A xente equivócase a miúdo,

Ler máis

O teclado Dvorak

[D-556] Se temos un periférico que temos que usar habitualmente é o teclado. A nosa vida dixital vai ligada o seu uso e acomodación, aínda que a súa distribución non sexa a máis axeitada. A distribución máis extendida actualmente é a chamada “Qwerty” que ten ese nome herdado da distribución das seis primeiras letras dispostas. Pode cambiar de un idioma a outro os simbolos ou caracteres especiais, pero a distribución xeral é a misma. Outra distribución xa en desuso agás en paises francófonos e a “Azerty”; o Q substituese polo A, o W substituese polo Z ademáis de para escribir os números compre premer a tecla Shift entre outros cambios máis pequenos. Se tentamos atopar a orixe da distribución “Qwerty” o primeiro no que imos caer e que foi herdada das maquinas de mecanografiar, patentada por Christopher Sholes en 1868 e vendido a Remington en 1873 e que foi feito non accesible de xeito premeditado. Falase moito de que os dígrafos máis convencionais da fala británica fanse dificiles de escribir co fin de que as patillas das máquinas de mecanografía non chocasen e producisen avarias. Esto non é concluinte dado que algun autor -Stan Liebowitz da University of Texas en Dallas y Stephen Margolis da University of California, Los Angeles; “The Fable of the Keys” (“A Fábula Das Teclas”)- sinalan que isto é unha lenda e referenciase que moitas palabras en inglés podense escribir con so unha mao, acelerando esto o proceso de escritura. Se vos dades conta, no Dvorak as letras mais comunes na escrita galega ou española están no centro, para acceder a elas con mais facilidade, e as letras menos comuns están na parte inferior e as que non se usan nin moito nin pouco están na parte superior; esto fai que a velocidade de escritura sexa mais rápida. Pero a xente resístese ao cambio pola mediocre razón do costume, xa que non me negaredes que vos daría cousa aprender a usar un teclado tan raro como ese.

Non é ouro todo o que brila

Aviso: artigo en galego con citas en español [D-657] Reflexión en voz alta do noso posible estrabismo co mundo da web 2.0 e outros En certa ocasión falamos do divorcio na rede de moitos educadores que, seguindo o puro artificio do espectáculo do mundo da web 2.0 esquece o mundo real xerando inconsistencias certamente perigosas. Naquelas ocasións falaba das inconsistencias de esquecernos das persoas con diversidade funcional que, por mor das nosas páxinas de internet (pirotécnicas, inaccesibles, pero 2.0 a calquera prezo) quedan fóra de xogo por exclusión das nosas creacións e contidos. Pero velaí tes que tamén podemos falar das inconsistencias perigosas ata para un mesmo. Unha reflexión en español dun dos participantes nas listas de correo de usabilidade web que paga a pena ler e reflexionar. Artigo ¿Redes sociales o redes de control social? escrito por Por David de Ugarte No escribas en la red lo que no escribirías en una postal. No sé cuantas veces habré dicho eso en los 90. Por eso, cuando ahora los medios alertan sobre privacidad y suplantación de personalidad en Facebook, no puedo dar crédito. Es obvio que si tu red de amigos publica regularmente citas y fotos, y tu haces parte de ellas, por muy privado que sea tu propio perfil, cualquiera podrá trazar tu vida social. Relata un entrevistado en El País: Reconozco que espío a mis ex, incluso a los que me tienen bloqueado como amigo. Busco y cotilleo la información que han compartido con amigos comunes. Por ahí siempre hay filtraciones. Yo he llegado a deducir si mis ex tienen nuevo novio, si se han cambiado de piso e incluso su dirección exacta. También me es muy útil para conocer sus planes, y saber si coincidir con él o dónde debo evitar hacer acto de presencia ¿Pérdida de la privacidad? Pérdida voluntaria e inevitable en todo caso. Si juegas al panóptico, a relatar tu vida en un espacio público y compartido con otros que también lo hacen, de poco servirán los biombos. Pretender lo contrario es inconsciencia o hipocresía. A fin de cuentas el único servicio diferenciado que ofrecen las mal llamadas redes sociales es el cotilleo sobre el propio entorno. Quejarse de ello sólo servirá para atraer a los eternos postulantes a crear nueva y más restrictiva legislación. La privacidad no es un problema entre usuarios. El mundo del análisis de redes sociales es un mundo de grandes escalas. A mayores y más centralizadas nubes de información, mejores resultados. Ni siquiera hace falta acceder a los contenidos, basta con los remites, con saber quién conecta con quién cuándo. Algo

Ler máis