Cal é a maior discapacidade?
[D-404]
A explicación
Miss Saraievo
é unha canción (1) dun álbum sinxelo do conxunto U2
. Foi composta por Bono e interpretada por el xunto a Luciano Pavarotti, The Edge e Brian Eno durante un concerto de Pavarotti en Verona, Italia. Destaca a voz de Pavarotti, xunto a de Bono e os violíns. A canción -e o videoclip- tratan dun suceso ocorrido durante a Guerra da antiga Iugoslavia, na cidade de Saraievo, Bosnia-Herzegovina. Esta cidade era atacada polos serbios, os musulmáns e os croatas. Neste conflito morrían diariamente centenares de persoas. No medio do caos, algúns cidadáns crearon un concurso de beleza. Gravaron o momento e transmitírono en vivo nun espectáculo de Verona, Italia (2).
Durante o videoclip que vos animamos a ver e escoitar no enlace de Youtube
que vos engadimos ao final deste artigo (1), podemos ver como as participantes no concurso de Miss Saraievo mostran un cartaz co lema Don’t let them kill us
(Non permitades que nos maten
).
A reflexión
Cal é a maior discapacidade? Non é complexo respostar, cando unha persoa morre a mans doutra todo queda discapacitado, esnaquizado, nada queda no seu sitio. De todo o edificio do verdugo só queda en pé o que para nada vale, o resto desvaneceuse. Só se pode pedir unha cousa: non lle fagamos sitio á indiferencia, sería criminal.
Enlaces que se citan
- Enlace a Youtube para ver e escoitar o videoclip: www.youtube.com/watch?v=u4VM41immWI
- Información obtida da wikipedia no enderezo: es.wikipedia.org/wiki/Miss_Sarajevo