Un proyecto artístico-tecnológico

La Mesoesfera La Mesosfera es una mesa de aprendizaje lúdica interactiva pensada para que profesor y alumnos, desde infantil a bachillerato, trabajen en grupo en cualquier asignatura. (superficie multitáctil para 8 a 10 alumnos). La Mesosfera no tiene contenidos, tiene las funcionalidades necesarias para que el grupo los genere trabajando (3 paletas de expresión plástica, lingüistica, musical y seis niveles de trabajo). Una nueva herramienta educativa que habla el lenguaje de las generaciones digitales, y es espacio de encuentro entre profesores y alumnos. La Mesosfera puede enriquecer y estimular las inteligencias múltiples innatas en cada niño. El objetivo es ofrecer al niño fórmulas nuevas de aprendizaje fuera de los libros y métodos convencionales. Educarles utilizando la herramienta más familiar para ellos: la tecnología. (La tecnología será pronto asequible para todo el mundo. Manuel Castells afirma con razón que será el e-learning la única alternativa real para que terceros y cuartos mundos sean capaces de generar riqueza por si mismos.) Enlaces Enlace a la web del proyecto UTANI: www.utani.org Enlace al Proyecto Ánimo de dificultades en el aprendizaje: www.utani.org/2009/01/07/proyecto-animo

Vidas en el silencio

Informe Semanal, 12 de Septiembre de 2009: Vidas en el silencio En España hay 300.000 personas con autismo, una dolencia cuyo origen todavía se desconoce y que afecta a la comunicación de las personas que lo padecen. Las personas autistas necesitan estimulación permanente y, aunque no en todos los casos, muchas tienen problemas de conducta que dificultan todavía más su relación con los demás. El problema del autismo, y las dificultades que tienen las familias, se ha tratado a menudo poniendo el foco en los niños donde la administración pública centra sus esfuerzos. Pero el autismo es un trastorno que no tiene curación y por eso, INFORME SEMANAL se fija esta semana en los adultos, en las Vidas en el silencio, de miles de personas que luchan por integrarse laboral y socialmente y que reivindican su derecho a ser visibles. Enlace al video en formato flv http://www.informesemanal.tve.es

Previo LIM 3.2

Se hai uns días dabamos conta da aparición de Xandre, o elefante sen sombra, o conto interactivo feito polo grupo de Contos adaptados e accesibles en formato LIM, agora aproveitamos para comentar as novidades que veñen de xurdir no LIM 3.2 co que se fixo este conto. [iframe http://educalim.com/probas/lim32ej/lim32ej.html 410 342] Ademais de facer probas cos principais navegadores de Internet Firefox, Chrome, Opera e Internet Explorer, a version 3.2 ten as seguintes melloras na accesibiliade: Fai unha detección automática da presenza dos lectores de pantallas Jaws, NVDA , etc. nos que se verificou o funcionamento. Activa o focus de xeito automático e movémonos coa tecla Tabulador, Enter e Barra espazadora para obter información en audio da pantalla na que nos atopamos, así como dos botóns principais. Ao entrar na páxina dase lectura á cabeceira, aos textos coa tecla de tabulación e ás descricións alternativas das imaxes. Ademais hai novos tipos de paxinas, agora ata 51, con crebacabezas irregulares, etiquetas, fórmulas, novas peles e un logo etcétera, como un editor visual para as páxinas de imaxe e texto, Menú… ligazóns a internet e saltos a páxinas do libro… e o autor pode fixar o avance ou retroceso entre páxinas, pode eliminar o fondo da barra de navegación e a banda superior. Ah! A versión 3.2 de EdiLIM tamén elimina espazos, ñ e acentos dos nomes de arquivos. Os cambia por outros caracteres, así evitamos posibles fallos en internet. Ligazóns: Contos de Xandre: http://www.contosdexandre.net/ Educalim: http://www.educalim.com/probas/edilim_gz.zip Google-Lim: http://groups.google.es/group/lista-lim Axuda Lim: http://educalim.com/probas/lim32ej/lim32ej.html Por favor se tedes calquera suxestión ou informe de erro podedes respostar neste artigo ou no grupo Google-LIM.

Préstamo tecnolóxico TADEGa (actualización II)

Seguimos co servizo de “préstamo tecnolóxico” na Educación Galega e parecemos aboados a unha única marca pero vaia por diante que non hai relacion algunha e so tratar de achegar os aparellos que nos parecen mais axeitados para un uso dentro, por e para as aulas. A novidade: http://www.geekets.com/2009/06/16/asus-t91-un-tablet-netbook-muy-interesante/ (Exemplo pasado do préstamo do EeeTop)”Tivemos durante uns días unha nova ferramenta de traballo, un ordenador con pantalla táctil, grazas a isto , tod@s podemos manexar o ordenador sen problema e sen lios co rato. O resultado foi moi bo, a un fácil manexo, se únelle a posibilidade de utilizalo en parellas sen ter que pasarse o rato ( co enredo que iso supón), a motivación para esta nova ferramenta é moi grande, ademais, cun mínimo de adestramento ata os máis pícaros do cole úsano sen problema. Lucas e Conchi (Vincis) resolveron unhas actividades de LIM sen problema.” Eres socia ou socio de TADEGA? Queres acceder ao servizo de préstamo tecnolóxico? Envía o documento de colaboracion ao enderezo colaboracions (arroba) tadega.net e atenderemos o teu caso canto antes. Actualización Elementos actuais de TADEGa en préstamo:

Lanzamento Programa In-TIC

Será o vindeiro 22 Xullo no Centro de Novas Tecnoloxías de Santiago ás 12 horas e estades todos invitados. Será un acto de aproximadamente 1 hora e una usuaria de ASPACE con parálise cerebral empregará esta ferramenta para contar ao auditorio a súa experiencia e impresións do sistema Tratase dunha aplicación que permite mudar o aspecto do Windows para facilitar o seu uso. Además pode ser empregado coma un comunicador dinámico. Integramos todos os pictogramas de ARASAC clasificados e una colección dos sonidos do MEC. Será completamente gratuito e descarase da Web aínda que ese día repartiranse a versión en DVD. Está en galego, castelán e inglés A entrada será libre e desexamos ter una boa afluencia para demostrar que existe interés e demanda deste tipo de solución. Javier Pereira – IMEDIR – UDC Ligazóns: Video do funcionamento do sistema Nota de prensa

Empresas TIC e Diversidade Funcional

Lemos estes días en Código Cero, que a Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías de Información e Comunicación (AGESTIC) celebrou esta semana en Santiago unha xornada encamiñada a atopar recursos contra a fenda dixital que afecta ás persoas con diversidade funcional ou que pertencen a sectores sociais con risco de exclusión. O encontro, desenvolvido no Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia (Consellería de Traballo), serviu tamén para ir máis alá da simple localización do problema: o que se pretendía, en última instancia, é que o problema desapareza e os devanditos colectivos fagan o uso máis pleno das novas ferramentas de todos os usos posibles. Obxectivo: que se sirvan delas para mellorar a súa calidade de vida. Entre outros participantes, a xornada contou coa colaboración da secretaria xeral de Familia, Susana López, para quen a tecnoloxía non é só información, tamén representa inclusión. Ao seu xuízo, ten que conducir, por forza, cara a unha sociedade máis xusta e integrada que teña máis en conta ás persoas. Ao longo do encontro, informa AGESTIC, tamén se puído asistir á presentación de Iriscom na nosa terra, un dispositivo desenvolvido pola Fundación Tecnoloxía Social para as persoas con diversidade funcional que non poidan mover ningunha parte do seu corpo máis que os ollos. A ferramenta permítelles que por medio da acción dos iris, poidan manexar o rato e o computador e poidan chegar a comunicarse plenamente. Segundo sinala a organización da xornada, en Galiza xa hai varios destes dispositivos nos fogares de varias persoas con este tipo concreto de diversidade. Na xuntanza celebrada en Compostela tamén fixo acto de presenza o propio presidente de AGESTIC, José María López Bourio, quen anunciou que será el mesmo quen dirixa as actividades de afianzamento da FTS no noso país, co obxectivo de incrementar a dispoñibilidade de instrumentos doados de empregar polos devanditos colectivos sociais e contribuír así a incrementar a súa calidade de vida. Por certo que no encontro tamén participou arreo o investigador Enrique Varela, quen aproveitou a ocasión para dar a coñecer o dispositivo Kapten, ferramenta tecnolóxica para guiar ás persoas invidentes a través de GPS e cun sistema que non precisa de pantallas. O aparello, que funciona coa voz, respóndelle ao usuario cando este lle fala (co fin de emprazalo no vieiro axeitado). Segundo se sinalou durante a xornada, FTS Galicia ten a intención de dalo a coñecer polo miúdo poñéndoo en xogo durante o Ano Xacobeo e guiando, a través do sistema, a un nutrido grupo de peregrinos ao longo do Camiño do Santiago. Código Cero

Curso verano UIMP (III)

Tercer día: – CEAPAT – Autismo Galicia – CDR Fingoi. COGAMI – Espacio Europeo de Educacion Superior http://ceapat.org/programas.do http://cuentapictos.blogspot.com/