Moscas a Canonazos

[D] Debo comezar dicindo que non falo en representación de TADEGa senón que expreso a miña opinión persoal. Ao ler as noticias sobre a educación e as novas tecnoloxías destes días, especialmente a raíz da recente publicación por parte do Consello Escolar de Galicia do “Informe sobre o estado e a situación do sistema educativo en Galicia. CURSOS 2002-2003, 2003-2004 e 2004-2005” levo as mans á cabeza alporizado polos datos que se van desgraendo: “CódigoCero.com (17/4/2007). A Asociación de Enxeñeiros en Informática de Galicia alerta ante a deficiente formación en novas tecnoloxías no ensino secundario da nosa comunidade. O pasado 10 de abril fíxose pública a alerta do Consello Escolar de Galicia ante o “alto atraso” dos alumnos galegos nas novas tecnoloxías. Iste informe revela as grandes deficiencias que se detectan na formación en informática e novas tecnoloxías no ensino secundario na nosa comunidade. Dende a AEIG levamos xa tempo detectando e poñendo de manifesto este feito, que non só provoca unha falta de competitividade no terreo laboral para os profesionais galegos do futuro, senón que supón unha lacra para o desenvolvemento tecnolóxico da nosa comunidade.” “Faro de Vigo (10/4/2007). PIDEN MÁS FONDOS Y FORMACIÓN ESPECÍFICA PARA LOS DOCENTES EN MATERIA DE SOCIEDAD DE LA INFORMACIÓN. El Consello Escolar alerta del “alto atraso” de los alumnos gallegos en las nuevas tecnologías. Galicia “lleva un alto grado de atraso” en la introducción masiva de las nuevas tecnologías en la escuela, y es “urgente la generalización” de la informática y las telecomunicaciones en todos los colegios para “reducir distancias con los vecinos europeos y los demás países avanzados”. Ésta es una de las recomendaciones hechas en el último Informe sobre el Estado y la Situación del Sistema Educativo en Galicia.” Máis datos: O citado informe é un documento de 710 páxinas no que se fai, en apariencia, unha fonda análise do sistema educativo. Adícase un capítulo enteiro (capítulo 6) á atención á diversidade no sistema educativo (132 páxinas) e un subcapítulo (sub. 4 do capítulo 9 en 10 páxinas) ao uso das TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) pero nestas sesudas análises: Non se menciona en ningún punto o uso das TIC na Atención á Diversidade. (Agás unhas levísimas citas en aspectos moi xenéricos de intención na atención hospitalaria, a formación de adultos ou a investigación na educación especial). O único punto onde se cita textualmente a “accesibilidade” é na páxina 408 onde dí: “proxecto C (IES de Fene-Fene): Tecnoloxías encamiñadas á accesibilidade no sector de automoción.” Nada que ver, polo tanto, coa accesibilidade das tecnoloxías para as persoas con discapacidade no ensino.

Ler máis

A accesibilidade nas Cortes

[D] Segundo se veñen de facer eco nos distintos medios de comunicación, este venres (13 de abril) o Consello de Ministros acaba de remitir ás Cortes o ‘Proyecto de Ley de Medidas de Impulso de la Sociedad de la Información‘ E, dentro das numerosas medidas que nel se establecen figura: Internet más accesible para discapacitados y personas de edad avanzada. Se establece que las páginas de Internet de las Administraciones Públicas satisfarán el nivel medio de accesibilidad, según los criterios de accesibilidad generalmente reconocidos, antes del 31 de diciembre de 2008. Este mismo requisito será aplicable a las páginas con financiación pública, a las páginas de las empresas que gestionen servicios públicos y a las empresas obligadas a facilitar un medio de interlocución telemática con sus clientes. Para algúns podería pasar desapercibido este asunto, aínda que é da máxima revelancia ¿Por qué? Aínda que a accesibilidade (web ou de calquera outro tipo) está contemplada pola ONU como un dereito universal e España está adherida a esta convención, e aínda que tamén a Unión Europea establece esta máxima, en España aínda non se lle deu “forma legal precisa” á accesibilidade, e menos aínda, á accesibilidade web. Ata agora, as únicas normas legais que fixan, no estado español, a accesibilidade web son: A LIONDAU (LEY 51/2003, de 2 de diciembre, de igualdad de oportunidades, no discriminación y accesibilidad universal de las personas con discapacidad). A LSSICE (LEY 34/2002, de 11 de julio, de servicios de la sociedad de la información y de comercio electrónico). O conto é que estas leis abordan a accesibilidade de xeito xeral, e demandan a accesibilidade web de xeito obrigatorio para todas as administracións públicas e para todos os organismos e entidades sostidos con fondos públicos. Pero sen prazos de tempo para cumprirse nin xeitos de decir exactamente qué tipo de accesibilidade nin qué nivel. Todos agardabamos a que aparecese unha norma que explicitase estes termos e, segundo os borradores aos que tivemos acceso, exixíase: Que este nivel de accesibilidade se acadase no 2007. Que fose baixo a normativa WAI-W3C nivel AA. Que fose certificable mediante un organismo externo como pode ser, por exemplo, AENOR. Sexa como fose agora aparece este proxecto a debater nas Cortes ¿Será esta a concretización agardada? ¿Terá ese nivel de concretización ou buscarán portas traseiras para burlala? Non é baladí o resultado final que poidan deliberar “as súas señorías” e tanto os medios de comunicación como os “cidadáns de a pé” non parecen estar moi preocupados por este “asuntiño” á vista doutros aparentemente máis relevantes ¡Escoita que chove! Para máis información, consultar en: O Caderno

Ler máis

Zlango: sistema pictográfico de comunicación 2.0

[D] Zlango (http://www.zlango.com/), é unha divertida ferramenta que permite sen necesidade de rexistro crear frases usando símbolos predefinidos ao estilo do SPC (Sistema Pictográfico de Comunicación). Polo de agora só “traduce” verbas en inglés pero é un recurso interesante para o seu uso na aula ( 😉 exacto estou pensando en vos, compañeiros/as da ClaseBlanca). A mensaxe pode enviarse por correo electrónico, publicarse nun caderno de bitácora ou deixalo como testemuña na propia plataforma. Tamén teñen un servizo para móbiles ao estilo SC@UT (Sistema de Comunicación Aumentativa y adaptativa) (http://www.ugr.es/~scaut/) A ver cantos de vós conseguides descifrar a miña mensaxe: [D] Déixovos un vídeo do máis simpático: [D] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/TlTlYCqOnb4″ width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]

Banda deseñada online

Co gallo das xornadas de hoxe (Docentia 12/05/07) e despois de recibir algúns mails pedindo máis información sobre o tema das ferramentas vía web, achégovos unha das máis demandadas, un “cómic online” da man da plataforma toondoo (www.toondoo.com). [D]

TADEGa en DOCENTIA 2007

Vía email por Juan: “Ola rapaces. Como tiña aviso de que ao mellor os medios non respondían axeitadamente e de que polo tanto puidera non ter dispoñible o acceso a Internet, fíxenme unha presentación en PowerPoint co material que precisaba tanto para a presentación con Felo (Venres) como para a presentación de Abraham (Xoves). O que significa que é unha presentación na que irei rapidiño cando toque uns temas e pausado cando toque outros conforme se presente a ocasión. Espero que quede á vosa satisfacción. Unha aperta Juan.” Aquí está a presentación ;)[D]

Tadega nos medios de comunicación

[D] Estabamos de noraboa e o seguimos estando. A raíz do premio EGANET 2007 do que xa dimos conta en artigos anteriores, distintos medios de comunicación fixéronse eco deste evento, e máis por deixar constancia no noso arquivo histórico que gardamos nesta bitácora que por autobombo (a pesares do que puidera parecer 🙂 ) queremos deixar aquí postos os enlaces máis significativos a estes recoñecementos (en orde cronolóxico): O relato segundo o propio xurado (29/3/2007): (enlace) A noticia en ‘El Correo Gallego‘ (29/3/2007): (enlace) En ‘La Voz de Galicia‘ (30/3/2007): (enlace) No ‘ABC – Galicia‘ (31/3/2007): (enlace) Entrevista na ‘Radio Galega‘ (4/4/2007): (enlace) Descargar:

Dereitos das persoas con discapacidade

[D] Da man do noso benquerido amigo Javier Soto (http://tecnologiaydiscapacidad.es) achégasenos a nova de que España ven de asinar a Convención da ONU sobre os dereitos das persoas con discapacidade. A Convención e o seu protocolo facultativo están abertos á sinatura de todos os Estados e organizacións de integración rexional dende o 30 de marzo de 2007. Convidamos aos nosos letores a unha ollada ao caderno de bitácora de Javier Soto para una lectura máis detallada desta e doutras informacións de interese.

Ante todo pulcritude…

<—inicio do documento—> 😉 [D] O tema das ferramentas web ten o seu aquel… a verdade, a primeira vista, o deseño dunha ferramenta ou páxina é o que máis impacta pero o importate está na porta traseira, no backdoor, os códigos, as linguaxes de programación. Ajax, php, css, html, asp, cgi, xml, swf, java… Familias é familias deles que dependendo do seu bo uso a ferramenta optimizarase en operatividade e funcionalidade. Moreas e moreas de códigos respaldan as nosas páxinas preferidas que de maneira constante necesitan un mantemento, unha corrección, unha limpeza! Moito sabe desto o noso compañeiro Juan; da xente que coñezo é o máis “limpo” en isto de traballar con códigos, o “Mr. Proper” da web, as sentenzas, variables, operadores… limpiñas de toda faragulla de código lixo ou de estándares poco convencionais… todo en aras a iso… da accesibilidade (http://www.xunta.es/accesibilidade), concepto que ten o seu recoñecemento no premio devandito (www.premioseganet.com) e do cal un altísimo peso específico ten este “tadeguiano”. Ferramentas en aras a unha maior accesibilidade temos a moreas (http://www.w3.org/WAI/ER/tools/complete), aínda que particularmente gosto moito do firebug (http://www.getfirebug.com) pola súa sinxeleza e integración. Con todo o componente humano é ineludible. A accesibilidade é pois un constructo para persoas feito por persoas. Nota: Esperemos que o noso compañeiro sexa tan pulcriño en tódolos eidos da vida, deberás ser unha xoia! <—fin do documento—>

TADEGa.net, premio EGANET 2007

[D] Estamos de noraboa. TADEGa.net recibiu onte (29/3/2007) o premio EGANET 2007 na modalidade de tecnoloxía accesible. Das 163 candidaturas quedaron 27 finalistas, e de éstas, os 10 premios finais. Por cuarto ano consecutivo, a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e as Novas Tecnoloxías convoca estes Premios EGANET (www.eganet.org – www.premioseganet.com), continuando deste xeito a premiar os proxectos de empresas e profesionais galegos que traballan en prol do desenvolvemento do sector TIC na nosa comunidade. Os nervos de Antonio e meus eran moitos aínda que o premio deixounos descolocados pois non contabamos con que os ollos dos grandes caeran sobre iste novo grupo tan cheo de ilusións por facer da simbiose entre as TIC e a atención á diversidade un mundo de ferramentas fecundas para todos. Sexa como fose, a responsabilidade que gañamos co premio tamén é importante e o reto que se nos achega tomámolo con novo pulo. Antes de rematar esta boa nova, quería dar os lóxicos agradecementos ás moitas persoas que están detrás de todos estes esforzos: A Abraham, o cacharreiro tecnolóxico maior desta bitácora e con quen comparto case que a diario o peso de ter a web ao día. A Antonio polos seus desvelos e suxestións, compañeiro de fatigas de TADEGa. Nos seus miolos estivo a idea primixenia deste grupo. Aos magníficos compañeiros e amigos do TecnoNEEt, inspiradores maiores da semente de TADEGa, e da urxencia da accesibilidade web, non como un ornamento artístico, senón como a única resposta posible á dignidade das persoas con discapacidade. E, dun xeito especial, aos grandes amigos con maiúsculas Javier, Manolo, Emilio… e sen deixar atrás a ningún dos grandes deste equipo: Domingo, Mª Dolores, Mª José… A todas e todos os membros de TADEGa para quen se constrúe todo isto. A Marisa e María arquitectas maiores dunha vida ilusionada e ilusionante por un mundo con máis vida para todos.

Fontes, fontes, e máis fontes

Co gallo dun curso sobre “As TIC e o profesorado de apoio” celebrado a primeiros de mes (marzo de 2007) polo CFR da Coruña (coordinado por Javier Rouco) falamos de todo un pouco, pero unha das necesidades máis acusadas seica foi iso, fontes para o uso escolar e o desenvolvemento da grafía. Así poís visitamos bancadas de “types” como por exemplo: http://www.dafont.com http://www.fontreactor.com/ http://www.abstractfonts.com/ http://desktoppub.about.com/od/fonts/a/writefonts.htm Todas elas estupendas para experimentar con fontes ou Dingbats. Pero sen ir moi lonxe, no famoso CNICE, tiñamos xustamente o que necesitabamos, no seu observatorio podemos ver o proxecto, “Mis primeras fuentes“: [D] Introducción do proxecto Instalación Descarga Aínda que se decidimos que nolo den todo feito en plantillas para a aprendizaxe da grafía, poderíamos visitar un par de xoias: http://www.needirectorio.com/imprimibles.php http://www.learningpage.com ¿Algún aporte máis? 🙂 Nota: para aqueles e aquelas que estean a utilizar a PDI, que saiban que o OCR da suite do Smart Board na súa última versión (setembro do 2006) é bastante potente ao igual ca o do Office 2007, recursos interesantes para plantexar actividades de grafomotricidade/escritura na aula. Para mostra, este vídeo: [D] [kml_flashembed movie=”http://www.youtube.com/v/blpLIJ5HEZk” width=”425″ height=”350″ wmode=”transparent” /]