Un pouco de historia
[D]
A conta de que?
Ben, como hai que empezar por algún lado, e como a historia de como naceu TADEGa débese gardar nalgures antes de esquecela (por se a fama se nos sube á cachola e despois precisamos de botar man dos datos para soltalos nunha rolda de prensa 😉 ) pois será bo tela aquí escrita.
Vale, despois deste estrano e longo discurso, comezamos cos datos:
- 28 ao 30 de setembro de 2006. Un exquisito congreso TecnoNEEt (como son sempre istes congresos) e nel, todos os galegos que alí estabamos apoiados tamén polos matriculados para asistencia virtual, decidimos formar un grupo de profesionais da educación preocupados polo uso das TIC na Atención á diversidade. Todos estabamos de acordo en que xa ía sendo hora de que en Galicia se formase un grupo inquedo por esta temática e que puidese servir de referencia para os máis. Aínda que de aquela non tiñamos nome.
- 5 de outubro de 2006. Primeiros contactos por correo electrónico de todos os integrantes de TADEGa para formalizar a formación deste grupo, presentarnos, debater para darnos un nome e dotarnos dunha páxina web.
- 9 de outubro de 2006. Xa somos “TADEGa” (houbo votacións e todo), e dos 22 membros iniciais pasamos a 30.
- 22 de outubro de 2006. Tras un debate por correo electrónico, se pon en marcha a nosa web ( www.tadega.net ). Ao mesmo tempo, con lista de distribución de correo e foro de debate.
- 23 de outubro de 2006. Detectado un problema de acceso por parte dos ordenadores conectados á rede pública da Xunta (entre eles todos os dos centros educativos) á nosa páxina web e a outras de grande interese como a de TecnoNEEt, a do NEEDirectorio, Aumentativa.net, etc. Inícianse toda unha serie de contactos para subsanalo (a cousa levaría o seu tempo, non foi dado).
- 30 de novembro de 2006. Os problemas de acceso dos que falabamos antes arránxanse parcialmente grazas ás nosas xestións e ao bo facer de DisacnetSolutions.
- 8 de decembro de 2006. Mellórase a web completándose o seu contido e acadando, ao fin unha boa accesibilidade das páxinas (mira se que nós mesmo non damos exemplo do que supón a accesibilidade…)
- 15 de xaneiro de 2007.
- Os últimos problemas de acceso a páxinas web educatibas dos que falabamos antes quedan definitivamente arranxados. Os técnicos de DisacnetSolutions volven a amosar a súa profesionalidade.
- Colgamos na web as páxinas de “Os 40 principais” un novo servizo que pensamos pode ser moi aprezado polos educadores.
- 14 de febreiro de 2007.
- Nace este blog (¡Mira que coincidir co comercial día nos namorados… manda chover na Habana!)
- Incorpórase ademáis Abraham, o noso bloqueiro maior, perdón, editor maior, e así xa somos 31.
- Quédanos o reto de acadar que tanto o foro como o Blog, perdón, caderno de bitácora, sexan totalmente accesibles. A ver se é verdade.
Todo isto foi o máis salientable que aconteceu dende a primeira idea de TADEGa ata a creación deste caderno de bitácora. De aquí en adiante… xa nos podedes ir lendo.
E Isto é todo amigos
Imos logo