Notas para a accesibilidade web (II)

Con que facilidade se nos enredan as cousas nos pes![D-398-1]

En lembranza dos meus pais.

Avisos

Iste, é un artigo longo e complexo, xa que abordar con profundidade o relativo a estranxeirismos, tecnicismos, abreviaturas, acrónimos, etc. resulta complexo e extenso á vez e, ademais, sen a posibilidade de dividir a materia en artigos separados xa que todos os materiais están relacionados entre eles. Polo tanto, pídovos desculpas e que teñades istes puntos moi en conta:

  1. Case mellor ler este artigo nun momento de calma, e ata con lapis e papel para axudar a clarificar ideas.
  2. Non é para asustarse, sempre hai trucos para todo: como por exemplo ter metidos nun caderno de notas os datos máis técnicos para despois usar o famoso de copiar e pegar e non memorizalo todo.
  3. Como ven sendo costume, deixamos tamén aquí enlace para a tradución deste artigo ao español (*)

Dos palabros ás palabras, e o perigo de desorientarse

Imaxe alegórica de 'Perdido ou desorientado'. [D-398-2]

Palabro: Palabra mal dita ou estrambótica coloquialmente extravagante ou irregular que ao mellor só a entende quen a dixo.

Tanto na nosa fala como na escrita usamos inadvertidamente montóns de palabras e expresións (grupos de palabras) que son pouco coñecidas, que non constan nos dicionarios, que se incorporaron recentemente a eles, ou que procedendo outras linguas aínda están sen asentar na nosa. Poñamos como exemplos:

  • O termo palabro que significa palabra mal dita ou estrambótica coloquialmente extravagante e irregular.
  • Ou chapó (de orixe francés) para significar que admiramos algo ben feito, etc.
  • Ou CCOO que se fixo especialmente famosa cando certo periodista de televisión a pronunciou como se fose unha sigla Ce-Ce-Ou-Ou no canto de leela como unha abreviatura Comisións Obreiras

Podémonos perder

Se baixamos á área da accesibilidade web, cando escribimos estas palabras e expresións sen indicar o seu significado estaremos a converter esas palabras en palabros aos ollos de quen non as entende. Non nos decatamos de que, aínda que intuitivamente a maior parte de nós as entendemos perfectamente, hai moita xente para a que son incomprensibles:

  • Case todos entendemos que a expresión D. é a abreviatura de Don.
  • Só os españois (e non os peruanos) saben que UGT é un sindicato; e seguro que os peruanos teñen montóns de abreviaturas para sindicatos e partidos que os galegos descoñecemos.
  • Por outra banda SM pode significar o nome dunha editorial: (A editorial SM obtivo uns beneficios…) ou pode ser a abreviatura dun tratamento honorífico: (Hoxe, SM o rei Juan Carlos…).
  • E así poderíamos seguir con milleiros de casos similares.

Toca traballar

Ben, toca agora pór orde neste galimatías (na súa acepción de Confusión, desorde, lea) aínda que debo advertir que o asunto é algo difícil de asimilar na primeira lectura, polo que vos pido algo de paciencia e insistencia ata acadar esa doce meta final de quen ao fin o entendeu e ademais atrévese con soltura e poñelo en práctica.

Ben comecemos por distinguir ben uns tipos dos outros. Adiántovos que a clave en poder distinguir uns dos outros está en cómo pronunciamos estas expresións (do termo completamente desenvolto, deletreándoo ou con lectura literal). Imos pois:

  1. Abreviatura: [ Sr. / Apdo. / Páx. ] lese como [ Señor / apartado / páxina ].
  2. Sigla: [ FBI / ADN / ISBN ] lese como [ EFE-BE-I / A-DE-ENE / I-ESE-BE-ENE ].
  3. Acrónimo: [ televisión / OTAN / ovni / sida ] lese como [ televisión / OTAN / ovni / sida ].
  4. Tecnicismo / estranxeirismo: [ webmáster, Triple A, Códec.… etc. ] lese como poidamos, é dicir, literalmente aínda que, dependendo do idioma de orixe pode supor certas dificultades polo que nos vemos obrigados a pór tildes, etc.
  5. Expresión foránea / doutro idioma: [ carpe diem Locución latina: ‘colleita do día’. Hoxe equivalería a: ‘aproveita o día, non o malgastes’ ou ‘vive o momento’ ] e que trataremos como se fose unha cita de algo dito noutro idioma.

Complicado, verdade? Pois sinto comunicar que se nos complica un pouco máis aínda:

  • Hai termos de clasificación polémica: (radiofrecuencia, bicha…).
  • Os cadernos de bitácora e restantes plataformas de edición dixital non están preparadas para estas matizacións, polo que teremos que entrar no código HTML da escrita para inserir as etiquetas de código directamente.
  • Incluso algúns tipos non teñen a etiqueta correspondente en código html polo que as forzaremos a convivir agrupadas con outras tipoloxías, explícome (1):
    • En HTML non existe unha etiqueta para as siglas, polo que as trataremos como acrónimos.
    • En HTML non existe unha etiqueta para os tecnicismos e estranxeirismos, polo que os trataremos como abreviaturas.
    • En HTML non existe unha etiqueta para as expresións foráneas, polo que as trataremos como citas curtas.

Ben, resumindo, temos á nosa disposición o seguinte etiquetado HTML para redactar (2) e (3):

  1. Abreviatura (para abreviaturas, tecnicismos e estranxeirismos):
    <abbr title="explicación..." lang="xx" xml:lang="xx">Texto...</abbr>
  2. Acrónimo (para acrónimos e siglas):
    <acronym title="explicación..." lang="xx" xml:lang="xx">Texto...</acronym>
  3. Cita curta (para citas curtas e expresións foráneas ou doutros idiomas):
    <q title="explicación..." cite="Enderezo de internet de orixe" lang="xx" xml:lang="xx">Texto...</q>
  4. Cita longa (para citas que conteñen alomenos 1 parágrafo completo):
    <blockquote title="explicación..." cite="Enderezo de internet de orixe" lang="xx" xml:lang="xx">Texto...</blockquote>

Chegou a confusión, máis vale que poñamos algúns exemplos

Imaxe dun mono moi confundido (como nós neste momento). [D-398-3]

Si xa sei que estou a meter demasiada fariña no forno (expresión medio inventada que quere dicir que é demasiada materia para unha soa vez, e aínda que estamos en semana santa non fai falla mortificarmos tanto). Así que poñamos uns exemplos sinxelos para velo de xeito máis doado (recoméndase que pasedes o rato por riba de cada exemplo para ver o efecto completo):

  1. Abreviaturas e tecnicismos (propios ou estranxeiros). Lembrade que se len os termos totalmente desenvoltos.
    1. <abbr title="'Mr.' pronunciado como 'Míster': Abreviatura do tratamento de Señor en inglés." lang="en" xml:lang="en">Mr.</abbr>
      Resultado: Mr..
      .
    2. <abbr title="'Dª.': Abreviatura do tratamento de Dona.">Dª.</abbr>
      Resultado: Dª..
      .
    3. <abbr title="'Codec.': Termo inglés, designa o documento de configuración para manexar multimedia." lang="en" xml:lang="en">Codec.</abbr>
      Resultado: Codec..
      .
  2. Acrónimos e siglas. Lembrade que se len os termos deletreándoos (siglas) ou léndoos directamente (acrónimos).
    1. <acronym title="'UGT', Siglas que se corresponden con 'Unión Xeral de Traballadores'." lang="es" xml:lang="es">UGT</acronym>
      Resultado: UGT.
      .
    2. <acronym title="'Ovni', Acrónimo de 'Obxecto voador non identificado'.">Ovni</acronym>
      Resultado: Ovni.
      .
  3. Citas curtas e expresións foráneas ou doutros idiomas. Lembrade que se len tal e como están escritos, que son citas literais do que escribiron ou dixeron outros e que só son expresións ou frases soltas.
    1. Gustoume a expresión <q title="'in dubio pro reo' expresión latina: 'no caso de dúbida, a favor do reo'." lang="la" xml:lang="la" cite="http://es.wikipedia.org/wiki/In_dubio_pro_reo">in dubio pro reo</q>. Entendo que é moi acertada.
      Resultado: Gustoume a expresión in dubio pro reo. Entendo que é moi acertada.
      .
    2. Xoán díxome que <q title="frase de xoan sobre o moito que queda por facer.">Aínda queda moito por traballar</q> no asunto que lle preocupaba
      Resultado: Xoán díxome que Aínda queda moito por traballar no asunto que lle preocupaba.
      .
  4. Cita longas. Lembrade que se len tal e como están escritos, que son citas literais do que escribiron ou dixeron outros, e que son parágrafos completos (alomenos 1).
    1. <blockquote lang="es" xml:lang="es" title="Poema de Mario Benedetti que Alberto Favero convirtió en canción." cite="http://tierradegenistas.blog.com.es/2007/07/21/somos_mucho_mais_que_dos~2674483">SOMOS MUCHO MÁS QUE DOS...</blockquote>
      Resultado (**):

SOMOS MUCHO MÁS QUE DOS

Tus manos son mi caricia
mis acordes cotidianos
te quiero porque tus manos
trabajan por la justicia

si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos

tus ojos son mi conjuro
contra la mala jornada
te quiero por tu mirada
que mira y siembra futuro

tu boca que es tuya y mía
tu boca no se equivoca
te quiero porque tu boca
sabe gritar rebeldía

si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos

y por tu rostro sincero
y tu paso vagabundo
y tu llanto por el mundo
porque sos pueblo te quiero

y porque amor no es aureola
ni cándida moraleja
y porque somos pareja
que sabe que no está sola

te quiero en mi paraíso
es decir que en mi país
la gente vive feliz
aunque no tenga permiso

si te quiero es porque sos
mi amor mi cómplice y todo
y en la calle codo a codo
somos mucho más que dos.

Avisos e documentos que se citan

  1. (*) Este artigo en español: www.opentrad.org/tradurl.php…
  2. (**) Recomendación: O poema de Mario Benedetti o podedes escoitar cantado por Nacha Guevara (formato MP3): www.tadega.net/Descargas/mp3/TeQuiero-NachaGuevara.mp3
  3. En materia de accesibilidade web, as asimilacións (de siglas a acrónimos, de termos técnicos a abreviaturas e de expresións foráneas a citas), non están definidas ao 100% e as discusións están a orde do día, como exemplo basta ver a curiosidade de que CCOO sexa unha abreviatura mentres que UGT sexa unha sigla só porque na fala é máis doado deletrear unha ca outra.
  4. Nos etiquetados anteriores, aparece varias veces o código: lang="xx" xml:lang="xx" onde “xx” é o código do idioma de orixe da expresión. Debedes ter en conta que:
    1. Só se debe colocar todo ese código se ise idioma é distinto do idioma no que está escrito o artigo. En caso contrario omítese.
    2. Para saber o código de idioma que corresponde a cada caso, pódese consultar na seguinte páxina: www.psicobyte.com/html/idiomas.html
    3. Algún se preguntará para que declarar lang="xx" xml:lang="xx" se na parte title="explicación..." queda xa explicitado. Son necesarias para que os lectores de voz automática (persoas con cegueira ou con dislexia) lean correctamente os termos en cuestión.
  5. Nos etiquetados anteriores das citas figura o código: cite="Enderezo orixe" débese aclarar que:
    1. Úsase para indicar a páxina de Internet da que tomamos o texto de orixinal que estamos a citar.
    2. Non é obrigatorio usar esa expresión aínda que é aconsellable se a cita foi tomada dunha páxina de Internet.
    3. Iste etiquetado e só válido para usar nas citas: <q> e <blockquote>.
  6. Tede coidado coas etiquetas title="explicación..." deben ser claras, directas, concisas, e inequívocas (tede en conta que os navegadores de Internet, a partir duns poucos centímetros non as amosan por completo).
Comparte este artigo

2 Comentarios

  1. Terei que facer unha chuleta, e aínda así…

  2. Certo Mamiago, tes toda a razón do mundo. O artigo de hoxe é o máis feo da accesibilidade. E todo por culpa de que os programadores que deseñaron as plataformas para facer bitácoras e para facer páxinas web ignoraron (por pura comodidade) todo iste protocolo, e así nos obrigan a facer fontanería co código, ou dito máis ao bruto, a merda que non quixeron limpar eles, témola que limpar nós. Non é moi xusto.

Deixar un Comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.