Podo!
[D-231]
Quéredes un debate na aula? Apetécevos que o voso pálpito aletexe con máis gañas? Queredes ter unha referencia para cando as forzas menguan aínda que sexa por motivos banais? Aquí vos deixo unha semente.
Velaiquí a historia:
Na Australia hai unha proba atlética moi famosa que se chama Ironman (home de aceiro)
que consiste en:
- Nadar no mar 4 quilómetros durante o frío da mañán.
- Continuar cunha bicicleta en ruta percorrendo nada menos que 180 quilómetros sen parar con sobidas e baixadas prolongadas.
- Rematar cunha maratón de 43.5 quilómetros nun derradeiro e destrozante esforzo físico e mental (os campións do mundo precisan entre 8 e 12 horas para rematar a proba).
Pois é aquí que un pai con 60 anos tiña unha enorme ilusión, competir co seu fillo con parálise cerebral en brazos ao longo de toda a proba. Nunca viu coma un obstáculo o do seu fillo senón como unha aposta, un empeño. O entrenamento foi duro e longo, pero aquí tedes o resultado. O vídeo chámase can (podo)
.
www.youtube.com, código: f4B-r8KJhlE
Grazas Rosa, pola túa inestimable aportación. Fonte da información: http://aziroet.com/rosamdediego
Que pasada! Case afundo o ordenador coas bágoas.
Non me extrana…
Ás veces, un pensa que é extraordinario o que fai, e quedas con gañas de tirar a toalla pero, miras ao redor, e colles outros folgos e outra perspectiva.
Ola juan , son uxía, por favorrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrrr mira o teu correo que é urxente, preciso o teu teléfonooooooooooo.