Notas para a accesibilidade web (V)

O ‘ABC’ da accesibilidade web [D-434-1] Nesta longa tempada na que ando a falar de accesibilidade web deixando sementes, avisos, ou mesmo un par de incómodas preguntas nalgunha bitácora, atópome con caras raras, de asombro, de xente que parece dicir E como é iso? Eu non sabía nada. E parece difícil: paga a pena? Estas preguntas nun faladoiro de café non nos deberan estrañar ata certo punto, porque ata o que crava puntas (que me desculpe polo atrevemento de citalo así) capta sen dificultade o propósito dun signo braille nos botóns do ascensor ou o da rampla de acceso dun portal e, mire vostede, lles parece estupendo, polo que non se asombran moito cando se razoa que o mesmo coidado precisa o uso da palabra física ou virtual (iso é o de menos). O que me deixa algo abraiado é que estas preguntas chas fagan dende a propia Educación, dende o profesorado supostamente máis avantaxado e posto ao día. E aí esnaquízome. No fondo, que é a accesibilidade web? [D-434-2] Todo isto ven a que sempre remato estas pescudas caendo na conta de que, no fondo, non entendemos de verdade o que é a accesibilidade web. Vémola como a incómoda imposición virtual da ética, que bate contra liberdade de expresión porque coarta a nosa expresividade pública, etc., etc., etc. O difícil está en explicar axeitadamente (facéndose entender) que a accesibilidade web non é nada diso, é outra cousa diferente e fundamental que reside mesmo no medula da docencia. Non sabía como explicalo (son así de torpe) ata que lembrei unhas palabras de Lázaro Carreter que traio aquí de xeito literal para non contaminalas (por aquelo de que onde hai patrón non manda mariñeiro): Hablar, responder bien, es hacerlo juiciosamente, meditando lo que se dice, sin caer, claro, en el extremo de la apremiosidad. Nos falta por completo una pedagogía generalizada de la expresión oral pública. Todo educador francés recibe al obtener su título un memorándum ministerial en el que se contiene, entre otras muchas, la siguiente advertencia: Hablar bien no es hablar con elocuencia, ni siquiera con facilidad. De ordinario, el que habla fácilmente tiene pocas cosas que decir. Es que su pensamiento no le ofrece resistencia y lo viste con trajes confeccionados. Hablar bien no es hablar con fluidez sino hablar con precisión. Puede titubearse cuando el titubeo obedece al deseo de ser fiel a los hechos y a las ideas. Habla bien […] el que actúa como árbitro entre su pensamiento y su expresión. Hay que habituar a nuestros alumnos, cuando hablan, a ser severos consigo mismos, a dudar, a

Ler máis

A Santiago de Chile

[D-426] Seguimos a estela de profesionais cunha traxectoria de calidade tan fascinante como a de Manuel Gómez Villa, Emilio Ivars Ferrer e Francisco Javier Soto Pérez, da Consejería de Educación, Ciencia e Investigación do Goberno de Murcia, e os atopamos en Santiago de Chile, cidade onde desenvolverán o seminario “Herramientas TIC para la Comunicación Aumentativa en Educación Especial”. Isto terá lugar do 21 ao 25 de abril, na escola de Psicoloxía de San Xaquín. O seminario, formulado cun deseño teórico-práctico, ten como fin dar a coñecer formas de comunicación aumentativa, que permiten, dunha parte, promover e apoiar a fala e, doutra, garantir un sistema de comunicación alternativo á fala cando ésta non é posible. Todo un exemplo de cando as cousas se fan ben. Máis información na páxina Web do CeDeti.

Competencias básicas

[D-424] O Centro de Formación e Recursos da Coruña, organiza un curso que se celebrará en xuño sobre competencias básicas e no que contarán cun programa moi interesante: 3 de xuño: Competencias básicas e práctica educativa: avalición das competencias por Don José Graña Carrodeguas, Subdirector Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do sistema educativo. 4 de xuño: Metodoloxía na aula e desenvolvemento de competencias básicas: unha interesante relación por Dona Estela D’Angelo Menéndez da Universidade Complutense de Madrid e Presidenta da Asociación Española de Lectura e Escritura. 5 de xuño: Repensar a aprendizaxe das matemáticas: competencia matemática para comprender o mundo por Don Ángel Carlos Gallego Lázaro da Universidade Ramón Llull de Barcelona. Así que animádevos, difundídeo e matriculádevos. Referencia para inscribirse na páxina web do Sistema de Xestión da Formación do Profesorado (FPROF): C0702009

Notas para a accesibilidade web (IV)

O arte de enlazar páxinas [D-416-1] Nota: a xente gusta dos decálogos, e eu, ala! para seres diferente, irei por ducias. (Non vos asustedes que ao longo do artigo comprenderedes o xogo iste). Se hai algo que caracteriza a Internet é ista cousa de poder viaxar, perdón, navegar dunha páxina a outra grazas aos enlaces* que hai nelas indo dun sitio para outro con vento en popa. Pero (sempre aparece algún pero) non somos tan bos grumetes como creemos e, ás veces, poderían chamarnos malos náufragos. Non nos decatamos de que un mal deseño pode frustrar a navegación de moitos usuarios: por ter algunha discapacidade, pola súa inexperiencia, pola saturación do seu ancho de banda, ou porque (e isto é o terrible) o deseñamos tan mal que nin nós mesmos somos quen de saír do disparate. Así que hoxe toca pórse as pilas e repasar istas cousas que parecen evidentes pero que na práctica non o son tanto, ou que as temos desatendidas. Imos aló. [D-416-2] Sobre cómo redactar e colocar os enlaces O que nunca deberiamos facer Todo o mundo cree que colocar istes enlaces é moi doado porque se poden colocar de calquera xeito, a esgallo e, como auténticos elefantes nunha cacharrería, esnaquizamos toda posibilidade de que o noso material poida ser accesible. Imaxina por un momento que tes os ollos vendados e que unha voz metálica vai ler para ti os seguintes enlaces dunha páxina de Internet nun ordenador que non ten rato e tes que gobernar co teclado: Pincha aquí para escoitar as noticias e, aquí para voltar á páxina principal. Fai clic co rato no botón azul para ver a nosa opinión. Pincha neste botón ou neste outro para ir á noticia. Pincha no número impar dun só díxito que ten raíz cadrada exacta. Cliquea na noticia sobre o desastre acontecido no día de onte no que morreron 89 persoas de accidente de tráfico por mor do mal estado do tráfico desta pasada fin de semana para ler a noticia. Temos varias sorpresas para ti. Cando o enlace se poña amarelo fai clic sobre el para darche unha pista do problema. Se non ves o noso menú de navegación, tes que instalar iste programa. Percorre toda a nosa web para acceder aos nosos enlaces. Fai clic na pelota saltarina para acceder ao noso menú. Alumn@s e profesor@s saúdanche nesta páxina. Dispós de 3 segundos para acceder á seguinte listaxe. O que sempre debemos facer ¿Conclusións? É doado chegar a elas aquí as indicamos e engadimos algunhas máis: Para garantir a accesibilidade: Non pode haber varios enlaces con

Ler máis

Congreso Nacional de Dislexia

[D-418] E xa van pola IV edición, a se celebrar en Palma de Mallorca entre o 7 e o 9 novembro… tendo como obxectivo principal dar a coñecer o trastorno da dislexia e buscar solucións aos problemas que se nos presentan día a día, dende todos os ámbitos: familiar, educativo, sanitario e social. Animádevos que paga a pena. Enlaces de interese Ligazón á web de DISFAM: www.disfam.net/congreso Ligazón á imaxe do custo do billete con Air Berlín: tadega.net/Bitacora

Alfabetización dixital

[D-415] Alfabetización dixital para todas e todos A fenda dixital é unha fenda social, polo que é necesario realizar labores de alfabetización dixital, que se converte na clave do desenvolvemento da Sociedade da Información e do Coñecemento. Os medios audiovisuais permiten pola súa cercanía atraer a atención do futuro usuario das TIC e achegarlle eses elementos descoñecidos para el dun xeito ameno. Todo medio audiovisual ten que ser accesible para todas as persoas con discapacidade, iso significa que os vídeos irán subtitulados e audio-descritos para que as persoas con discapacidade sonora ou visual non teñan unha fenda engadida, toda labor de inclusión ten que ser totalmente inclusiva. Isto é algo novo e posiblemente atractivo pois a forma na que comunicamos (ou pretendemos facelo) algo tan arduo como é a sinatura dixital, permite ás persoas cegas manexarse utilizando o teclado e JAWS e os subtítulos en cores para xordos. Trátase dunha escolma de vídeos que realizamos, mediante escenificacións de situacións cotiás que resolven de forma sinxela e amena aquelas dúbidas e inquietudes que se poden ter en relación coa sinatura electrónica e as avantaxes que o seu uso pode proporcionar, achegando desta forma as novas tecnoloxías ao cidadán nunha forma habitual para el, a televisión e máis en concreto a telecomedia. Dito sistema multimedia (pois inclúe ademais simulacións dos problemas máis habituais que se poden atopar) está subtitulado e audiodescrito para permitir o seu acceso a persoas con discapacidade auditiva ou visual. O proxecto foi apoiado polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información e a Dirección Xeral para o desenvolvemento da Sociedade da Información dentro do Plan Avanza na súa Convocatoria de axudas para a realización de actuacións que favorezan a inclusión de persoas con discapacidade e persoas maiores na sociedade da información, participando no financiamento as axudas concedidas pola Unión Europea a través do Fondo Social Europeo. Orixe Colaboración que agradecemos de Ángel García Crespo (www.pasmao.tv).

Parábola do pescador

Aviso: artigo con partes en español [D-412] A historia Una vez leí en un libro sobre educación permanente -no recuerdo ahora el título- la siguiente historia que cuento con la poca fidelidad de que es capaz mi memoria: Un hombre que vivía en los Estados Unidos quiso pasar su tiempo libre dedicado a la pesca. Compró una buena lancha, un remolque para ella y como su coche era pequeño y viejo para tirar de las dos cosas, también compró un nuevo coche. Por supuesto compró los mejores aparejos, cebos y todo lo necesario. Una vez lo tuvo todo se dirigió hacia los Grandes Lagos, recorriendo más de doscientos kilómetros. Cuando llegó preparó todo y se adentró en el agua con su flamante lancha y mucho orgullo, en la orilla quedaba un pobre viejo con un mísero sedal y una caña tan vieja como él. Nuestro hombre apenas reparó en él, pero si vio como su cesta estaba llena de peces y pensó: si este viejo pescó todo eso, qué no pescaré yo con todos mis aparejos. Pasaron horas y nuestro pescador, aburrido, volvió hacia la orilla sin haber pescado nada. El viejo lo miró y dijo para sí: ¡Qué no habría pescado yo con todos esos aparejos! Pienso que se entiende bien: El aparataje con que, a veces nos rodeamos en nuestro quehacer diario como profesores, ¿Realmente sabemos para qué lo queremos o nos estará pasando lo que al pescador? Orixe e agradecemento Colaboración que recibimos nesta bitácora e que agradecemos de Javier Martín Betanzos (martinbetanzos.blogspot.com).

Notas para a accesibilidade web (III)

[D-411] Como inserir imaxes sen tolear Parece claro que a informática aportou a enorme plasticidade á hora de xuntar textos, imaxes, vídeos, sons, etc. para crear documentos multimedia de fermosa factura e valor engadido. Internet, ademais, engade a capacidade do intercambio inmediato de xeito sinxelo amén de colaborar en que sexan máis lúdicos e interactivos. En cambio as regras de accesibilidade son claras: toda información que non sexa textual deberá ser tamén accesible en modo texto polo que, ou ben poñemos elementos multimedia que teñen un carácter de puro adorno para non ter que traducilas a texto (opción totalmente rexeitable por empobrecedora e ata farisea), ou ben temos que aportar un mecanismo que explique en forma de texto cal é o significado, intención e función que aporta o elemento auditivo, visual ou interactivo ao conxunto. Ademais, os obxectos multimedia interactivos deben seguir un protocolo de regras establecido para que as persoas con discapacidade (motora, sensorial, etc.) os poidan manipular sen tolear no intento. Pero diso xa falaremos outro día. Hoxe centrarémonos nas imaxes. Regulación da accesibilidade das imaxes De entrada imos comezar por separar: Protocolo a seguir para os formatos e os deseños das imaxes. Sistema para inserir imaxes en código HTML. Sobre formato e deseño de imaxes Hoxe en día, non todos os tipos de imaxes se poden amosar nunha páxina web. Os formatos estándar admitidos son: GIF: O Graphic Interchange Format ou GIF foi creado por Compuserve. Emprega o algoritmo de compresión para reducir o peso da imaxe sen perda de datos. JPG: (siglas de Joint Photographic Experts Group) o JPG soporta 16,7 millóns de cores (24 bits) e é o máis empregado (e adecuado) para as fotografías. PNG: Este formato foi desenvolvido para superar as limitacións do GIF. Utiliza tamén un algoritmo de compresión sen perdas. Do mesmo xeito que o GIF é adecuado para imaxes con poucas variacións de cores. Nota: os datos que acabamos de explicar poden sonar a chino a moitos de vós, quedádevos cos 3 nomes mencionados como formatos estándar válidos para usar na web, GIF e PNG para os debuxos e JPG para as fotografías. Con respecto ao contido mesmo das imaxes cómpre facer as seguintes precisións: Non deben ter pestanexos a fin de evitar problemas de convulsións a persoas con problemas deste tipo. As cores, brillos e contrastes deberían ser tales que persoas con vista reducida ou limitada (retinopatías diabéticas, cataratas, etc.) poidan apreciar minimamente os obxectos retratados. A presenza da imaxe debe ter un propósito claro e evidente, ou ben de mero adorno ou ben aportando significado e funcionalidade ao texto que

Ler máis

Congreso Nacional Déficit Atención

[D-323] Unha aperta moi forte a Juan niste día. Aviso: Artigo en castelán El pasado 26 y 27 de enero de 2008 tuve la oportunidad de estar en el Congreso Nacional sobre TDAH 2008 en Madrid, de este conviene destacar las aportaciones del Dr. Russel Barkley, la psicóloga Marina Peña y la de Jesús Bernal. El resto de conferencias pasaron sin pena ni gloria, algunas parecían prometedoras aunque luego no aportaron lo que prometían, es éstas como es lógico no hablaré. Tampoco de aquello que se ha hablado mil veces y podeís leer en otros artículos. Pero bien, considero que si de un congreso o curso sales con 1 o 2 ideas nuevas ya te puedes dar por satisfecho, así que en términos generales el congreso mereció la pena.

Notas para a accesibilidade web (II)

[D-398-1] En lembranza dos meus pais. Avisos Iste, é un artigo longo e complexo, xa que abordar con profundidade o relativo a estranxeirismos, tecnicismos, abreviaturas, acrónimos, etc. resulta complexo e extenso á vez e, ademais, sen a posibilidade de dividir a materia en artigos separados xa que todos os materiais están relacionados entre eles. Polo tanto, pídovos desculpas e que teñades istes puntos moi en conta: Case mellor ler este artigo nun momento de calma, e ata con lapis e papel para axudar a clarificar ideas. Non é para asustarse, sempre hai trucos para todo: como por exemplo ter metidos nun caderno de notas os datos máis técnicos para despois usar o famoso de copiar e pegar e non memorizalo todo. Como ven sendo costume, deixamos tamén aquí enlace para a tradución deste artigo ao español (*) Dos palabros ás palabras, e o perigo de desorientarse [D-398-2] Palabro: Palabra mal dita ou estrambótica coloquialmente extravagante ou irregular que ao mellor só a entende quen a dixo. Tanto na nosa fala como na escrita usamos inadvertidamente montóns de palabras e expresións (grupos de palabras) que son pouco coñecidas, que non constan nos dicionarios, que se incorporaron recentemente a eles, ou que procedendo outras linguas aínda están sen asentar na nosa. Poñamos como exemplos: O termo palabro que significa palabra mal dita ou estrambótica coloquialmente extravagante e irregular. Ou chapó (de orixe francés) para significar que admiramos algo ben feito, etc. Ou CCOO que se fixo especialmente famosa cando certo periodista de televisión a pronunciou como se fose unha sigla Ce-Ce-Ou-Ou no canto de leela como unha abreviatura Comisións Obreiras Podémonos perder Se baixamos á área da accesibilidade web, cando escribimos estas palabras e expresións sen indicar o seu significado estaremos a converter esas palabras en palabros aos ollos de quen non as entende. Non nos decatamos de que, aínda que intuitivamente a maior parte de nós as entendemos perfectamente, hai moita xente para a que son incomprensibles: Case todos entendemos que a expresión D. é a abreviatura de Don. Só os españois (e non os peruanos) saben que UGT é un sindicato; e seguro que os peruanos teñen montóns de abreviaturas para sindicatos e partidos que os galegos descoñecemos. Por outra banda SM pode significar o nome dunha editorial: (A editorial SM obtivo uns beneficios…) ou pode ser a abreviatura dun tratamento honorífico: (Hoxe, SM o rei Juan Carlos…). E así poderíamos seguir con milleiros de casos similares.