Picaa en galego na App Store (actualización)
Picaa: A Plataforma de Aprendizaxe Móbil
Se hai un tempo informábamos da aplicacion Picaa no App Store para iPhone, iPod touch e iPad; dende o pasado 20 de decembro contamos cunha nova versión 1.4.1 con interesantes novedades:
- seleción do tipo de letra, incluindo fontes mais informais e de tipo “escolar”
- nova función para xerar os sons dos elementos mediante un sistema TTS (Text-To-Speech): na edición dos elementos das actividades é posible indicar que o son se xenere automáticamente a partires do texto ou dunha cadena persoalizada (require conexión 3G ou WiFi).
- Engadido soporte ao galego grazas a colaboracion de TADEGA. Para activalo hai que selecionar a rexión “gallego (España)” en Axustes > General > Internacional.
Dende aquí agradecemos o esforzo do equipo Picaa para termos a aplicacion en Galego e os avances da mesma. Moitas gracias
Picaa deseñouse para a creación de actividades didácticas adaptadas para alumnos con necesidades educativas especiais. Trátase dun proxecto do grupo de investigación GEDES da Universidade de Granada, creadores do sistema de comunicación aumentativa Sc@ut.
Actualmente incorpora 4 tipos de exercicios: Asociación, Exploración (Comunicadores), Puzzle e Ordenación.
O sistema deseñouse para atender á diversidade funcional de usuarios con necesidades especiais, principalmente nos niveis: cognitivo, visual e auditivo.
A aplicación é gratuita, e comenzamos a testala nos centros.