IV Xornadas TADEGa (actualizado 24/2/10)

Na asociación aledámonos de presentarvos unhas novas xornadas para este 2010. Máis en concreto o venres 26 e sábado 27 de febreiro de 2010 no Salón de Actos do Pazo da Cultura de Pontevedra. O seu título Competencia dixital na atención á diversidade Os datos Avisos Relación (actualizada 24/2/2010) de persoas admitidas (En formato PDF). Aclaracións ás vosas preguntas Prezos de matrícula: (Ata o 15 de febreiro inclusive). Persoas socias de TADEGa e/ou DIVERTIC: 25 €. Persoas non socias: 45 €. Número de prazas: As prazas son limitadas e adxudicaranse por rigorosa orde de chegada das solicitudes rematando o prazo de inscrición o 15 de febreiro de 2010. Posteriormente, e só no caso de quedar prazas libres, admitiríanse solicitudes novas cun incremento de 20 € sobre o prezo de matrícula. Certificacións: Solicitada a certificación pola Consellería de Educación da Xunta de Galicia, válida para funcionarios, interinos e titulacións universitarias estén ou non en activo por un total de 10 horas. O número de horas máximo sen asistencia con dereito a certificado é do 10%. Coa lexislación vixente, a certificación obtida é válida para o baremo das oposicións, o que non resta que na vindeira convocatoria de oposicións se moficase algún aspecto da norma que puidera facer inviable o anterior, polo que a garantía absoluta de validez non é posible. Neste momento, e conforme se van producindo as inscricións estamos notificando por correo electrónico a conformidade correspondente de xeito individual e unha vez cumprimentados todos os pasos necesarios. No momento en que detectamos algunha anomalía tamén a advertimos por correo electrónico. Enlaces e datos de referencia E como o mellor que podemos facer é ir directos á substancia, aquí vos deixamos xa cos enlaces para acceder ao tríptico do programa, e para o proceso de inscrición: Enlace ao tríptico das xornadas: programa (En formato PDF) Actualizado o martes 23 de febreiro. Enlace ao formulario para inscribirse: inscrición. Relación de hoteis en Pontevedra (actualizado 16/2/2010) (En formato PDF). Formularios adicionais (para o profesorado de ensino non universitario) nos que se poden pedir axudas económicas e permisos de asistencia (En formato PDF). Enlace de Google coa ubicación do Pazo da Cultura de Pontevedra.

Que ordenadores precisamos?

O 2 de febreiro dende TADEGA lanzamos un formulario encamiñado ao proxecto Abalar – Escuela 2.0, que vai repartir ordenadores ou netbooks aos nosos alumnos, ¿pero alguén pensou nas características que deberían ter?. ¿E para alumnos con necesidades específicas e xa que o ordenador lles suporá unha tecnoloxía de apoio, serán os mesmos?. ¿E a accesibilidade?… QUE PORTÁTILES PRECISAN AS NOSAS ALUMNAS E ALUMNOS? Pois as aportacions recibidas foron as seguintes: RESUMO DE RESPOSTAS TOTALIDADE DE COMENTARIOS Como resumo, dende TADEGA creemos que todas as medidas encamiñadas á flexibilidade dun equipo optimizado ás necesidades dunha alumna con necesidades específicas de apoio educativo, deberian estudiarse con seriedade e incluso valorar un equipo cun tamaño maior de pantalla (17-19 pulgadas), mais memoria RAM, etc, pero cando menos deberia ter un equipamento con: Unha batería mais duradeira, mínimo 6 horas Mochila protexida para levalo Que a pantalla sexa táctil (tipo Tablet PC) Teclado resistente a auga 2 GB de RAM Lector de tarxetas de memoria SD/MMC/MS/MS Pro Marcas no teclado para persoas con problemas visuais ou cegueira Estandar Wifi N Webcam integrada No canto do sistema operativo, ademais de apostar por un sistema LINUX estaria ben dispor dun arranque dual, para asegurar o emprego de ferramentas de accesibilidade que de momento non hai para LINUX Grazas polas vosas aportacións TADEGa.net

Pacto educativo para todas e todos

Febreiro, día 16, a Inclusión no Pacto educativo de Estado vaise ao Congreso dos Deputados. O día 16 de febreiro, no marco da Iniciativa Inclusión no Pacto Educativo de Estado, temos concertadas diversas entrevistas no Congreso dos Deputados. Grazas ao apoio e traballo de todos poderemos o primeiro ser visibles, e presentar unha batería de medidas urxentes que se deben tomar para garantir os dereitos humanos dos nosos fillos. Sinalaremos todos os dereitos fundamentais que non se cumpren, garantidos tanto pola Convención sobre os Dereitos Humanos das persoas con discapacidade, a Constitución e a LOE. Explicaremos que dotación e recursos mínimos necesítanse para garantir en todo o Estado o dereito á Educación Inclusiva. Proporemos unha serie de medidas que establezan uns mínimos das Comunidades Autónomas, e unha vinculación das súas competencias educativas no respecto aos dereitos humanos dos nosos fillos. Pedimos que o Estado utilice os medios que ten para vixiar e garantir devanditos dereitos mediante o uso de medidas que xa existen, e que as Comunidades Autónomas vinculen os seus desenvolvementos lexislativos aos dereitos humanos: a alta inspección educativa, a concertación de políticas educativas e o establecemento de programas de colaboración territorial. E detallaremos unha serie de propostas para que ser desenvoltas mediante este tres vehículos xa existentes. Queremos agradecer o traballo de todos. Todas e cada unha das 4447 firmas contan e moito, e non digamos todas as pequenas mensaxes que se poden ler na folla de firmas. A todas as persoas e entidades que enviaron cartas, fixéronnos saber o seu apoio e tomaron iniciativas propias: Mil grazas. Grazas de corazón a todos os pais que enviaron o testemuño do que está a pasar cos seus fillos nos seus colexios. Sabemos o duro que é o simple feito de escribilo, así que queremos agradecérvolo especialmente, e que saibades que os vosos fillos veñen connosco ao Congreso dos Deputados. Temos confeccionado un libro, “O Libro Vermello da educación española”, que xa está en mans dos deputados cos que nos imos a reunir. É un libro “aberto” séguense recollendo e sumando casos, para que estea todo o que queira estar. Grazas a toda a comunidade bloguera pois recibimos un apoio tan extenso e xeneralizado que nos desbordou, véndonos obrigadas, por falta de tempo, a tomar a decisión de non recollelo no blog. Traballamos coa intención de que sexa por todos e para todos. Grazas a todos polo voso apoio e participación. Polos nosos fillos e polos vosos adiante! Inma Cardona, Marichu Moreno, Eva Reduello, Esther Cadrado e Cuca da Silva. www.pactoeducativoparatodos.blogspot.com

Actividades asociacion Bule Bule

A asociación Bule-Bule é unha asociación sen ánimo de lucro, de pais de nenos e nenas afectados por un déficit de atención con ou sen hiperactividade. Buscan o coñecemento destas características nos nenos por parte das institucións públicas, pais, mais, mestres, profesores e demais educadores; así como unha sabedora no eido do social para con eles. É dicir, colaborar cos traballos, estudos e integracións que favorezan o coñecemento da problemática do TDAH (Acrónimo de Trastornos por Déficit de Atención e Hiperactividade). Ofrécennos para as seguintes datas unha parella de actividades, inda que similares, moi complementarias. En primeiro lugar o 16 de abril, celebrarán en Lugo unha conferencia das 16:00 as 19:00 horas no centro cultura Caixa Galicia na Praza de Santa María co relator Don José Ramón Gamo Rodríguez, mestre especialista en audición e linguaxe, director técnico da fundación Educativa e director psicopedagóxico do Proxecto Lumen. Entrada libre Aquí tedes o cartaz informativo. (en formato PDF). En segundo lugar e non menos interesante temos un programa formativo para pais e educadores con catro talleres nas seguintes datas: 6 de marzo, 10 de abril, 8 de maio e 5 de xuño, e serán en sesión intensiva polas mañas dos sábados antes mencionados. O acceso será gratuíto para socios/as e para non socios/as será de 10 euros por persoa ou 15 por parella. Si queredes ampliar información sempre poderedes consultar a súa páxina web, tanto por estas actividades como por buscar información da sociedade, máis actividades, talleres, ligazóns, información sobre o trastorno… non perderedes o tempo. De tódolos xeitos déixovos a información de contacto: Asociación Lucense de Afectados polo Déficit de Atención, Hiperactividade e Trastornos da Conducta. Teléfonos: 617 355 442 / 617 355 826 / 982 20 33 16 Correo electrónico: bulebuletdah@gmail.com

Presentación iFreetablet

A Universidade de Córdoba presenta o primeiro sistema operativo libre para iFreeTablet. A rolda de prensa retransmitirase por Internet desde a nova Web do produto: www.ifreetablet.com Hoxe xoves, 4 de febreiro, ás 11.30 horas na Sala de Prensa do Reitorado da Universidade de Córdoba terá lugar a presentación do sistema operativo SIESTA, deseñado para ifreetablet polo grupo EATCO da Universidade de Córdoba. O novo sistema de software libre é o resultado do proxecto de investigación IPTV Municipal que dirixe o grupo EATCO, financiado polo Programa Avanza do Ministerio de Innovación en colaboración co Concello de Córdoba, a Fundación Rede Especial España e as Deputacións de Córdoba e Granada. Ao acto asistirán o director do grupo EATCO, Carlos de Castro, a presidenta do Consello Social, Anabel Carrillo, e o director xeral de Graef, distribuidora do hardware, José Gurrea. SIESTA pretende servir de ponte que rompa a brecha dixital existente entre os usuarios avanzados entusiastas da tecnoloxía e da Web 2.0 e aquelas persoas que xamais utilizaron un computador persoal. Para lograr este obxectivo conxúganse funcionalidades avanzadas cunha interfaz altamente intuitiva. SIESTA está baseado en software libre. Isto significa que poderá evolucionar coas achegas da comunidade de desarrolladores do software libre.

Que portátiles precisan os nosos alumnos?

O proxecto Abalar – Escola 2.0, vai repartir ordenadores ou net-books entre o noso alumnado ¿Pero alguén pensou nas características que deberían ter? E para o alumnado con necesidades específicas xa que o ordenador lles suporá unha tecnoloxía de apoio: ¿Serán os mesmos? ¿E a accesibilidade?… Axúdanos a respostar a todas istas dúbidas e así facer unha proposta seria e partindo da realidade. Cumprimenta este formulario. Graciñas

Dispositivos táctiles para a diversidade

O primeiro foi o iPad de Apple, pero iste 2010 do que levamos un mes será dende logo o da proliferacion de dispositivos táctiles. Ultraportátiles táctiles, e-books… a medio camiño entre ordenador e teléfono móbil ata Google saca o seu… o Nexus One E estade atentos porque as distintas empresas xa teñen preparadas as súas propostas: Dell, Lenovo, MSI…. e tamén o Grupo EATCO da Universidade de Córdoba, a Fundación Rede Especial España (FREE) e a Asociación de Entidades de Tecnoloxía de Apoio para a Autonomía Persoal (AETAP) en colaboración con CPMTI S.L. e CIMA S.L. presentaron un produto na mesma liña, o iFreeTablet, baseado en software libre e apto para uso educativos profesional e lúdico por parte de calquera persoa, aínda que deseñado para que persoas con dependencia poidan utilizalo con certa facilidade. Este ordenador ultraportátil de baixo custo con formato de tablet ten unha pantalla táctil de 10,2 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, opera cun procesador Atom N270 a 1,6 GHz, disco duro de 160 Gb, Ethernet, Wi-Fi, cámara de 1,3 Mpíxeles, 3 portos USB, saída VGA, lector de tarxetas de memoria, opción 3G, unhas medidas de 28 x 18 x 0,24 centímetros, un peso de 1,03 quilogramos e unha autonomía de 2,5 horas. O equipo xa pode reservarse, e agardan que o seu prezo estea entre os 300 e os 400 euros, aínda que non concretan a súa data de lanzamento. Como din na súa web: “A alternativa en software libre ao tablet de Apple” www.ifreetablet.es PD.: Sí, xa está reservado 😉 E en galego?

O día da paz

Nestes días que andamos a patadas co idioma, e remexendo na rede na procura dun video para usar nas aulas para o día da paz (30 de xaneiro), atopei esta pequena xoia, unha pequena luz sobre un xeito de facer ben as cousas. Canción -Imagine- en lingua de señas da serie de televisión Glee. O vídeo tomado de Youtube Pé de media (e descrición alternativa): Un vídeo da serie norteamericana -Glee- coa canción de John Lenon -Imagine- representada por un grupo de rapazas e rapaces estudantes con diversidade funcional uns si e outro non, e todos eles signándoa coa lingua de señas toda a canción mentres a cantan. O rapaz principal que dirixe o canto sen moito afinamento, é xordo e nótase na súa voz, porén os seus compañeiros, que se van engadindo á canción, converténdose todo nun conxunto impecable.

O pacto educativo

A plataforma Un grupo de nais e pais de nenos e nenas con diversidade funcional estamos creando unha plataforma pola Inclusión a nivel nacional. A idea da plataforma xurde polo abandono ao que están sometidos os nosos fillos e fillas en tódolos eidos da política do noso país. A primeira acción desta plataforma é reclamarlle a tódalas administracións do territorio español unha educación inclusiva de calidade. Vemos que os nosos fillos son novamente excluídos á hora da redacción do Pacto Educativo. Non se nomea para nada ningunha actuación que contemple as necesidades que sabemos que se deben cubrir. Os nove puntos deste pacto que pregoan os políticos son: O mal pacto educativo que se está a formar Cultura do esforzo. Propiciala, así como a esixencia e unha política de calidade sostida no coñecemento, as competencias e os valores. Impulso das bolsas. Recoñecer os logros da universalización da educación e garantir unha política de bolsas que garanta a igualdade de oportunidades. Flexibilidade. Facer o sistema moito máis flexible e máis integral, que relacione as etapas educativas. Un ensino máis individualizado. Fracaso e abandono. Loitar contra estes dous problemas. Incidir nas causas e propostas e facer innovacións en medidas educativas e sociais. Escolarización temperá. Harmonizar o sentido e as condicións da etapa de tres a seis anos para loitar contra o fracaso. FP integral. Lograr cualificacións máis específicas e vinculadas ás demandas sociais e que os centros estean vinculados ao desenvolvemento dos territorios. Modernización. Promover a aprendizaxe a través das novas tecnoloxías e potenciar o de idiomas. Universidade internacional. Promover a agregación e a excelencia e definir un modelo de financiamento para ela. Profesorado. Apoiar a figura do profesor, a súa formación permanente, dotarlle de recursos e promover a carreira docente. Como contestación a isto temos un blog para recoller firmas e con modelos de cartas para enviar ás forzas políticas e a institucións que teñen na súa man que se reforme este pacto educativo. O que nós demandamos para os nenos e nenas con diversidade funcional é que que a totalidade dos Centros Educativos teñan asegurada a accesibilidade en xeral: A física: Adecuación de contornas físicas utilizables para todos. Axudantes Técnicos Educativos que asuman: o apoio nas distintas actividades básicas da vida diaria dos nenos como ir ao baño, apoio en comedor, cambio de roupa para actividades deportivas, desprazamento e apoio na aplicación na aula das actividades programadas para o alumnado, así como en excursións, no recreo e calquera actividade extraescolar. Incorporación das TIC (Tecnoloxía da Información e Comunicación) ás aulas, asegurando a accesibilidade aos nenos con diversidade funcional cos apoios que requiran

Ler máis

O ensino en Galego

Presentación Ola, son Juan e teño o pracer de presentarvos o primeiro artigo que Iago Pérez Santalla nos remite a esta bitácora. Pensei nun principio non facer presentación previa ningunha e que este artigo fose seu de principio a fin. Pero dado o seu especial relevo (é unha parte da súa tese doutoral na que agora traballa sobre o movemento estudantil) e de que non todos e todas ao mellor o recoñecedes na primeira de cambio, penseino mellor e preséntovolo novamente. Iago presentándose a si mesmo na galega Pé de media (e descrición alternativa): Vídeo no que a canle de televisión galega entrevista a Iago Santalla sobre o seu libro O ilímite de pensarte libre así como explicando polo aire algúns dos seus proxectos e ideas vitais. Máis datos Por medio de Luluxa coñecémolo neste caderno dixital ou bitácora en setembro de 2009 ao presentar o seu libro O ilímite de pensarte libre Tedes o artigo no seguinte enlace: tadega.net/Bitacora/?p=1151 e penso que, xa de aquela, descolocounos a moitos e admirámolo. Dende aqueles días pedímoslle máis letras súas, e como home de compromiso, aquí nos chega cunha nova entrega. Graciñas Iago. E agora aquí vos deixo con Iago O ensino en Galego, por Iago Santalla Deixaron ó neno deprender a andare, deixaron que o peixe puidera nadare, e legalizaron que o trono tronare, ¡e os nenos galegos, galego falare! (Saraibas) No ano 1980 o grupo coruñés Saraibas, cantaba a xeito de pandeirada o que semellaba ser unha lexislación favorable ao ensino en galego. Non era unha concesión xenerosa do estado, que nunca tivo ningunha con Galicia. Era froito dunha loita que viña de atravesar unha longa noite de pedra. Hoxe dise que dende Madrid se cedeu moito. Non é certo, como tampouco o é que todo o que se recolleu no marco xurídico a prol da nosa cultura fose froito dunha idea plural de España. Esta idea xa viña da tradición republicana que o franquismo tratou de esmagar en todos os sentidos (especialmente no cultural). Se reparamos en ler as crónicas da transición, sobre todo do movemento estudantil e da canción protesta, caeremos na conta de que naquela época había un interese por coñecerse e recoñecerse que hoxe desgraciadamente non existe. Cantar en galego, catalán ou euskera, non supuña unha barreira, senón todo o contrario. Están ben documentados os concertos de Voces Ceibes en Madrid, Barcelona, Asturias e outras cidades; pero tamén por países como Portugal ou Francia, onde enchían locais sociais, campus, e nalgún caso, teatros. Cantaban sempre en galego! E daquela eran recoñecidos pola súa calidade. Isto non lles impedía

Ler máis