Guía para persoas con discapacidade

Unha guía de vantaxes e medidas de apoio [D-513] A Xunta de Galicia, en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar e a Secretaría Xeral do Benestar, editaron en xuño do 2008 a Guía de vantaxes e medidas de apoio para persoas con discapacidade (1), elaborada por Bieita Losada Rodríguez e Concepción Freire Castro, traballadoras sociais da Vicepresidencia. A guía, concibida como un material práctico ao alcance de todas

Ler máis

Fundación Adapta

[D-503] O 24 de outubro do 2007 constituíuse a Fundación Adapta, unha organización sen ánimo de lucro creada por diferentes entidades e persoas, todas elas con experiencia no mundo das novas tecnoloxías de apoio. A través delas e da súa investigación científica, así como da cooperación cos países que o precisen, a Fundación Adapta ten como fin mellorar a calidade de vida das persoas con autismo e/ou con discapacidade intelectual.

Ler máis

Campamento para infancia con autismo

[D-506] A Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade colabora neste mes de agosto co programa “Nos vamos de campamento” da Asociación de Pais de Persoas con Trastorno do Espectro Autista ou ASPANAES, que vai ter lugar no Poboado das Veigas, en As Pontes (A Coruña). O programa está formulado co fin de desenvolver actividades de tempo libre para os participantes e dar un pequeno respiro as familias. Ten unha duración

Ler máis

Accesibilidade en XP

O compañeiro Rubén Velasco, ten un vídeo moi moi sinxelo dalgunhas funcionalidades que lle podemos sacar ao Windows XP. Algo tan sinxelo como o teclado virtual emerxente pode ser de gran utilidade. [D-490]

Lazarux

[D-463] Lazarux é unha distribución GNU/Linux operando desde un Live-CD, adaptada ás necesidades informáticas de eficientes visuais de fala hispana, que inclúe un amplo conxunto de aplicacións accesibles e un motor de voz totalmente en español. Os autores: David Cabrero Souto, Doutor en Informática e profesor na Facultade de Informática da universidade da Coruña, España; e Sergio Rodríguez Esquerra, Enxeñeiro Técnico en Informática de Xestión. Cabe destacar que o usuario

Ler máis

Unha calculadora para todos

[D-449] Para toda a xente á que lle gustaría poder contar cunha calculadora científica e gráfica con entorno de programación eficaz, accesible ás persoas con visión reducida, dende febreiro do 2008 conta coa posibilidade de descarregar de forma gratuíta a versión ATCalc 3.1.8. Esta calculadora, disponible en varios idiomas, está deseñada para converterse nunha ferramenta de fácil manexo para aqueles e aquelas estudantes e profesionais que queiran algo potente e

Ler máis

Google e Braille

[D-439] O buscador de Internet ‘Google’ (*) da un pasiño de cara á igualdade no acceso á información ao adaptar os seu servizo de consulta de noticias, chamado Google Reader, ás persoas con discapacidade visual. Dende mediados do mes de marzo, eles tamén poderán facer uso de Google a través dun sistema que permite o emprego de aplicacións que codifican o texto escrito ao alfabeto Braille en lectores de pantalla.

Ler máis

A Santiago de Chile

[D-426] Seguimos a estela de profesionais cunha traxectoria de calidade tan fascinante como a de Manuel Gómez Villa, Emilio Ivars Ferrer e Francisco Javier Soto Pérez, da Consejería de Educación, Ciencia e Investigación do Goberno de Murcia, e os atopamos en Santiago de Chile, cidade onde desenvolverán o seminario “Herramientas TIC para la Comunicación Aumentativa en Educación Especial”. Isto terá lugar do 21 ao 25 de abril, na escola de

Ler máis

Mutismo selectivo

[D-389] Dende unha petición de axuda ata un artigo Na nosa lista de distribución de correo xurdiu unha cuestión en determinado momento cando unha das nosas compañeiras precisaba axuda por mor dun caso de mutismo selectivo na súa aula. O caso é que, grazas a esa ferramenta humilde da lista de correo, foron xurdindo aportes de diversos compañeiros que ían definindo situacións, aclarando dúbidas e pouco a pouco construíndo entre

Ler máis

Blackle: aforrando con fondo negro

[D-356] “Blackle”: o Google sobre fondo negro A polémica acerca do emprego do fondo negro nas páxinas Web co fin de contribuír ao aforro enerxético nace cando Mark Ontkust, en xaneiro do 2007, suxire nun artigo da bitácora de ‘ecoIron’ que o cambio da cor do fondo da pantalla de ‘Google’ a negro diminuiría o consumo enerxético nuns 3000 megavatios-hora anuais. Estes datos de seguida foron re-axustados a 750 megavatios-hora

Ler máis