Congreso… Sorpresa!
Xa sabedes que a xente de TADEGa somos un tanto particulares
(é que xa non sei moi ben como enunciar o termo), imos dicir que somos algo así como xentes fóra de catálogo.
O caso é que vimos ata aquí a anunciarvos novidades do congreso que farán as delicias dos que se inscribiran (estarán encantados), e os que aínda non o fixeron, mesarán as barbas ou apretarán o paso para facelo (ollo que poucos días quedan de bonificación).
Imos ver logo esas novidades.
Noviño do trinque
- En atención á chegada información de última hora a moitos centros, ampliamos o prazo de bonificación unha semana máis, é dicir ata o domingo 29 de novembro. Bulide!.
- Sabiades xa que haberá certificación homologada do ministerio e que, a maiores, se certificará a través do noso ISSN as comunicacións e cartaces que se presenten. Pois vos informamos tamén que se homologarán vía Xunta de Galicia, Consellería de Cultura, Educación e OU cuxos trámites xa están en marcha.
- Cambio de horarios: na xornada do venres, a sesión inaugural, aínda que están os mesmos elementos, presenta cambios no seu horario, mirade con atención.
- Mirade tamén con atención a lista de persoas admitidas porque no caso de ter solicitada a inscrición, poderedes ver se a vosa solicitude está feita e completa.
-
D. Miguel Ángel Valero Duboy, Director do CEAPAT e encargado de abrir boca co relatorio inaugural sobre o incluínte e o inclusivo.
- Tamén grazas a Miguel Ángel García Duboy vos anunciamos a consolidación dun dos obradoiros que aínda tiñamos pendente: o obradoiro do CEAPAT:
Adaptación de xoguetes, fabricación de pulsadores, adaptación de ratos e impresión 3D aplicada a produtos de apoio
, nada máis e nada menos que levados por Roberto Gaitán Cazorla que xa tivemos a sorte de coñecer no congreso anterior e que tanto éxito tivo. - Pois non se vaian amigos, que aínda hai máis… pero volo contamos outro día. 😉