Notas para a accesibilidade web (V)
O ‘ABC’ da accesibilidade web [D-434-1] Nesta longa tempada na que ando a falar de accesibilidade web deixando sementes, avisos, ou mesmo un par de incómodas preguntas nalgunha bitácora, atópome con caras raras, de asombro, de xente que parece dicir E como é iso? Eu non sabía nada. E parece difícil: paga a pena? Estas preguntas nun faladoiro de café non nos deberan estrañar ata certo punto, porque ata o