II Curso de Dislexia
Dende a Universidade de Santiago de Compostela enviannos información de interese sobre un curso de verán recoñecido pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia (véxase díptico en documento adxunto). O curso versa sobre a dislexia, unha dificultade da lectura e escritura que presenta un número considerable de alumnos e, pola contra, unha problemática bastante descoñecida por parte dos profesionais da educación.
O evento terá lugar en Vilagarcía de Arousa dende o 14 ao 18 de setembro de 2009.
Convidámosvos a darlle a maior difusión entre o profesorado.
Mais informacion:
Programa Curso de Dislexia 2009
www.ladislexia.es
www.usc.es/cultura/
Convocatoria do I Curso
Resumo do I Curso de Dislexia