Curso creación contidos multimedia

[D-659] Moitos de vos preguntades a miúdo por programas e ferramentas de autor que faciliten a creación de actividades de traballo para os vosos alumnos e fillos, pois para os mestres a partires do próximo mes de febreiro poñeranse en marcha dous novos cursos de formación a distancia en PLATEGa. Os cursos están relacionados coas ferramentas de autor LIM e Ardora. Para inscribirse nas actividades hai que ir ao sistema de formación do profesorado (fprof) e buscar as seguintes referencias: X0804047 – LIM e o proxecto Xogamos? Aplicación didáctica X0804048 – Creación de actividades en liña con Ardora. Uso didáctico Data límite de inscrición nas actividades ata o próximo día 9 de xaneiro. Ambos cursos están deseñados para 50 alumnos e constan dun total de 30 horas . A temporalización do mesmo é do 02/02/2009 ao 15/05/2009. E para os que non sexades mestres ou non vos concedan o curso, tendes moito para ir empezando a practicar en LIM cos tutoriais e o “curso autodidacta” na rede. As interesadas e interesados podedes ir probando, e as dúbidas que vos vaian xurdindo as anotades aqui nos comentarios e lle imos dando resposta, si? Animadevos! Ligazóns que se citan Páxina Web do Sistema de Xestion da Formación do Profesorado. Páxina Web de Ardora. Páxina Web de LIM. Recursos de iniciacion a LIM. Curso autodidacta de LIM na rede. Créditos Ardora é un programa totalmente gratuito, sempre e cando sexa empregado de xeito personal, sin caracter lucrativo e con fins estrictamente educativos. Autor: José Manuel Bouzán Matanza LIM e EdiLim son de uso e distribución libre, sempre que se respete a súa gratuidade e autoría. Autor: Fran Macías

Dificultades na aprendizaxe

Do inglés Learning Disabilities Online, unha moi boa zona de recursos -en inglés- para persoas con dificultades na aprendizaxe. [D-478] Colorín Colorado é un servicio gratuito, basado en Internet, que ofrece información, actividades e asesoría a educadores e familias de estudiantes de inglés como segundo idioma, en particular aqueles que falan castelán e posúen dificultades na aprendizaxe. Colorín Colorado é unha iniciativa educativa da estación de difusión de medios pública da capital dos Estados Unidos de América (WETA). Colorín Colorado recibe apoio sustancial da Federación Americana de Mestres e apoio adicional do Instituto Nacional para o Alfabetismo, así como do Departamento de Educación dos Estados Unidos, Oficina de Programas de Educación Especial. Colorín Colorado busca activamente o apoyo privado, corporativo e gubernamental para expandir os nosos esforzos. Por favor contactade para mais información. Ligazóns Páxina Web de Learning Disability Online. Páxina Web de Colorín Colorado.

Borrador: Decreto de Atención á Diversidade

[D-345] Circula por aí o borrador do decreto que regulará a atención á diversidade que está aínda en fase de estudo e trátase nas mesas sectoriais dos sindicatos. Na exposición de motivos xustifica -invocando a equidade na educación- todos aqueles recursos que a Administración educativa deberá por en marcha para que ningunha circunstancia desfavorable impida unha mellor atención aos alumnos que precisen apoio; pois a ver se é certo e non todo son atrancos e burocracia á hora de prover eses recursos. Eu témome que non, p.e. estrágase unha oportunidade de crear centros de recursos de educación especial para que de verdade os apoios sexan provistos e se asesore aos profesionais pola xente que sabe diso. Tamén a forma en que se determinan os centros de escolarización preferente é manifestamente mellorable. Nos principios xerais di que a atención á diversidade farase de acordo cos principios de normalización e inclusión; pois a ver se acabamos con esa política nefasta de segregar aos alumnos en centros de escolarización preferente co pretexto das axudas, cando estas non son moi distintas doutros centros ordinarios ou é que, de verdade, pensan que un centro con ramplas xa é un centro inclusivo, só polo feito de telas. Tamén di no capítulo que se refire á escolarización que os alumnos con necesidades educativas serán escolarizados onde lles corresponda. Se chega a ser certo sería unha boa cosa, pero máis que nada sería xusto. Unha das ferramentas máis poderosas que hai para atender á diversidade é a adaptación curricular. Alguén podería dicirme por que non existe en bacharelato? Para acabar, os mestres de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe van desempeñar as súas funcións no segundo ciclo da ESO. Van cobrar máis, tamén? Para saber mais Páxina Web de Javier Martín Betanzos. Ligazón ao documento pdf do borrador do decreto de atención á diversidade.

Clear

[D-645] Iste é un recurso de balde (hai que rexistrarse) do Center for Language Education and Research, da Michigan State University, e coido que pode ser de moita utilidade para as mestras e mestres de Audición e Linguaxe e Logopedas, como hai uns días que comentabamos con que ferramenta poderiamos facer un rexistro fonolóxico en galego. Por exemplo, hai unha serie de fotografías nas que o alumno ten que decir o nome das imaxes, iste rexistro -a través do micro- queda gravado no servidor co nome do usuario para que a mestra ou mestre o escoite as veces que precise: Teremos prontiño a versión en galego? 😉 Na nosa páxina obteremos o seguinte resultado dropboxes.jpg: Ligazóns Páxina Web do Center for Languaje Education and Research (CLEAR). Páxina Web do Audio Dropbox.

Bo Nadal Aumentativo

[D-643] Pois aproveitando o recurso para realizar unha lectura visual de frases dos nosos compañeiros, ahí o vai outra felicitacion. Iste recurso posibilita nun paso a creacion dunha imaxe do tipo Gif animado coas palabras que elixades. Que a desfrutedes. Ligazóns Páxina Web de Aumentativa.

Accesibles porque sí, y en navidad más

(Aviso: artículo en español) Rebeldía Hoy tengo ganas de sacudirme el polvo del camino, de ser áspero, rebelde y desentonar. Se cansa uno de ser y estar sólo en el defender la accesibilidad como algo elemental que todo diseño debería tener, no porque esté de moda, sino porque es de ley y de sentido común. Siempre oyendo entre susurros que si uno exagera, que en el fondo no es mi problema sino de los tecnólogos, que si la accesibilidad está reñida con la creatividad y cincuenta mil prejuicios más que mejor sería tirar directamente al cubo de la basura si no fuera porque sabes que es el sentir de muchos probablemente, incluso, de la mayoría. Te duele ese pensar que flota en el aire, la idea de que hacer cosas accesibles lleva aparejado ser un carca, que se renuncia a la multimedia, que se esclaviza al duro trabajo renunciando a la creatividad, que se tapona el advenimiento de la web 2.0 y todo por querer adelantar un futuro que deberían solucionarnos los tecnólogos. ¡Pues no! Es la web 2.0 quien debe adaptarse a la accesibilidad y no al revés. Es posible que la accesibilidad venga en el futuro de un modo mucho menos trabajoso, no lo discuto, pero yo quiero ese futuro ¡ahora! porque mientras no sea así, estamos echando fuera de nuestras casas a quienes, por ser diferentes, no pueden acceder a los contenidos de lo que publicamos ¡Hace falta ser bien vago! Ya decía aquel filósofo lo de que toda indiferencia es criminal. Como ya he dicho, quiero desentonar, perder un poco la compostura y evidenciar que, aparte de la responsabilidad de los tecnólogos en elaborar mejores herramientas digitales, yo debo primero asumir lo que me toca: no puedo redactar y componer con las vísceras, estoy obligado usar el buen juicio y demás virtudes de la materia gris. Los demás tienen pleno derecho a escuchar unas palabras mínimamente hiladas, con sentido, un discurso inequívoco y, de querer jugar al gato y al ratón con el lector para que no le sea fácil entenderme, primero avisarlo, para darle la oportunidad de mandarme al cuerno si mis jueguecitos no le interesan. Y como estoy revoltoso traigo hoy aquí este artículo hecho contra viento y marea, me lo he puesto difícil a posta para evidenciar que, hasta lo difícil, tiene solución accesible sin necesidad de tecnología rara: Incluye más multimedia que muchos otros artículos (3 vídeos). Además con la peor de las opciones: son vídeos que, visualmente, no aportan nada en absoluto, todo su significado reside en lo que se puede oir y,

Ler máis

Accesibilidade para as webs 2.0

[D-633] A WCAG 2.0 Xa están aprobadas as WCAG 2.0 ou Pautas de Accesibilidade ao contido na Web para a Web 2.0 O 3 de novembro foi publicada a nova versión, continuación da versión anterior da que somentes temos, polo momento, o documento en inglés. A tradución oficial do documento en inglés ao castelán corre a cargo da Fundación Sidar, nacida tras seis anos de traballo do chamado Seminario Iberoamericano sobre Discapacidade e Accesibilidade na Rede. O último borrador feito por eles e do 11 de setembro do 2007 e dende entón cambiou bastante, así que teremos que agardar. Coas normas da WCAG 2.0 preténdese facilitar a aplicación das pautas de accesibilidade por parte das persoas encargadas de deseñar, crear, administrar e/ou controlar un sitios web, así como facilitar o seu recoñecemento polas entidades lexislativas. Organización e estrutura da WCAG 2.0 Para poder sacar á luz estas normas, a WCAG estivo recollendo e avaliando postas en práctica de sitios Web verdadeiros. Como resultado do estudio de diversas mostras, a versión para as webs 2.0 está organizada e estructurada de diferente xeito ca anterior. Así, as WCAG 2.0 organízanse en 4 principios fundamentais para a accesibilidade do contido: PERCEPTIBLE: O contenido debe poder ser recollido por un dos sentidos. OPERABLE: Os elementos da interacción presentes no contido deben poder ser manipulables. COMPRENSIBLE: Tanto o contenido coma os controles deben ser comprensibles. ROBUSTO: O contido debe ser suficientemente robusto para funcionar coas tecnoloxías actuais e futuras. A súa vez, cada un destes principios ven asociado a 12 directrices que proporcionan as metas básicas para facer o contido accesible, é dicir, serven para comprender posteriormente os criterios de éxito e implementalos. Os criterios de éxito son 60 en total. Hanse de cumplir e son testeables. Están ordenados segundo o nivel de cumprimento asociado, que se corresponden cos niveis A, doble A e triple A. As diferenzas entre a anterior normativa e a actual son difíciles de explicar, posto que un punto de verificación das WCAG 1.0 pode corresponderse con varios criterios de éxito ou con ningún en concreto das WCAG 2.0. Ademais os niveis de adecuación cambian dunhas pautas a outras. Niveis de conformidade Elimínase a polémica proposta de anteriores borradores de incluír niveis mixtos. Actualmente os niveis son: Nivel A: cando se cumpren todos os criterios de éxito de nivel 1 (A) de todas as directrices ou se proporciona unha versión alternativa conforme ao nivel A. Nivel doble A: cando se cumpren todos los criterios de éxito de nivel 1 (A) e de nivel 2 (AA) de todas as directrices, ou se proporciona unha

Ler máis

Bo Nadal

[D-629] Xa estamos nestas entrañables datas nas que gostamos de estar coas persoas achegadas, as mais queridas e a familia. Ista nova familia que nun ano de vida está a conformar un agarimoso lugar nos nosos corazóns, deséxavos unhas Felices Festas. Familia TADEGa.net

Beneficios da Realidade Virtual

[D-615] O instituto Guttman e o centro de Investigación en Ingenieria Biométrica (CREB) da UPC traballan nun programa de telerrehabilitación para o tratamento dos déficit orixinados por dano ccerebral alquirido, a través dun programa de realidade virtual. A investigadora Daniela Tous, do grupo de Investigación de Informática e Enxeñería da Universidade Politécnica de Cataluña e Josep María Tormos, xefe de investigación do Instituto Guttmann, presentaron un programa de telerrealidade de rehabilitación de secuelas cognitivas asociadas a danos cerebrais. o programa, denominado Plataforma para a rehabilitación cognitiva (PREVIRNEC) recrea un contorna en tres dimensións onde o paciente pode navegar para realizar diferentes tarefas cotidianas. “É a primeira vez que se fai un tratamento con estas tecnoloxías e de envergadura”, declara Josep María Tormos. A través do rato do computador, o paciente move unha man na realidade virtual para meter a compra na neveira, pór a mesa, preparar unha ensalada ou fritir un ovo, por exemplo. “Queremos que sexa un xogo estimulante e divertido para poder reforzar as conexións que queremos que se volvan establecer”, di Tormos. Con tarefas como estas, o paciente pode traballar o seu capaccidad de planificación, seccuencciación, categorización ou o uso da memoria. A sinxeleza do programa hac que o poidan utilizar todos os pacientes e ata fose da contorna clínico. “As tarefas poderanas facer desde o instituto, o seu ambulatorio ou a súa casa”, asegura Tormos. O software facilita tamén unha presentación en a web a través da cua pode programar os exercicios de forma personalizada. O tratamento leva un ano en funcionamento O Instituto Guttmann leva un ano utilizando o sistema, tempo durante o cal unas 250 persoas con ictus ou traumatismos cranioencefálicos se beneficiaron do tratamento. O xefe de investigación do Instituto Universitario de Neurorrehabilitación Guttmann aseura que “o mesmo procedemento pero adecuando o seu contido poderíase aplicar para a estimulación cognitiva en process de demencia ou en nenos que sofren trastornos de atención ou problemas de aprendizaxe”. O proxecto conta cun equipo multidisciplinar no que participan o Centro de Investigación Biomética da Politécnica de Cataluña, que se encarga do software de 3D e o equipo do Instituto Gutmann, referente en neurorrehabilitación. Enlaces de interese Enlace á Web do Instituto Guttman www.guttmann.com

Guía discapacidade neuromuscular

[D-622] Nace a primeira Guía de las Enfermedades Neuromusculares: información y apoyo a las familias, presentada o pasado 14 de novembro en Barcelona no XXV Congreso da Federación Española de Enfermidades Neuromusculares (ASEM) grazas á iniciativa  da Federación Española de Enfermidades Neuromusculares e á Fundación Solidaridade Carrefour. A guía ofrece unha ampla información sobre as enfermidades neuromusculares tanto ás persoas que as padecen, como as súas familias e aos especialistas que a tratan. Con esta fin, a publicación divídese en tres áreas: sanitaria, psicolóxica e social. Nelas recóllense as particularidades que viven as persoas afectadas por enfermedades neuromusculares nos diferentes ámbitos da súa vida. Do mesmo xeito, a guía contén diferentes apartados onde se inclúen teléfonos e direccións de organismos oficiais de interese, e aporta testimonios, un glosario, datos das entidades que forman parte da ASEM e páxinas web de utilidade. Para o director xeral da Fundación Solidaridade Carrefour, Guillermo de Rueda, a edición desta guía supón “dar respuesta a una de las demandas más importantes tanto de las personas que padecen enfermedades neuromusuclares como de sus familias”, e espera que “esta publicación sea una herramienta útil y que sea de gran utilidad para las personas que sufren este tipo de dolencias, sus familiares y el cuerpo sanitario”. Actualmente, a guía está editada por Formación Alcalá e poderá atoparse nas entidades que forman a ASEM, en hospitais e en entidades privadas ligadas ao campo da saúde e da discapacidade. Enlaces de interese Enlace á Guía na páxina Web de ASEM Galicia www.asemgalicia.com