Curso de verán UIMP
Do 29 de xuño ao 3 de xullo de 2009 celebrarase na Sede de A Coruña un curso titulado (1) “Impacto de las Tecnologías de la Información y las Comunicaciones en las personas con discapacidad. El camino a la autonomía personal. ” dirixido especialmente a alumnos da Universidade da Coruña coas titulacions de Informática, Terapia Ocupacional, Logopedia, Mestres, Fisioterapia e Enfermería. Tamén está especialmente destinado a profesionais de centros socio-sanitarios relacionados coa discapacidade como son los centros de día públicos, os equipos de valoración da Lei de dependencia, centros xerontológicos, asociacións e colectivos de persoas con discapacidade, etc.
Este curso está organizado pola Universidade Internacional Menéndez Pelayo (UIMP) e dirixido por Javier Pereira Loureiro. Doutor en Informática. Profesor Titular de Escola Universitaria da Facultade de Ciencias da Saúde. Campus de Oza. U. de A Coruña
TADEGa está presente para falar das últimas novidades e do proxecto “Contos Adaptados e Accesibles” recentemente elixido polo MEC para desenvolver contidos dixitais que melloren a comprension lectora desde esta perspectiva accesible e inclusiva.
Pero o (2) programa vai moitísimo mais aló: Proxectos Orange, EO Prim, ONCE, B&J Adaptaciones, Iriscom, JCLIC, LIM, CEAPAT, Autismo Galicia, COGAMI, Aumentativa.net, Comunicador CPA, Grupo Adeuno, CETTICO, etc. etc.
Vémonos??
(1) Mais información e inscricion