Temos obradoiro e asemblea, onde andas?
Hai días… nos que un non sabe por onde anda nin en que lío está metido. As emocións alborotadas tampouco axudan. Pois ala! 3 arranxos que lle imos dar!
Hai días… nos que un non sabe por onde anda nin en que lío está metido. As emocións alborotadas tampouco axudan. Pois ala! 3 arranxos que lle imos dar!
Ás veces, quen andamos no mundo do asociacionismo, implicados en causas ¿perdidas? matinando en como incentivar, suscitar, estimular, apoiar, redescubrir, alentar… en favor dun mundo máis xusto, acorde, solidario, empático… atopamos que ese mundo anda do revés ¿Como lle dar auga a quen non ten sede?
TADEGa estrena revista. O seu nome: ViTADEGa (sona algo así como as vitaminas de TADEGa, que sodes todos e cada un dos que axudades a construír isto. O seu propósito: compartir experiencias de valor.
Ano novo, vida nova. Co motivo do novo ano 2020, TADEGa está de estrea: grupo e canle Telegram por un lado, e revista de experiencias polo outro. Atentos!
Co Vi congreso TADEGa xa finalizado, tornamos este artigo do blog nun punto de enlaces aos materiais manexados no mesmo xunto coas novas básicas a el referidas.
Estrea este 2019 cun MOOC o 14 de xaneiro na plataforma Miriadax. Condicións e datos na súa web: https://miriadax.net… O curso MOOC está composto por 4 módulos (un por semana) cunha dedicación horaria de 4 horas semanais por parte dos participantes. Módulos Presentación. Produtos e tecnoloxías de apoio. Ferramentas para a participación virtual. Software de programación doado parte I. Scratch. Software programación doada parte II. Makey-Makey. Profesorado Betania Groba González. Javier Pereira Loureiro. Laura Nieto Riveiro. Thais Pousada García.
A Radio Conta é un programa solidario realizado por oito radios públicas e privadas da Coruña. A iniciativa chegou en decembro de 2018 á súa 6ª edición, o sábado 29 de decembro ás 17:00 h no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Actuacións musicais, humor e convidados sorprendentes formaron parte desta emisión única, adicada no 2018 a visibilizar e difundir o labor de Asperga, a Asociación Galega de Asperger. Tres horas de radio en directo. Nese programa se conformaba unha batería de entrevistas que incluía, entre outras, a adicada aos profesionais da educación. Iria Pardiño (psicóloga de Asperga), e Juan Fernández (mestre e socio de TADEGa), foron os profesionais convidados a participar nesta entrevista; e aquí traemos o breve audio da mesma. Audio completo do programa na web de “a Radio Conta”: (Enlace ao audio completo). Audio da entrevista: (Enlace ao audio da entrevista).
Destinatarios Profesionais do ámbito educativo que traballan con persoas con TEA (Trastornos do Espectro Autista): mestres, educadores, orientadores, psicólogos, psicopedagogos, logopedas, coidadores, etc. Dende a asociación Asperga e da Federación Autismo Galicia. Achégannos esta información relativa a esta III edición dos seus cursos de formación 2019 especialmente pensados para educadores. Son 3 os cursos nesta edición, e con ilusión dámoslle difusión para todas as persoas interesadas. Curso I. Apoios visuais. (Enlace 1). Curso II. Habilidades sociais. (Enlace 2). Curso III. Intervención sobre condutas. (Enlace 3).
TRAINERS FOR THE FUTURE – I CONGRESO NACIONAL DE FORMADORES 24 y 25 de noviembre de 2017 – Santiago de Compostela Pois vai ser que si, que se apurades as persoas socias de TADEGa tedes un desconto especial por participar neste congreso do máis interesante, especialmente para as xentes máis inquietas que, ademais de Educación están a pensar en ideas que antes ou despois poderían chegar a cristalizar nun emprendemento.
Achegándose xa o final deste ano, cómpre dar cumprimento co mandato dos estatutos e celebrar a asemblea xeral anual de persoas socias de TADEGa que terá lugar na Biblioteca pública Anxel Casal de Santiago de Compostela este sábado día 18 ás 10:30 horas; e de aí a presente convocatoria para que asistas á mesma coa seguinte orde do día. Lectura e aprovación se procede da acta da sesión anterior. Memoria económica 2017. Avaliación do congreso 2017. Programación económica e de actividades para o 2018. Informes varios. Rogos e preguntas. Graciñas pola túa atención, por ser e por estar. A Coruña, 14 de novembro de 2017. Juan J. Fdez. García,Pte. da asociación TADEGa. AVISO: Caso de asistir, por favor, remite a contactar@tadega.net a túa decisión para que podamos facer unha previsión de asistencia e organización axeitadas. Para dar doadamente co lugar da asemblea podes seguir o seguinte enlace de Google Maps: https://goo.gl/maps/94CK1axk5Xp ( Avda. de Xoán XXIII, s/n, 15704 Santiago de Compostela, A Coruña ).