Toda unha sorpresa

Levo dende o 25 de xaneiro de 2009 rastrexando na rede cada certo tempo na procura dun tipo de letra especial chamado Sarakanda. Todo a raíz da publicación nesta mesma web (http://tadega.net/?p=678) do artigo no que se falaba deste tipo de letra especial deseñado para facilitar a lectoescritura no alumnado afectado por dislexia.

Imaxe do tipo de letra "Sarakanda".

Imaxe alegórica do tipo de letra coñecido como Sarakanda destacando as súas peculiaridades como os trazados dos extremos das letras para dar sensación de certa inclinación, etc.

A letra SARAKANDA

Trátase dun tipo de letra deseñado dun xeito moi especial para evitar ao máximo calquera tipo de confusión e un sinfín de detalles que se poden ler con calma no artigo citado e, cuxo deseño e creación, ten por autor a Alejandro Valdez Sanabria quen desenvolveu este traballo como a súa tese de grao.

O caso é que estamos xa no ano 2013 e a procura seguía sen éxito ata que onte, e sen demasiadas pretensións apareceu unha pista nas pescudas da Internet: un enlace a un programa educativo coñecido como ADAPRO e con orixes algo curiosas como o ITER que ven sendo un acrónimo de Instituto Tecnológico de Energías Renovables das Illas Canarias, quen debeu patrocinar este proxecto, ou así cabe deducir da súa web.

Notas aclaratorias

Engadiremos neste artigo unha serie de enlaces para unha información máis en detalle.

Por outra banda debo aclarar que o tipo de letra incluído no programa ADAPRO do que aquí se fala, e que leva por nome Sarakanda, ten un parecido moi notable ou é case idéntico na súa apariencia ao que Alejandro Valdez creou polo que cabe agardar que o programa ten a licenza correspondente.

O programa ADAPRO

Captura de imaxe do programa ADAPRO.

Captura de imaxe do programa ADAPRO cunha vista parcial do seu procesador de textos usando os pictogramas de ARASAAC.

O programa tamén é para non perdelo de vista: situándose no grupo de procesadores de texto simples preparados para visualizar indistintamente o propio texto ou o texto con pictogramas (neste caso os de ARASAAC) engadindo algunha funcionalidade extra bastante chamativa:

  • Trátase dun procesador de textos multi-usuario (leva conta de múltiples usuarios para os que un terapeuta pode adaptar de diversos xeitos o seu funcionamento).
  • Pensado especialmente para persoas usuarias con trastornos de aprendizaxe ou de desenvolvemento como a dislexia o autismo (así se traduce do inglés da súa presentación).
  • As funcionalidades son moi chamativas:
    • Instala no noso ordenador o tipo de letra Sarakanda de regalo. (A procura na que eu andaba).
    • Programa de software libre: Mozilla Public License 2.0 (MPL-2.0).
    • Consta dun procesador de textos adaptado con interesantes funcionalidades:
      • Procesador co tipo de letra Sarakanda por defecto.
      • Opción a automatización dos pictogramas de ARASAAC no procesador.
      • Opción a colorear as letras: p, b, d, e q como reforzo en casos de dificultades por dislexia.
      • Opción a cambiar a cor de fondo do texto.
      • Inserción de 2 teclados virtuais.

E agora que?

Despois da alegría deste encontro inesperado, toca facer outra procura do máis interesante (e que foi o niño de toda esta historia) ¿Poderíamos atopar un xeito para que a nosa web amosase este tipo de letra por defecto con opcións alternativas a outros tipos de letra, e así incrementar a accesibilidade web do noso sitio, incluso como exemplo para outros? Así que xa sabedes onde andarei fouzando proximamente.

Máis información

Sobre os elementos e os sitios da rede mencionados: