Desc. alternativas 2007

Explicación

Esta páxina dedícase a describir detalladamente tódolos elementos gráficos ou non textuais pero significativos (imaxes, animacións, sons, etc.) de calquera páxina que así o precisen porque aportan as aclaracións necesarias para o contexto e non están suficientemente explicadas na páxina de procedencia. Aínda así, toda a web está deseñada para evitar este recurso ata onde sexa posible xa que entendemos que onde se coloquen estes elementos non textuais e significativos, deben tamén, colocarse todas as explicacións necesarias para quen, pola súa discapacidade, non pode percibilos ou entendelos directamente.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da esfera TADEGa.net

Este sitio web amosa ás veces unha imaxe dunha esfera traslúcida en cor marfil e de tamaño medio como un xeito de representar ao foro TADEGa. O propósito desta imaxe non é informativo e non aporta significado específico ao artigo que acompañe. Tan só presenta un deseño visualmente atractivo ao tempo que reflexa a idea matriz deste sitio web.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Sobe ou baixa

Trátase dun debuxo do noso admirado Vlad Gerasimov no que aparece un moneco dun rapaz debuxado en negro sobre un papel de estraza tintado de acuarela cor aceituna clariña. O rapaz está no medio dunha escaleira que impón moito respeto. Está abraiado e non sabemos se sobe ou baixa a escaleira. O que si parece claro é que está parado e pensando duramente no asunto.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Esfera da Wikipedia

Trátase da icona clásica da wikipedia, unha esfera formada por un puzzle aínda incompleto en escala de grises onde cada peza é unha letra dun alfabeto determinado a razón de tantas letras como alfabetos internacionais (de feito, a única letra occidental visible e recoñecible e a uve dobre) dando así a sensación de que está construída sobre as aportacións de todas as nacións e culturas do mundo e de que aínda non está rematado senón en construcción.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da fotografía Premio EGANET 2007

Trátase dun recorte dunha fotografía tomada o 28 de abril nas I Xornadas TADEGa 2007 na que aparece o trofeo concedido a TADEGa no 4º certame dos premios EGANET 2007 na categoría de webs accesibles. Na fotografía apréciase con certa dificultade de que o trofeo é de bronce imitando antigo no que se puliu unha das súas caras onde están grabadas as inscripcións do premio. Ten o aspecto do número 1 para salientar (probablemente) o carácter de primeiro posto na categoría.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Cartel do Congreso ESAAC 2007

Trátase do Cartel do Congreso ESAAC 2007 que se explica no artigo. Sobre un fondo laranxa de ampla marxe se sitúa unha fotografía dunha nena xogando coa area na praia e, nun plano máis próximo, un castelo de area feito cunha badeira no seu curuto onde podería debuxarse o logotipo do congreso (aínda que isto último apenas é apreciable). Na parte superior da foto reza o cartel co congreso con letra estándar en cor negra, e na parte inferior, o que será o lema do congreso Un mar de comunicación en letras azuis e manuscritas para rematar coas datas e cos logotipos dos organismos organizadores e colaobradores característicos destes eventos (aínda que estes úlimos apenas son visibles na ilustración).

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada dos videos Multiplicando_nos

Trátase de tres videos sobre diferentes maneiras de facer unha multiplicación. O primeiro realiza o algoritmo en base o trazo de liñas paralelas e transversais, onde o sumatorio dos seus puntos de interseción concluén a operación. O segundo trata a multiplicación en base a distribución de círculos segundo o número de operandos. O terceiro é unha broma onde debúxase a man unha calculadora que “maxicamente” funciona e ofrece o resultado. ”

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Camiño non adaptado

Trátase dunha fotografía tomada o 6 de maio no barrio de Abraham na que aparece un cartel entre os xardíns co texto: “camino no adaptado” . Na fotografía apréciase con certa dificultade que se trata du camiño un pouco mais estreito e ao fondo pódese ver o Complexo Deportivo Municipal da Torre de A Coruña.”

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe OLPC en Nixeria

Trátase dunha fotografía dun aula na que, o que semella o profesor, levanta na súa man esquerda un dos ordenadores do proxecto “One laptop per child” do M.I.T. mentras lles fala. Na fotografía apréciase unha ducia de asistentes cadaquén co seu portátil en cores branca e verde”

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do logotipo do Consello Escolar de Galicia

Iste logotipo consiste nunha imaxe coa letra e manuscrita e centrada, debaixo en letra tipo Arial o texto CONSELLO ESCOLAR DE GALICIA, coa palabra Galicia en negriña e a un tamaño mais grande. O propósito desta imaxe non é informativo e non aporta significado específico ao artigo que acompañe. Tan só presenta o deseño visualmente atractivo do logotipo deste organismo.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe logotipo de accesibilidade

Trátase dunha imaxe dun dos iconos da accesibilidade como por exemplo o que se emprega nos parkings para reservar unha praza para unha persoa con discapacidade. Sobre un fondo azul aparecen as liñas dunha persoa nunha cadeira de rodas.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe once

Trátase dunha imaxe co logotipo característico da ONCE (Organización Nacional de Cegos Españois) co icono dunha persoa cega en amarelo sobre fondo verde e coas letras ONCE en verde sobre fondo amarelo.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe logotipo de zlango

Trátase dunha imaxe co logotipo de Zlango que é unha ferramenta que “traduce” o que escribimos (en inglés) a unhos símbolos ao estilo do SPC (Sistema Pictográfico de Comunicación). Na imaxe aparece a palabra Zlango TM en cor verde encima de “Pic-Talk” en negro.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Logotipo da publicación sobre TEA

Trátase dunha imaxe abstracta que serve de portada para este documento en formato PDF no que se presentan as estratexias básicas para a detección precoz de síndromes do espectro autista editado pola Consellería de Saúde da Xunta de Andalucía.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da animación toondo

Trátase dunha imaxe dunha tira de cómic con tres viñetas que conforme pasas o punteiro do rato por riba delas, pódense mover á dereita e á esquerda.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Ir á descripción detallada da fotografía de Emma (2007)

Trátase dunha fotografía en 1º plano da nosa compañeira Emma cunhas gafas de sol (moi guapa todo hai que dicilo) tomada cando estabamos inmersos nas I Xornadas TADEGa 2007.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da presentación de Tadega

Trátase dunha presentación como as feitas co Microsoft Powerpoint e incrustada na web grazas a plataforma “slideshare” que permite ir pasando as páxinas co clic do rato. A primeira páxina amosa un faro na portada desta presentación feita nesta xornada de Vigo no que se van explicando o obxectivo de TADEGa, que pretende, os seus sinais de identidade, os “40 principais”, o foro, os recursos para as aulas, etc. ”

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Que a tiza nos lembre…

Que a tiza nos lembre de onde partimos. Non se nos suba a tontería á cachola

Esta é unha fotografía dun primeirísimo plano da esquina inferior esquerda dun encerado de pizarra e madeira, que ten unha tiza apoiada no seu canto. O propósito desta imaxe non é outro que empregar o símil dun encerado tradicional e o noso traballo na aula cos alumnos, para lembrarnos de onde partimos e ter un pé na realidade.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do logotipo da ONU (Organización das Nacións Unidas)

Iste logotipo consiste nunha imaxe cadrada de fondo azul cunhas liñas en branco que debuxan unha coroa de loureiro que “abraza” ao mapa mundi. O propósito desta imaxe non é informativo e non aporta significado específico ao artigo que acompañe. Tan só presenta o deseño visualmente atractivo do logotipo deste organismo.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Mr. Proper Juan

Trátase dunha imaxe dun recipiente de plástico azul dos comunmente empregados polos produtos de limpeza, neste caso o limpador multiuso chamado “Mr. Proper”. O propósito desta imaxe é facer unha simpática semellanza entre a “limpeza” do traballo de Juan co deseño web e as propiedades do Mr. Proper.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Xiz e Encerado

Trátase dunha imaxe dun xiz nun primeiro plano e un encerado o seu carón. É unha imaxe de apoio sen motivo informativo.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Ábaco e nena

Trátase dunha imaxe dunha nena detrás dun xiz nun primeiro plano . O ábaco fai referencia a temática do artigo, o cálculo, a nena fai referencia o seu exercicio dende os primeiros anos.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Logotipo TADEGa

Trátase dunha imaxe, logotipo de TADEGa, de cor melocotón . O propósito desta imaxe non é informativo e non aporta significado específico ao artigo que acompañe. Tan só presenta un deseño visualmente atractivo ao tempo que reflexa a corporatividade deste sitio web.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Banco CNICE

Trátase dunha imaxe da plataforma web do CNICE, concretamente do seu banco de imaxes onde aparece en primeiro plano unhas flores de diferentes cores, vermellas e amarela, brancas e azuis, representativas das escolmas temáticas que alí se poden atopar. nha frecha vermella trazada na imaxe sinala o logo de creative commons, licencia para o seu uso de balde e con poucas restricións.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Accesibilidade na rede

Trátase dun video que narra os difentes aparellos e protocolos necesarios para que a rede sexa accesible, así como unha escolma de páxinas referidas a esta temática, TAW, W3, sidar…todo nun contexto tecnolóxico referido instrumentos de uso diario, rede, ordenador, mobil, PDA..

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Selo a Accesibilidade

Trátase dunha imaxe onde aparece a icona pictográfica representativa da discapacidade , un moneco branco nunha cadeira de rodas, dentro dunha esfera terráquea azul representando a rede.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do logotipo dos Premios Eganet 2007

Iste logotipo consiste nun fondo vermello destacando as letras EGANET en branco e mais grandes que o subtítulo que di “Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías”. O propósito desta imaxe non é informativo e non aporta significado específico ao artigo que acompañe. Tan só presenta o deseño visualmente atractivo do logotipo deste organismo.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Exemplo de fonte escolar do CNICE

Trátase dunha imaxe dun exemplo de texto cun tipo de letra “escolar” ao estilo manuscrito como o que empregan os rapaces no colexio. No texto pódese ler: Mis primeras fuentes.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do vídeo Smartwriter

Trátase dun vídeo (en inglés) aloxado no Youtube que amosa a ferramenta Smartwriter pola cal nunha pda, tableta dixitalizadora, tabletPC… o que escribamos a man alzada, este software o recoñece como o texto que podemos introducir polo teclado. Incluso podo facer un debuxo como unha cara sorrinte e o interpreta ca palabra “smile”, numeros e operacións nunha tabla de Excel, etc.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do logotipo de vida independiente

Unha figura que semella unha persoa cos brazos en alto debuxadas en verde oliva sobre fondo branco leva ao seu carón o texto foro de vida independiente en azul sobre fondo branco.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe CD coas voces en galego para o Jaws

Trátase dunha fotografía dunha caixa de CD aberta co seu contido (o CD) afora. Na fotografía apréciase que a caixa e o CD-ROM son de cor amarela sobre un fondo azul.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe IBSN (Internet Blog Serial Number

Trátase dunha imaxe parecida a un código de barras, que ten unhas liñas negras verticais sobre un fondo branco coas siglas ISBN de Internet Blog Serial Number. O propósito desta imaxe non é informativo e non aporta significado específico ao artigo que acompañe. Tan só presenta un deseño visualmente atractivo ao tempo que reflexa a idea matriz deste sitio web.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe familia

Trátase dunha imaxe dunha familia ao estilo “debuxo animado”, composta polo que semellan nai, pai, avoa, avó, unha nena e un neno. Ademais na imaxe apréciase outro neno/a usuario/a de cadeira de rodas.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do vídeo Accesibilidade das persoas xordas

Trátase dun vídeo de 5 minutos e medio, dun programa da BBC (en inglés) aloxado no Youtube que trata sobre os distintos xeitos de empregar a comunicación, telefonía móbil, ordenador, internet… nese mundo presenta a iniciativa “abilitynet” do Reino Unido para o manexo da rede por persoas con algúns tipos de discapacidades. Falan de hardware como as dificultades de acceso ao teclado nunha Blackberry ou o control do ordenador cos movementos da cabeza e software especiais como os de recoñecemento de voz (Naturally Speaking), teclados predictivos, control do entorno (TV, teléfono, música, interfono…) , etc.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do logotipo da Universidade de Vigo

Iste logotipo consiste nunha imaxe dun escudo de cor azul cunha figura “ornamental” (pode parecer una pranta) no interior. O propósito desta imaxe non é informativo e non aporta significado específico ao artigo que acompañe. Tan só presenta o deseño visualmente atractivo do logotipo deste organismo.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do logotipo do Open Office

Iste logotipo consiste nunha imaxe cadrada de fondo negro cunha imaxe dun cd en marrón. Na parte superior, xunto co cd, aparece unha percha e a frase: “estás de estrea” e abaixo en letras brancas OpenOffice.org. O propósito desta imaxe non é informativo e non aporta significado específico ao artigo que acompañe. Tan só presenta o deseño visualmente atractivo do logotipo deste organismo.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Libro de Pilar Irimia

Ista imaxe consiste nunha miniatura da portada deste libro “Superando la Soledad”, na imaxe non se aprecian moitos detalles mais que o lugar onde vai o título e unha foto cun gran signo de interrogación.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do logotipo de Divertic

Iste logotipo consiste nunha imaxe rectangular ca palabra “divertic” en granate sobre todo o fondo en branco. Na imaxe apréciase que as letras “tic” de “divertic” aparecen mais resaltadas. Á esquerda aparece un rato de ordenador e debaixo pódese ler: “Asociación Nacional de Tecnología Educativa para la Diversidad”. O propósito desta imaxe non é informativo e non aporta significado específico ao artigo que acompañe. Tan só presenta o deseño visualmente atractivo do logotipo deste organismo.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Rapaza pensando

Trátase dunha fotografía en branco e negro dun primeiro plano dunha rapaza que leva a súa man esquerda á cabeza en actitude pensativa.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do vídeo Emprego das TIC no CEE Ntra Sra de Lourdes

Trátase dun vídeo de 2 minutos de duración, que ten o título Sistemas de Comunicación alternativa y/o Aumentativa con la Pizarra Digital Interactiva e que está aloxado no Youtube. O primeiro que aparece e unha introducción ca imaxe do colexio e da Clase Branca onde se poden ver aos alumnos interactuando ca Pizarra Dixital e manexando varios programas feitos polo mestre coas imaxes do SPC, accións, comidas, lugares, etc. e que o premer sobre algún deles escoitase o son correspondente.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe de Jakov Nielsen

Trátase dunha imaxe de Jakov Nielsen (o grande gurú da web 2.0) nunha intervención pública recente con pelo roibo, gafas e camisa marrón cun xesto serio cos brazos en alto detrás dun panel de luces que apenas se aprecia.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Mensaxe co Zlango

Trátase dunha imaxe rectangular cunha tira de 5 iconiños coas que hai que descifrar a “mensaxe” que Abraham fixo neste sistema pictográfico de comunicación. Na imaxe apréciase por orde: unha persoa cunha interrogación, un signo mais, unha bola do mundo cunha interrogación, unha persoa leendo un libro e unha persoa sinalándose a sí mesmo co dedo índice. Algo así como “axuda y/para que todo o mundo poda leerme a min/o que eu escribo?”.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do vídeo exemplo do Zlango

Trátase dun vídeo moi simpático no Youtube de apenas 1 minuto, que simultanea ista famosa canción dos Beatles e a súa letra coas imaxes do Sistema Pictográfico de Comunicación.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da animación Blidget

Trátase dunha animación deste “programiña” que recolle as últimas entradas da Bitácora e que podemos incrustar nunha web e incluso acceder dende o teléfono móbil.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Pictaps

Trátase dunha animación gráfica na que ducias de monecos iguais co logotipo escrito de TADEGa están a bailar ao redor doutro moneco igual que está no centro da roda enriba dun penedo alto.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da animación slide das fotos das I Xornadas TADEGa

Trátase dunha animación desta plataforma, slide.com, que permite “subir” as fotos a unh aconta creada por nos e despois incrustar na web unha animación con esas fotos. Na animación apréciase mais dunha ducia de fotos da Xornada, os que falaron, empregando o portátil e ao fondo o proxector, etc. que se desprazan de dereita a esquerda con tres botonciños de mais lento, pausa e mais rápido.

Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da fotografía 1 millón de firmas

Trátase dunha fotografia alusiva a esta iniciativa europea na que se aprecia a un rapaz (David) de mediana idade (quizais 20) cun bolígrafo do seu tamaño (ou sexa bastante grande, sobre metro e medio de longo) co que fai ademán de firmar nun papel que hai no chan. Na fotografía apréciase tamén que o papel do chan é un cartel desta iniciativa e nel pódese leer SIGN e está a súa firma.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe de dous peixes que se atopan a través dun cristal.

Unha peceira acaba de caer ao mar quedando parcialmente mergullada. Un peixe que estaba na auga e outro que estaba na peceira vense con asombro a cadanseu lado do cristal. O debuxo é simple e non permite pensar sobre qué estarán a sentir. Queda deliberadamente á interpretación do que está a ver á imaxe.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Teletexto TVE

Trátase dunha imaxe do que ven sendo a pantalla da televisión cando accedemos ao servizo de teletexto. O rectángulo que ven sendo a pantalla divídese en catro mitades grazas a unha liña vertical e outra vertical que configuran as catro seccións principais cun código de cores: Novas vermello, Deportes verde, Servizos amarelo e “subtitulado” (páxina 800) en azul. Nesta última sección ademais de acceder á programación con subtítulos, é donde está a “Gaceta para Sordos” con información sobre actividades, cursos, congresos, xornadas, ocio, e novas en xeral das persoas con discapacidade.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do logotipo do CEAPAT

Esta imaxe amosa un triángulo laranxa sobre unha especie de “enrexado” (liñas horizontais e verticais que se cruzan) verde e á dereita as letras en maiúsculas: Centro Estatal de Autonomía Personal y Ayudas Técnicas”. O propósito desta imaxe non é informativo e non aporta significado específico ao artigo que acompañe. Tan só presenta un deseño visualmente atractivo ao tempo que reflexa a idea deste sitio web.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da fotografía “comunicador móbil”

Nesta fotografía apréciase unha man que suxeta un dispositivo móbil PDA, a través do cal e mediante un programa informático, os rapaces con autismo e outros trastornos xeralizados do desenvovimento, poden comunicarse empregando un sistema pictográfico de imaxes. Na imaxe pódese distiguir que é o pictograma de galleta o que aparece na pantalla”.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do logotipo da revista DIM

Nesta imaxe aprécianse tres cadrados: vermello, amarelo e azul por esta orde, nos que aparecen as letras D I M, de Didáctica, Innovación e Multimedia. Na imaxe aparece debaixo dos cadrados coas letras a palabra “revista” escrita en maiúsculas. O propósito desta imaxe non é informativo e non aporta significado específico ao artigo que acompañe. Tan só presenta un deseño visualmente atractivo deste sitio web.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe joe joe freeware utilities

Esta imaxe amosa a interface do programa ArsClip no ordenador. Na imaxe apréciase a ventá despregable cos submenús e as opcións de manexo do programa.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Xogos accesibles

Trátase dunha imaxe na que, nun cadrado de fondo azul, apréciase en cor branca a palabra “junior” e un mando dos empregados para xogar ás videoconsolas tipo PlayStation. Debaixo en cor azul mais oscura, está a palabra Discapnet.”

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do Vídeo de Google street view

Trátase dun vídeo que comenta o desenvolvemento da nova aplicación de google, na que pódese visitar unha cidade dende un punto de vista subxectivo / primeria persoa, grazas a fotos panorámicas en tres dimensións.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do Vídeo de Control

Trátase dun vídeo que narra a vida de Ian Curtis , cantante de Joy Division, é como a súa personalidade e doenza inflúen de feito significativo na historia musical do post-punk. Así poís a estética do vídeo é escura, claustrofóbica e triste…relexo da personalidade do cantante.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da Imaxe de Calcwav

Trátase dunha imaxe dunha típica calculadora cos seus repectivos números e funcións cunha icona no extremo superior esquerda que identifica cun altofalante que estamos diante dun recurso audible.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe GoTalk

Trátase dunha fotografía tomada na clase, da axuda técnica á comunicación GoTalk na que aparece o aparello en primeiro plano enriba da mesa. Na fotografía apréciase as imaxes do SPC e fotos reais dos profisionais que traballan no Centro na grela de 9 casillas (3×3) nas que ao premer nelas escóitase o son gravado previamente relativo a esa imaxe, por exemplo quero ir ao water.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da 2ª imaxe GoTalk

Trátase dunha fotografía tomada na clase, da axuda técnica á comunicación GoTalk na se pode ver a un grupo de alumnos da clase preparando as fichas para traballar con este aparello.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da 3ª imaxe GoTalk

Trátase dunha fotografía tomada na clase, da axuda técnica á comunicación GoTalk na se pode ver a un alumno preparando as fichas para traballar con este aparello (recortando unha lámina).

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Libros para que no se olviden

Trátase dunhas imaxes duns libros dos anos 70 da editorial SM que foron moi coñecidos nesas xeracións, titulos como “Como hacer de espías, como hacer juguetes que funcionan…”, aparecen representados nestas ilustracións de caracter infantil.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do video Que é un blog

Trátase dun video de Joan Planas (Videobloquero) no que se realizan unha serie de entrevistas nas rúas de Barcelona preguntando a xente que é o que saben do fenómeno blog. Xorden moitas caras de descoñecemento en poboacións xuvenís.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Vagabundo dixital

Aparece un rapaz de camiseta branca traballando co ordenador, supoñemos que conectado a rede grazas ao wifi, nunha praia cun peirao ao fondo. Así mesmo, existe un engadido no que se pode escoitar Message in a bottle de The Police.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición do Video Marcador Antonio Sacco

No vídeo, o propio autor da aplicación describe a mesma, un plano corto de Antonio Sacco no que supostaqmente estase a gravar cunha webcam.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición da Imaxe ISSnizados

Aparece un logo azul da Biblioteca Nacional (BN) e unha lenda na que se lee custodiamos todos los libros.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición da Imaxe EDIGa

Aparece un logo de letras negras en que pon EDIGA unha man premendo o punto do i do logo e unha imaxe do símbolo da sindicación, ondas cun fondo laranxa.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición da Imaxe Comunicación e Pedagoxía

Aparece unha imaxe en negativo da portada da revista de Comunicación e Pedagoxia, na que un neno está a rir.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción da imaxe pantalla web de SIGMA

Trátase dunha instantánea tomada da pantalla dun ordenador na que se pode ver unha páxina web da compañía SIGMA sobre o proxecto Vía libre FUNDOSA na que se pode apreciar un mapa dunha cidade cun itinerario marcado en cor encarnada.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción da imaxe FEAPS

Trátase dun logotipo xeométrico e abstracto en variacións de cor azul a modo de rectángulos sobre os que se constrúe unha liña espiral en cor dourada.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do video My Generation

Trátase dun video musical da gravación do tema “My Generation” por parte deste home que pasa das 90 primaveiras e o seu grupo de amigos que lle fan os coros no estudio de gravación”

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe logo do BETT 2007

Esta imaxe é o logotipo da feira BETT 2007 cun fondo de cor lila e unhas letras en branco nas que se pode ler as siglas BETT e The educational technology source, así como as datas da feira: 9-12 January 2008. O propósito desta imaxe non é informativo e non aporta significado específico ao artigo que acompañe (agás a data). Tan só presenta un deseño visualmente atractivo ao tempo que reflexa a idea deste sitio web.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe E-Hospital

Esta imaxe consiste nun sinal de advertencia de Centro Sanitario (Hospital en Inglés) cun “H” de cor branca dentro dun cadrado de fondo azul. Por riba pódense ver 5 estrelas amarelas e por debaixo as letras eHospital tamén en branco sobre un rectángulo mais pequeno de fondo azul. O propósito desta imaxe non é informativo e non aporta significado específico ao artigo que acompañe. Tan só presenta un deseño visualmente atractivo ao tempo que reflexa a idea matriz deste sitio web.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do Comic de Robots

Esta imaxe consiste nunha banda deseñada onde dous robots están diante dun ordenador que amosa unha páxina web cun código de acceso, facendo así alusión o Método Captcha, no que
grazas a textos distorsionados intentase discriminar o acceso de robots que achegan publicidade a seres humanos que intentan contribuir con comentarios. Un dos robots dille o compañeiro que non hai dereito que non lles deixen facer as súas contribucións aludindo así a irónicamente a unha suposta segregación da rede das máquinas a prol dos humanos.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe dedos

Esta imaxe, tomada dunha serie de iconos sobre lingua de señas, consiste nunha man: aberta, extendida, debuxada en branco e negro, e que neste artigo serve como alusión ao uso de recursos de xeito educativo representando ao número 5 pois se está a falar de recursos para matemáticas.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe TACE

O de TACE era por abreviar. Trátase da portada do libro Tecnologías de ayuda en contextos escolares, publicado pola consellería de educación de Murcia. Un libro tamaño folio coa portada sen decoración algunha pintada en verde e na que só se pode ler o título do libro, editor e autores.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe Nova lei da LSE

Esta fotografía foi tomada á saída do parlamento e con motivo da aprobación desta lei co ministro e un grupo de cidadáns entusiasta (posiblemente persoas con discapacidade, amigos e familiares que están a axitar unhas mans grandes recortadas en cartulina, lembremos que o axitar das mans en alto e o equivalente na lingua de signos aos aplausos).

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe TDAH

Esta imaxe simboliza a un neno con TDAH representa a un neno que ten nas mans un montón de xoguetes (no sentido das agullas do reloxo: unha pelota de papel, un lapis verde, un coche bermello, un teléfono móvil, unha folla de papel, e un avión de papel) que axita frenéticamente coa sensación de estar desfrutando pero sen fixar a vista en ningún deles e sen saber realmente o que está a facer (como se desfrutase polo mero feito da propia axitación).

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do logotipo RosaMdeDiego

Este caderno de bitácora leva por título ROSA Mª de DIEGO… TIC entre otras cosas e o seu logotipo e unha moreira amontoada de carretes con fíos de distintas cores (laranxa, verde, rosa, etc.) e que se explica pola benvida que nos dá cando entramos no seu caderno Gracias por tomarte la molestia de “tirar del hilo” para no perder el contacto con mi blog..

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da foto Café Gijón

Trátase dunha fotografía tomada nesta dabetería na que aparece o seguinte grupo de persoas de esquerda á dereita: Emmanuelle Gutiérrez e Restrepo (responsable da Fundación SIDAR), Domingo Méndez López (autor do coñecido blog Educación y TIC), José Luis Fariña García, (o noso benquerido compañeiro de TADEGa ae EDIGa), Francisco Javier Soto Pérez, (principal de TecnoNEEt e o NEEDirectorio). Antonio Sacco (creador de tecnoloxías para as necesidades educativas especiais da Arxentina).

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do vídeo Proxecto Spectrum

Trátase dun vídeo (en inglés) aloxado no Google que amosa a o emprego da ferramenta SketchUp por persoas con autismo. unha animacion en 3 dimensións no que aparecen varios modelos feitos coa ferramenta SketchUp, o primeiro deles o fixo un arquitecto profesional e vese unha casa con por todas as partes externas pero tamén entra na casa e amosa detalles moi pequenos asi como tamén cómo funciona o programa de deseño. O seguintes modelos son o do acuario que fixo Meg, o patio de Casey, a sala de rock and roll de Rachel, unhos estudios de cine, un modelo astronómico, etc. etc. feitos por persoas con autismo.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe do Google SketchUp

Trátase dun deseno en 3D (3 dimensións) dunha ponte emblemática americana e dun automóvil en primeiro plano.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do cartel do I Seminario, discapacidade intelectual e saúde mental

Nun fondo verde craro, na parte superior con letras brancas pódese ler o título do seminario, mentras que na parte inferior aparece unha fotografía en branco e negro dun rapaz ao que só se lle ven os ollos cunha mirada que chamamoito a atención aínda que non se saiba ben o porqué.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do logotipo de EDIGa.

Logotipo sinxelo e atractivo coas letras de EDIGa de cor negra metalizada e azuis sobre un fondo gris. O punto da i é de cor encarnada, e mesmo semella un botón que está a ser pulsado por unha man que a sinala.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada do cartel da película O meu pé esquerdo.

Trátase do cartel orixinal desta famosa película de 1989 que acadou no seu día 5 nominacións aos óscar en 1990 dos que finalmente se lle adxudicaron 2. Trátase dunha película baseada nunha historia real, a de Christy Brown, que naceu en 1932 con parálise cerebral pola que só ten pleno control sobre unha parte do seu corpo: o seu pé esquerdo. Pero a forza de tesón e coa axuda da súa nai, consegue relacionarse cos demais, escribir -o guión elaborouse a partir da súa autobiografía- e pintar. Morreu en 1981.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada do cartel do logotipo Autismo.

Sobre o chan, unha man descoñecida pintou todo de azul intenso. A man aínda permanece toda manchada sobre a pintura. No fondo pintado do chan, alguén debuxou en branco o seguinte texto: ‘Autismo. La ausencia del yo’ (Autismo. a ausencia do eu.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada da imaxe Éxito no tratamento da dislexia.

Un neno de seis ou sete anos está sentado nun pupitre. Ten unha plantilla co debuxo dun can e fichas con letras. Está intentando compoñer esta palabra empregando as letras móviles.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada da imaxe Crea webs accesibles (1).

Un moneco de madeira como os que serven aos pintores para facer de modelos porque poden colocarse en calquera postura alza a súa man dereita na que se ve un carteliño pegado co lema Crea webs accesibles.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada da imaxe Crea webs accesibles (2)

Un membro de TADEGa (Juan) seguindo as pautas da campaña Crea webs accesibles sostén na súa man dereita o carteliño con este lema. A imaxe está sen cores (tonos sepia como se fose unha imaxe antiga) agás o cartel que está a toda cor.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada do logotipo Gallery

Trátase dun deseño sinxelo de letras laranxa sobre fondo branco. As letras descansan sobre o que parecen ser 2 fotografías nas que non se apreza o detalle, de cor azul e que medio están a compoñerse no seu pixelado. As letras forman a palabra Gallery (palabra inglesa que significa Galería).

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada da fotografía ‘Compostela no nadal 2007’

Trátase dunha fermosa fotografía nocturna dunha das torres da catedral de Santiago de Compostela tomada nunha noite de orballo cunha morea de focos que iluminan moi ben o entorno. O orballo completa a obra maestra mollando a lente da cámara e permitindo, así, que a morea de luces se multiplique sen fin coas variacións de cores do arco iris.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada do logotipo do congreso TecnoNEEt 2008

Sobre fondo branco, o artista abstracto pasou 4 pinceladas de cores (azul, negro, laranxa e bermello) debuxando o que parece (non é nada doado de adiviñar) un neno cos brazos en alto tratando de acceder a un ordenador. Á súa dereita, figura o logotipo da asociación de logopedia que parece unha letra grega en verde e, finalmente o letreiro tecnoneet2008.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada dunha das páxinas de do libro icoon

Vese o este libro aberto pola metade (máis ou menos) e nela adivíñanse fotografías en cor de distintos alimentos, especialmente dos da páxina dereita que é a que máis se pode ver por estar o debuxo no seu conxunto en perspectiva e con esta páxina do lado máis cercano ao observador.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada da portada do libro icoon

Unha portada en fondo rosa forte no que se poden apreciar 4 círculos grandes debuxados que conteñen, a súa vez, algún debuxo que non é apreciable dende o punto de vista do observador.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada da portada do libro La gran guía de los blogs 2008

Unha portada en fondo branco na que se pode ler o título do libro en 2 cores (negro e azul) cun destacado bermello para o ano 2008. Debaixo desta composición figura un mapa mundi en forma de esfera debuxada en distintas variacións de cor azul. Adivíñase unha filigrana efímera no fondo tamén de cor azul e de carácter abstracto.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descripción detallada da imaxe do Proxecto Esquizofrenia en Second Life

Aparece unha imaxe do interior dunha vivenda virtual de paredes brancas e un longo corredoiro no cal un personaxe ou avatar, accede caminando dun xeito anormal. No pe da imaxe aparece unha referencia o proxecto “UC Davis`Virtual Hallucinations”.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada do logotipo Xogamos?

O texto Xogamos? aparece escrito con letras grandes en azul sobre fondo branco cun tipo de letra algo informal agás o signo de interrogación final que se debuxa en cor verde clara sobre fondo branco.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).

Descrición detallada da imaxe vocaliza

A imaxe representa a interfaz gráfica do programa Vocaliza 1.1.0, no que se aprecia un menú visual cunha imaxe principal centrada na parte superior da pantalla (un encerado) e catro imaxes mais na parte inferior da pantalla que nos leva ás opcións de Pronunciación, Adiviñas, Frases e Evocación.

(Pulsa a opción atrás no teu navegador para voltar ao artigo).