NAVEGADOR ZAC E SMARTBOARD

Xa sabedes que hai unha equipa de TADEGA da que tiran Mamiago e Uxía e que, con tanto traballiño, están a traducir ao galego e facendo acopio de canto recurso hai na nosa lingua, para sacar canto antes a version galego do Navegador Zac (Antes do que pensades, por certo).

Para os que non o coñezades, o ZAC é o primeiro navegador desenvolvido específicamente para persoas con autismo e espectro autista. Iste navegador creouse para os nenos, para o seu divertimento, enriquecemento e liberdade. Os nenos o proba, empregan, xogan e interactúan con él, e experimentan a súa autonomía perante ZAC.

Aínda nos queda moito que practicar, pero os alumnos -mesmo os que teñen maiores necesidades de apoio- poden ter un momento na escola no que elixir eles mesmos que vídeo, xogo, música ou historias queren mirar; o complemento perfecto para interactuar directamente co dedo no EDI. E é aqui onde quero resaltar o valor educativo do ZAC tamén na escola, porque convírtese nunha motivación moi importante para todos os alumnos mesmo sen autismo.

[D-532]

Comparte este artigo

1 Comentario

  1. Excelente Felo, coido que o máis importante destes choios con as implicacións prácticas do día a día.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.