VII Congreso TADEGa. Online 2021

Reencontros na 3ª fase. Non estamos sós”.

Toma nota

  • Cando: 15, 16, 22, 29 e 30 de outubro de 2021.
  • Onde: Online. Grazas á Facultade de Educación da UVigo.
  • Como: obradoiros prácticos e mesas redondas conforme ás vosas propostas.
  • Certificación: da UVigo. (Homologación concedida da Consellería de Educación de 15 horas).
  • Inscrición: no formulario: bit.ly/7CongresoTADEGa.
  • Prezos: de 30 a 50 € segundo perfil. Ver opcións no formulario de inscrición.
  • Listaxe provisional de persoas inscritas: Listaxe.

Programa

Venres 15. “Que e para que avaliamos? Metodoloxías, instrumentos e axentes

  • 17:30. Avaliación Inicial. Equipo Laura.
  • 18:30. Avaliación no traballo por contextos no CEIP Espiñeira-Aldán.
  • 20:15. Conclusións e remate.

Sábado 16. “Transición entre etapas educativas

  • 10:00. Presentación.
  • 10:15. Experiencia sobre a transición nas diferentes etapas educativas: voz da familia, profesorado e alumno implicados. Susana Fernández Carreira.
  • 11:30. Mesa redonda. Centros específicos: problemáticas, alumnado, retos e carencias. Marta Manso, Paula Couto, Rubén Mateos e Rafael Lores.
  • 12:45. Conclusións e remate.

Venres 22. “Materias instrumentais. Métodos e adaptacións no ensino da linguaxe, escritura e matemáticas

  • 17:30. Presentación e introdución.
  • 17:45. Grupo Adapta. Materiais adaptados a persoas neurodiversas. Alba Pérez e Marta Paredes.
  • 18:30. Materias instrumentais en Educación Primaria. Alicia Nimo.
  • 19:15. MUDARE: acompañando procesos.
  • 20:15. Conclusións e remate.

Venres 29. “Covid-19: nova realidade educativa

  • 17:30. Presentación e introdución.
  • 17:45. Mesa de Experiencias. Familia, alumnado, escola e administración educativa ante a COVID 19. (ANPA, dirección e Asesoría de bibliotecas).
  • 19:00. Sandbox. Educación e Gamificación online. Rafael Domínguez.
  • 20:15. Conclusións e remate.

Sábado 30. “O asociacionismo no ensino

  • 10:00. Presentación e introdución.
  • 10:15. Mesa redonda entre mestres e persoas pertencentes a diversas Asociacións: TADEGa, AGMAL, AGAMPI, FEAEGA e MUDARE. Presente e futuro; necesidades do profesorado.
  • 12:00 Debate.
  • 13:00. Conclusións e clausura.
Logotipo da Universidade de Vigo
Logotipo da Facultade de Educación e Traballo Social da uVigo.
Logotipo da asociación TADEGa.
Logotipo da Asociacion DIVERTIC.

Comparte este artigo

2 Comentarios

  1. Gustariame asistir á sesión relacionada con adaptación de materias para personas con diversidad e funcional.

    1. Graciñas Adelaida. Anótate ao congreso na web da inscrición, completa os trámites, e tanto esa sesión como as restantes quedan á túa disposición.

Deixa una resposta a Adelaida Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.