Seica temos Blidget propio

O tema dos widgets revolucionou, revoluciona e revolucionará a blogosfera ( blog + widget = blidget ), xa non temos que facer filigranas co deseño e encher abondosas liñas de código para decorar, comunicar ou reformar a nosa web, aquí si que ten cabida o malogrado WYSIWYG que tanto se prodiga nas ferramentas da rede. Un TADEGa de peto para que estes á última das novas, para que o sindiques, para que o vexas no móbil, para que leves de viaxe 😉 . Xa non tes excusa para non estares informado!!!! [D]

Ao fin, síntese de voz en galego

[D] Dentro da ONCE moita xente leva moito tempo loitando para que a síntese de voz (entre elas o Jaws) nos falen en galego, catalán e euskera. Ao fin conseguiuse, creouse un CD con distintas voces, non son unha marabilla, pero… mellor que nada… A información respecto diso que nos chega do CIDAT (Centro de Investigación, Desenvolvemento e Aplicación Tiflotécnica) da ONCE é a seguinte: http://cidat.once.es/home.cfm?excepcion=52&idproducto=280&idseccion=10 Voz de Telefónica I+D é unha síntese compatible con programas que traballan con SAPI 4.0, como podan ser: Jaws, ZoomText ou LectoText. É capaz de falar con dúas voces en castelán chamadas Miguel e Ana, unha en catalán chamada Jordi, unha en euskera chamada Julen e outra en galego chamada Xoan. SAPI, de Speech Application Programming Interface (Interfaz de programación de aplicacións de fala), é un conxunto de ordes a baixo nivel de código máquina que permite aos programadores de aplicacións facer programas sen necesidade de ter que escribir ordes especiais cada vez que teñan que facer que o ordenador fale.

Xa temos o noso propio IBSN

[D] Pois si, xa temos o noso propio IBSN (Número de Serie de Blogs de Internet) que identifica inequívocamente na Internet calquera dos documentos que aquí se publiquen (equivalente aos ISBN dos libros e aos ISSN de revistas e xornais). Veredes ademais que acadamos unha numeración simpática (os prefixos telefónicos das 4 provincias galegas agás Ourense que nos quedamos coa última, mágoa porque o IBSN debe conter 3 guións e 10 díxitos). Recoméndase aos curiosos na materia, ver o que a Wikipedia pon sobre o IBSN (non ten desperdicio) no enlace (http://es.wikipedia.org/wiki/IBSN) e así como o xeito de conseguir un IBSN para un blog no enlace (http://ibsn.org/es). De todos modos, débese lembrar que o IBSN é só para cadernos de bitácora e non para ningún outro tipo de documentos electrónicos e só un para cada bitácora. Quen sabe? Ao mellor tamén poderíamos acadar un ISSN e, polo tanto, facer que os artigos publicados sexan rexistables a baremables en prol dos seus autores.

Non todo é cacharrear

[D] Non todo vai a ser falar de ordenadores, cables, programas; tamén é hora de reflexionar, de pensar, de calibrar e avaliar canto estamos a facer ou de ata onde queremos chegar, de se os nosos esforzos van por bo camiño, de se realmente somos libres ou alguén nos está a vender a moto. Por iso sempre se agradece que alguén faga estas reflexións e nos dé un tirón de orellas cando compre facelo. Nesta liña, saudamos ao caderno de bitácora do noso compañeiro José Vidal (http://www.espacioblog.com/jvidal) moi centrado nestas lides e cun bo grao de perspicacia. Auga fresca pola mañá coa que, de cando en vez, debémonos refrescar, e discutir claro está, porque afortunadamente aquí ninguén é perfecto ¿Onde tería eu sitio senón? Noraboa José!

EVIN: Estimula a visión na rede

EVIN é unha plataforma web para a estimulación visual de nenas e nenos con baixa visión. Isto é o que din: “esta estimulación se realizará mediante juegos para ejercitar al usuario en diferentes tareas visuales y así mejorar sus capacidades perceptivovisuales“ Todos os exercicios e xogos realízanse on-line e os estímulos que se presentan son bastante configurables. Nun principio arrancan con dous xogos Exploracións e puzzles, pero teñen a intención de achegar máis. Para o tema deste artigo relacionado coa discapacidade visual recomendo o caderno de bitácora Interedvisual, que ofrece noticias e recursos para profesores.

Regular a accesibilidade de persoas xordas

Vía (DiarioSigno.com) atópamonos esta nova moi interesante sobre a accesibilidade das persoas xordas e as Novas Tecnoloxías e a súa regulación nos EEUU. Parece que unha coalición de organizacións para as tecnoloxías accesibles (COAT) composta por 45 organizacións promoverá accións e aprobará regulamentos lexislativos que den garantías sobor da accesibilidade da rede e dos medios dixitais. A rede, os dvds, os videoxogos, a tv, a VOIP…todo parece ter cabida nesta iniciativa. ¿Seguimos apuntando? Aínda que o seguinte vídeo explicativo de YouTube está en Inglés coido que pillaremos algo 😉 [D] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/SDJt-dp–Oo” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Un pueblo entero

Dice un proverbio africano que para educar a un niño se necesita un pueblo entero… Pues bien, la escuela, según esto, solo es un parche en la gigantesca rueda de la Educación… Cuando veníamos hacia aquí, tarde, a toda velocidad, sin encontrar aparcamiento… con las prisas yo me bajé a cuidar de una plaza que quedaba libre porque mi compañera, que conducía, no quiso interrumpir el tráfico y prefirió dar una vuelta a la plaza de Cuatro Caminos. Pues sucedió que llegó un gran señor con un gran coche y por más que le expliqué que esa plaza la estaba reservando, que inmediatamente la íbamos a ocupar, pues el gran señor empezó su maniobra de aparcamiento con su gran coche, ninguneando lo que yo le decía, y con una agresividad casi física, poniendo en riesgo mi integridad personal… Su hijo, un adolescente, aprendió, con los ojos muy abiertos y gran atención la magistral lección paterna…

Encontros entre o ensino medio e a Uvigo

[D] As VIII Xornadas de comunicación entre o Ensino Medio e a Universidade de Vigo, celebradas os pasados días 8 e 9 de marzo no campus de Ourense, foron realmente moi interesantes xa que puxeron en coñecementos os cambios que van a producirse cando entre totalmente en funcionamento o Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Unha das ideas trasladadas a todos os asistentes foi o de que aínda hai moita improvisación neste tema, xa que o Real Decreto polo que se regula a creación dos novos títulos de Grao e Posgrao nas diferentes titulacións esta todavía sen definir e, que este retraso na súa publicación, vai supoñer moita rapidez na posta en funcionamento deste novos plans de estudos, xa que o calendario establecido para o seu inicio comenzaría para o próximo curso académico. Por outra banda, comentar que estiveron, coma sempre, favulosamente organizados e, que o trato dado a todos os asistentes foi moi afable e todos os relatores amosáronse moi cercanos e accesibles para calquera tipo de consulta ou para ampliar a información dada, ben de xeito directo como por medios tecnolóxicos.

NEE e software libre

[D] Ola! Son o orientador do CEIP de Camariñas. Estou a facer un curso denominado “Entrans” no que se intenta colaborar na elaboración e traducción do software galego a través da plataforma Mancomun.org Penso que hai moito material que se pode traducir e adaptar ao galego. A plataforma acaba de nacer pero xa temos polos centros software libre como o Open Office, o Firefox… Espero que co tempo tamén haxa programas e material para traballar co alumnado con NEE.

TADEGa nos premios Eganet

[D] TADEGa.net está inscrita como participante nos premios Eganet (www.eganet.org – www.premioseganet.com). Por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías convoca os Premios EGANET, continuando deste xeito a premiar os proxectos de empresas e profesionais galegos que traballan en prol do desenvolvemento do sector TIC na nosa comunidade. A nosa candidatura quedou rexistrada na categoría de “Premio Tecnoloxía Accesible” ¿Quen sabe? Ao mellor …