Trastornos do espectro autista

[D]

O noso impecable, impagable, impresionante amigo Javier Soto tiña posto fai xa algún tempo no seu caderno de bitácora un artigo máis que interesante sobre o autismo, ou para ser máis precisos, “trastornos do especto autista (TEA)” colgando un documento en formato PDF perfecto para que o teñamos entre os nosos documentos para cando se presente a ocasión.

Non tiña reparado nel por descoido, pero agora que o vin volo traio aquí porque no deberiamos perdelo de vista.

Aquí está o seu enlace: Guía para a detección precoz dos trastornos do espectro autista (TEA).

Unirse á conversa

5 comentarios

  1. Ola Belén. Nese terreo estámosvos preparando unha sorpresa… o noso amigo Felo traballa incansable para que poidades acceder de valde ás imaxes do SPC dende TADEGa mediante un sistema de galerías de imaxes que estamos a contruír… pero non adiantemos acontecementos. Deixade que rematen os traballos e axiña o teremos aquí para todos.

    Este Felo eche un revoltoso moi de admirar.

Deixar un comentario

Deixa una resposta a Javier Cancelar a resposta

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.