A. Opinión

Actividades e reflexións ao redor da accesibilidade web.

A formación do profesorado na diversidade

0

Unha investigación da USC advirte da falla de preparación do profesorado universitario fronte a alumnado con discapacidade

Logotipo dos informativos da propia USC.

A integración real e efectiva de estudantes con discapacidade nas universidades é unha realidade, tamén constatable na USC, que obriga a continuar incrementando os esforzos para mellorar a atención educativa que reciben así como fomentar actitudes favorables de cara a eles.

Así o constata a investigación ‘Integración educativa e social dos estudantes con discapacidade na Universidade de Santiago de Compostela’ que realizou o pasado curso a doutora pola USC e compañeira de TADEGA Emma Mayo Pais e que foi presentado no I Congreso Internacional Universidade e Discapacidade.

Dende este espazo non podemos mais que felicitar a Emma pola súa laboura investigadora e, entre todos, reclámar maiores recursos para poder ofrecer una formación de calidade

Para saber mais

Unha resposta para Iago

4

A historia

Fai tempo dabamos conta nesta bitácora de que se premiaba o vídeo de Iago titulado Yo también tengo derechos. De todos modos, con premio ou sen el, este esforzo non cae en saco roto.

No noso centro, o alumnado do que son titor aprendeu e serviuse de Xandre, o elefante sen sombra e que xa coñecedes todos da nosa web. Impactoulles e gustoulles moito, pero a cousa non quedou aí. Resulta que aquelo de comunicarmos con pictogramas resultaba algo moi abstracto que non acababan de entender moi ben pois nunca viviran unha experiencia similar nin coñecían a ninguén que precisase este sistema de comunicación.

Así pois non quedaba outra que puideran coñecer a alguén que empregase este sistema comunicativo, polo que lles amosamos o vídeo de Iago no que se pode ver con moita claridade como o usa e precisa comunicarse con el.

Unhas cousas levan a outras, e o alumnado pediu darlle resposta a este rapaz usando o seu mesmo idioma. Así que armado cunha cámara de vídeo e imprimindo e preparando os pictogramas correspondentes, aquí tedes o resultado da resposta para Iago. Oxalá lle guste.

Unha aperta moi moi grande para Iago, para a súa nai, e para estas rapazas e rapaces do CEIP Sal Lence de A Coruña que moito se acordan del, e que xa o queren coñecer.

O video orixinal de Iago

Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo de Iago elaborado pola súa mai no que Iago nos amosa, con moitísimo esforzo, unha mensaxe que nos conta con xestos e pictogramas que, pasado a palabras di: Hola, yo quiero que tú, me esuches, me veas, me hables y me ames.

A resposta do CEIP Sal Lence, A Coruña

Nota provisional: Lamentablemente a xente de Youtube entende que o audio que acompaña a este vídeo, aínda tendo explicacións orais do narrador para a súa comprensión, vulnera os dereitos de autor por levar unha musiquiña de fondo. Por tal motivo silenciou totalmente o audio que agora non se pode escoitar sen aviso previo nin dar audiencia. No momento en que podamos, faremos unha versión idéntica con música libre que substituirá a actual. Desculpade as molestias.

Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo coa montaxe audiovisual do alumnado do CEIP Sal Lence da Coruña, en resposta a Iago polo seu vídeo. Nel podemos ver e escoitar o proceso que se seguiu así como a parte principal na que o alumnado deste 2º curso de primaria respota a Iago con audio, subtítulos, pictogramas e xestos.

Enlaces de interese

  1. A nosa nova sobre o premio de Iago:
    tadega.net/Bitacora/?p=1250
  2. A web de Xandre:
    www.ContosDeXandre.net
  3. A páxina do concurso de curtos:
    www.yotambientengoderechos.com/…
  4. O caderno dixital de Mamiago:
    HablaPorMiDiceIago.blogspot.com
  5. Sitio de Internet do CEIP Sal Lence:
    centros.edu.xunta.es/ceipsallence

Diversidade funcional

0

Ao fin consta na Wikipedia

O termo diversidade funcional (que xa fora ratificado pola ONU en xuño de 2008) xa está na wikipedia. Apetecíame compartilo. Quen o queira ver o ten no seguinte enlace: es.wikipedia.org/wiki/Diversidad_funcional

O nome máis axeitado?

Penso que as formas moitas veces son importantes. Diversidade Funcional erradica para sempre calquera connotación pexorativa e iguálanos a todas e todos, xa que minusvalía falaba da menor valía dun individuo con algunha limitación funcional (sen considerar a posible responsabilidade do entorno) e discapacidade di que lle falta capacidade, así pois: diversidade funcional, aínda que a algúns lles soe a cousa rara.

E aquí vai unha idea de regalo, un vídeo que, seguro, xa coñecedes:

Por catro esquiniñas de nada

Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo coa montaxe audiovisual do libro Por cuatro esquinitas de nada de Jerome Ruillierno no que se amosan uns debuxos de circuliños e un cadrado que deliberan sobre como facer para que cadradiño poida entrar na casa grande por mor da súa forma acompañados do texto explicativo:
– Cuadradito juega con sus amigos.
– ¡Ring! Es hora de entrar en la casa grande.
– ¡Pero Cuadradito no puede entrar! No es redondo como la puerta.
– Cuadradito esta triste. Le gustaría mucho entrar en la casa grande. Entonces se alarga, se pone cabeza abajo, se tuerce, se dobla. Pero sigue sin entrar.
– ¡Sé redondo!- le dicen los Redonditos.
– Cuadradito lo intenta con todas sus fuerzas.
– ¡Te lo tienes que creer!- dicen los Redonditos.
– Soy redondo, soy redondo, soy redondo….- repite Cuadradito.
– ¡Pero no hay nada que hacer!
– ¡Pues te tendremos que cortar las esquinas!- dicen los Redonditos.
– ¡Oh, no!- dice Cuadradito-. ¡Me dolería mucho!
– ¿Qué podemos hacer? Cuadradito es diferente. Nunca será redondo.
– Los Redonditos se reúnen en la sala grande.
– Hablan durante mucho, mucho tiempo,…
– Hasta que comprenden que no es Cuadradito el que tiene que cambiar.
– ¡Es la puerta!
Entonces, recortan cuatro esquinitas, cuatro esquinitas de nada… Que permitan a Cuadradito entrar en la casa grande… junto a todos los Redonditos.
.

¿Qué o quien se adapta? Ejemplo típico a usar para hablar de la accesibilidad.

Un bo recordatorio

0
Pé de imaxe: -Que ou quen se adapta?-

Pé de imaxe: -Que ou quen se adapta?-

Hai xente que precisa ter unha foto a pé de cama que lle lembre as cousas importantes do día que non debe esquecer. Fágovos unha proposta: se por calquera circunstancia nalgún momento depende de vós o ter que pensar, deseñar, redactar, ou editar calquera cousa (un artigo, un moble, un esquema, unha actuación, un proxecto…) pois daquela, durante ese tempo, tede esta foto a pé de cama para que non se vos esqueza o que realmente é importante. Tan importante como o mellor dos vosos soños.

Imaxe que tomamos e que agradecemos a María Dolores García Fernández ( www.desarrollosdg.com.ar )

Ir arriba