V Encontros TADEGa: Sexualidade e Diversidade
Vimos percibindo que a pesares da importancia que se deu nos derradeiros anos á inclusión das persoas con diversidade funcional en todas as esferas da vida cotiá, aínda segue subsistindo a postura xeralizada na nosa sociedade de que o mundo da sexualidade é un mundo alleo para estas persoas. Acerca do sexo existen en xeral moitos tabús, pero se ademais o relacionamos coas persoas con diversidade funcional xorden unha morea