Achegándose xa o final deste ano, cómpre dar cumprimento co mandato dos estatutos e celebrar a asemblea xeral anual de persoas socias de TADEGa que terá lugar na Biblioteca pública Anxel Casal de Santiago de Compostela este sábado día 18 ás 10:30 horas; e de aí a presente convocatoria para que asistas á mesma coa seguinte orde do día. Lectura e aprovación se procede da acta da sesión anterior. Memoria
Archivos de autor: Sheriff
Novas sobre o V Congreso TADEGa 2017
Avisos importantes 1.- Enquisa para a avaliación do Congreso Finalizada a maratón (por así chamarlle), queda un detalle de moitísima importancia para TADEGa: a vosa valoración do congreso. Tedes enlace á enquisa de avaliación anónima. Por favor, adicállede uns minutos. Aquí non a imos anunciar senón que vos será enviada por mail ou whatsapp. 2.- Namentres, quedádevos con ista etiqueta [Enlace á Etiqueta de TADEGa]. 3.- 2018 é voso Lembrade
V Congreso TADEGa. Especial 10º aniversario 2017
TADEGa, co gallo do seu décimo aniversario como asociación, inicia a súa andaina especial 2017 coa celebración de 3 elementos referentes: V Congreso TADEGa, V Congreso TecnoNEEt e II Startup Weekend EDU Galicia. O primeiro deles, o congreso TADEGa trae o mellor programa nunca visto en terra galega.
Imos de estrea: «Vida»
Estamos moi ilusionados Onde: Auditorio Municipal de Ourense. Cando: xoves 25 de febreiro de 2016 ás 21:00 horas.A Que: A estrea do film de Rubén Ríos Vida e do documental Máis ca Vida Un grupo de xentes de TADEGa na súa representación, teremos o pracer de asistir convidados a esta estrea. Aínda non vos podemos anunciar moito máis porque aparte da estrea quedan moitas cabos que atar, pero é moi
2016 en marcha e materiais do congreso compartidos
O curso reanuda o seu roteiro. Os plans para este 2016 recén inaugurado son moitos e do máis interesante. Así que atentos ás novas que pouco a pouco iremos contando por aquí. O símbolo de lectura, xornal, novidades ou como queirades interpretalo ten relación directa con parte disas novidades que iremos contando no seu momento. Pero polo de agora, imos cinguirnos a algo moi solicitado pola xente tadeguiana, especialmente
Congreso… Sorpresa!
Xa sabedes que a xente de TADEGa somos un tanto particulares (é que xa non sei moi ben como enunciar o termo), imos dicir que somos algo así como xentes fóra de catálogo. O caso é que vimos ata aquí a anunciarvos novidades do congreso que farán as delicias dos que se inscribiran (estarán encantados), e os que aínda non o fixeron, mesarán as barbas ou apretarán o paso para
Colabora
O congreso vaise achegando, os preparativos todos en marcha. Chega agora un momento crucial que non todo o mundo percibe: A inscrición no congreso ten un prezo pouco máis que simbólico. De feito as contas de gastos para manter toda a infraestructura en pé é bastante elevada. Tamén é certo que a nosa misión non é recaudatoria nin mercantilista. O noso obxectivo e brindar un bo servizo. De todos modos
Aviso para centros docentes
Obra Nos meus zapatos Os centros docentes adoitan facer unha programación de actividades especiais a desenvolver ao longo do curso. Acontece ás veces que xurde no medio do curso unha oportunidade para acceder a desenvolver algunha actividade de interese. Este sería o caso, moi especialmente para o derradeiro ciclo de primaria e primeiros cursos de secundaria. Unha obra para reflexionar. Trátase dun espectáculo de danza contemporánea titulada Nos meus zapatos
Obradoiro «Os sentimentos e a aprendizaxe da lectoescritura con dispositivos móbiles»
Non hai entradas! Con Susana Lamela e Ana Mariño A verdade é que non contabamos cun éxito así; en apenas 3 días tivemos que pechar o formulario de solicitudes por encher o aforo deste centro que nos acolle. Sentimos as molestias que lle podamos causar as persoas interesadas en participar e que non se anotaran antes. Comprometémonos a deseñar estratexias operativas para repetir este obradoiro noutra ocasión antes de rematar
Fotografía e danza de xeito inclusivo
Unha axenda inclusiva para Vigo e máis cidades galegas Toma nota dos seguintes datos: Laboratorio de fotografía Di-versión-arte Sábados 11, 18, 25 de abril e 9 de maio. Horario de 10 a 14 horas. Sede Afundación Vigo (Rúa Policarpo Sanz, 24-26. Un obradoiro pouco convencional, poderás retratar a túa persoal visión do mundo, co foco na realidade que máis che interesa, libre de prexuizos e apriorismos. Persoas con diversidade funcional




