Que ordenadores precisamos?

portatil

Imaxe pictográfica dun ordenador portátil

O 2 de febreiro dende TADEGA lanzamos un formulario encamiñado ao proxecto Abalar – Escuela 2.0, que vai repartir ordenadores ou netbooks aos nosos alumnos, ¿pero alguén pensou nas características que deberían ter?. ¿E para alumnos con necesidades específicas e xa que o ordenador lles suporá unha tecnoloxía de apoio, serán os mesmos?. ¿E a accesibilidade?…

QUE PORTÁTILES PRECISAN AS NOSAS ALUMNAS E ALUMNOS?

Pois as aportacions recibidas foron as seguintes:

RESUMO DE RESPOSTAS

TOTALIDADE DE COMENTARIOS

Como resumo, dende TADEGA creemos que todas as medidas encamiñadas á flexibilidade dun equipo optimizado ás necesidades dunha alumna con necesidades específicas de apoio educativo, deberian estudiarse con seriedade e incluso valorar un equipo cun tamaño maior de pantalla (17-19 pulgadas), mais memoria RAM, etc, pero cando menos deberia ter un equipamento con:

  • Unha batería mais duradeira, mínimo 6 horas
  • Mochila protexida para levalo
  • Que a pantalla sexa táctil (tipo Tablet PC)
  • Teclado resistente a auga
  • 2 GB de RAM
  • Lector de tarxetas de memoria SD/MMC/MS/MS Pro
  • Marcas no teclado para persoas con problemas visuais ou cegueira
  • Estandar Wifi N
  • Webcam integrada
  • No canto do sistema operativo, ademais de apostar por un sistema LINUX estaria ben dispor dun arranque dual, para asegurar o emprego de ferramentas de accesibilidade que de momento non hai para LINUX
  • Grazas polas vosas aportacións

    TADEGa.net

Comparte este artigo

4 Comentarios

  1. En este blog hay ofertas de trabajo para discapacitados, espero que no os importe que lo comente aquí:

    http://trabajosparadiscapacitados.blogspot.com/

    Gracias

    Saludos

  2. Enterome tarde da enquisa, como casi sempre, pero ahí vai a miña aportación, sinto ben que sexa algo extensa.
    Definir un portatil para o alumnado con NEE e como non definir nada, porque cada neno é un mundo. Claro está que a batería ten que durar moito e mellor se a pantalla e tactil. Para alumnado que precise levar o portatil a todas partes e que o use como sistema de comunicación é vital que sexa rugerizado como este (http://www.xataka.com/tablets/algiz-7-un-tablet-todoterreno-que-lo-aguanta-todo). Como vedes os rugerizados xa inclúen moitas das prestacións solicitadas e algunhas mais. Están pensados para o seu uso en condicións extremas. Se únicamente nos interesa un teclado resistente á auga unha opción moito maís barata e un teclado de silicona USB de 10 euros que ademais se enrolla (non ocupa e é lixeiro).
    A min preocúpame mais a pantalla. Un rapaz con NEE que depende do seu ordenador precisa dunha boa pantalla e de momento nese apartado suspenden casi todos (os rugerizados dan algo mellor resultado porque veñen pensados para uso en exterior), e imos ter que esperar ao perfeccionamento e abaratamento do tinta electrónica ou das pantallas AMOLED.
    Eu directamente evitaría incluir Windows e permítome dudar que Linux non teña opcións de accesibilidade que sí ten Windows (mais ben ao contrario). Pero si realmente pensamos en Linux como accesorio, eu penso que Triquel Sugar (http://trisquel.info/es/trisquel-con-sugar) nun pendrive é unha opción a ter en conta.

  3. Graciñas Fátima, vou ler isto con moita calma… tenche boa pinta.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.