Dislexia, a discapacidade invisibilizada

Alegoría da soidade (Debuxo por xentileza de J. Montiel).[D-408]

Non nos decatamos pero entre nós hai unha multitude de xente con dislexia sen que os propios afectados sexan coñecedores desta situación. Un artigo no xornal El País (1) fai unha descrición pormenorizada desta situación que, no estado español, é grave dende o momento en que as medidas educativas para a detección e o tratamento apenas son uns poucos esbozos do que debería ser.

Non quero aburrir on explicacións redundantes así que, despois de ler isto e ver o debuxo de J. Montiel (2), invítovos a ir directamente á fonte orixinal de ambos para ler o artigo e observar os traballos gráficos, paga a pena.

Enlaces que se citan

  1. Artigo do xornal El País sobre a dislexia baixo o significativo título: Tal vez o teu fillo é disléxico e ninguén o sabe? no enderezo web: www.elpais.com/articulo/sociedad…
  2. Orixe da ilustración de este artigo: Caderno de bitácora de J. Montiel (Juan Manuel Montiel): jmontiel.blogspot.es/…
Comparte este artigo

5 Comentarios

  1. O termo dislexia cecais fai que pareza que esteamos a falar dunha rara enfermidade incurable, pero non é mais que o Trastorno específico para aprendizaxe da lectoescritura, problema que na maioría dos casos se podería solucionar cun bo programa individualizado para aprender a ler e escribir. Este problema se complica, cando un neno chega ao segundo ciclo de primaria aínda tendo innumerables erros na lectoescritura. O trastorno biolóxico (neuronal) seguramente exista, pero ningún neurólogo poderache dicir cal é a causa verdadeira de que a algunhas persoas lles custe máis aprender a ler ca os demais. Por último lanzo unha pregunta ¿sabedes porque en Finlandia non hai casos de Dislexia? Ten que ver ca idade de comezo do ensino da lectura e ca transparencia da ortografía.

  2. E logo a que idade comezan a ler os Fineses?

  3. A transparencia ortográfica ven sendo que a cada son lle corresponde unha letra, coma pasa ca maioría das letras do castelán e do galego. O inglé por outro lado é un idioma moi pouco transparente, o que fai que haxa moitos casos de dislexia e que polo tanto haxa tanta literatura sobre o tema, e o que fai que moitos investigadores españois, que len moito inglés pero entran pouco nas aulas, crean que o problema é o mesmo aquí que alá.

  4. e iso da “transparencia da ortografia?”

    http://www.disfam.net/congreso/ ( a ver se o poño la axenda…)

Deixa una resposta a apae Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar: HTML etiquetas e atributos: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>
*
*

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.