Trastornos do espectro autista
[D]
O noso impecable, impagable, impresionante amigo Javier Soto tiña posto fai xa algún tempo no seu caderno de bitácora un artigo máis que interesante sobre o autismo, ou para ser máis precisos, “trastornos do especto autista (TEA)” colgando un documento en formato PDF perfecto para que o teñamos entre os nosos documentos para cando se presente a ocasión.
Non tiña reparado nel por descoido, pero agora que o vin volo traio aquí porque no deberiamos perdelo de vista.
Aquí está o seu enlace: Guía para a detección precoz dos trastornos do espectro autista (TEA).
Juan,
no merezco tantos adjetivos. 🙂
Vosotros sí que sois unos fenómenos. Os leo a diario.
Saludos, Javier.
Ola compañeir@s é moi probable que xa coñezades o blog de Iago, pero por se hai alguén que aínda non o coñece aqui deixo o seu enderezo: http://hablapormidiceiago.blogspot.com/
Saúdos.
Acabo de ver un video no blog de Iago que me parece moi interesante. Botade unha ollada. Un saúdo
http://hablapormidiceiago.blogspot.com/2007/05/papi-mami-mirar-lo-que-hay.html
Feliz día das Letras!
Ola Belén. Nese terreo estámosvos preparando unha sorpresa… o noso amigo Felo traballa incansable para que poidades acceder de valde ás imaxes do SPC dende TADEGa mediante un sistema de galerías de imaxes que estamos a contruír… pero non adiantemos acontecementos. Deixade que rematen os traballos e axiña o teremos aquí para todos.
Este Felo eche un revoltoso moi de admirar.
Felo, moito ánimo para o proxecto, ven moi ben.
Uxía, a nosa incansable fan número un, gracias.