A Navegar 9

[D-305] Xa podedes incribiros no Certame ¡A Navegar 9!, un bo recurso para introducir boas experiencias TIC nos vosos centros; mesmo dar a coñecer as necesidades específicas de apoio educativo, elaboración de materiais curriculares web adaptados, etc. Lembra que o teu Centro ten que estar inscrito en Educared. Paso 1: Inscrición de mestres Paso 2: Rexistro de grupos modalidade A: Páxina web Rexistro de grupos modalidade B: Bitágora Tendes de prazo ata o 21 de marzo para completar a vosa inscrición. Participa xunto aos teus alumnos na aventura de ¡A Navegar!. Podes informarte mais nas seguintes ligazóns ou o contactando directamente co equipo de animación a través do teléfono 902 36 04 43. Ligazón ás bases do Certame Información sobre o proceso de inscrición

Biblioteca Virtual en Língua de Señas

[D-245] As tecnoloxías apórtannos novas ferramentas que, se cadra, resultan moi útiles á hora de traballar na educación de nenos con necesidades específicas de apoio educativo. Sen embargo, non sempre contamos co compromiso necesario dalgunhas institucións e/ou organismos para facilitar o achegamento da información a esta poboación grazas ao seu emprego. Este non é o caso do Instituto Cervantes que, dende o 2001, ven traballando en diversos proxectos que, por ambiciosos, medran paseniñamente, pero seguros. Nesta ocasión referirémonos unicamente a unha das obras postas en marcha pola Biblioteca Virtual Miguel de Cervantes, a Biblioteca Virtual de Señas (www.cervantesvirtual.com/seccion/signos), na que actualmente traballan diferentes profesionais e expertos no ámbito da lingüística e as linguas de señas, investigadores e intérpretes, así como técnicos informáticos e persoal de talleres dixitais e de imaxe da Universidade de Alacante.