Obradoiro LIM Soutomaior

Obradoiro LIM Concello Soutomaior Da man da polifacéTICa Belén Junquera pechamos ista xira de Obradoiros dos Sábados organizados polo Concello de Soutomaior, dando deste xeito resposta á demanda xerada entre nais, pais, mestres do contorno. Non podemos esquecernos da calurosa acollida recibida do Concello de Soutomaior, moitísimas grazas. En breve teredes algunha nova mais que estamos a vos preparar 😉 Ligazóns Blog colectivo actividades LIM Blog Madenglishouse Programa do curso en pdf

Unha posibilidade entre mil

O pasado sábado día 30 de maio tivo lugar no Salón do Cómic de Barcelona, a presentación dun cómic moi especial: Una posibilidad entre mil. O acto foi presentado polas editoriais de Sins Entido: Jesús Moreno e Héloïse Guerrier, e contou coa presenza dos autores. Cristina Durán e Miguel A. Giner Bou contan a historia dunha andadura personal que comeza o día en que nace a súa filla Laia e sofre unha doenza que lle causa dano cerebral. Isto desencadea todo un proceso de angustia, loita, sufrimento, solidariedade, aceptación e de avances e retrocesos que miles de pais coñecen. E malia todo, Cristina e Miguel conseguen plasmar a súa experiencia sen sensacionalismos, dunha forma moi natural, sinxela e sincera. Emotiva e obxectiva, cunha actitude reflexiva e directa. En contra do que puideramos pensar, tampouco é un cómic con pretensións didácticas. É un cómic ben narrado que recolle todas as situacións que se desenvolven ao redor de Laia e os seus pais dun xeito esperanzador e cunha actitude positiva. Un cómic que non deberíades perder. Podedes ter máis información no blog Jiro Taniguchi e na páxina oficial do cómic: www.unaposibilidadentremil.com.

O Proceso de Bolonia

A Universidade do Proceso de Bolonia supón un cambio sorprendente, e moi desexado, nos plans de estudos post obrigatorios que se viñan desenvolvendo ata agora en España. Entre outras, porque abre o maxín dos estudantes á posibilidade de poder estudar a súa carreira en varios países europeos, aprendendo diferentes idiomas e relacionándoche con persoas de distintas culturas. Porque, ademais, lle releva do seu estatus de prioridade aos tan odiados exames nos que moitas veces témonos xogado todo a dobre ou nada, e lle concede o valor necesario a ao traballo que o alumnado desenvolva durante todo o curso. Porque tamén permite que os estudantes poidan escoller entre unha gran variedade de títulos que respondan ás súas aspiracións persoais e profesionais, en vez de facelo entre un catálogo fechado de titulacións máis ou menos xenéricas. E definitivamente, porque lles abre ás portas aos alumnos e alumnas ao mercado laboral, en primeiro lugar, dende a propia Universidade, facendo prácticas das súas respectivas especialidades

YoGoTe

Comunicación paralela con Xestos Internacionais [D-675] O noso obxectivo: A comunicación internacional. No mundo hai cinco mil linguas diferentes. Un problema: Se todas as persoas usamos a mesma lingua, moitos idiomas desaparecerán. Unha solución: Uso de xestos universais ao mesmo tempo que falamos. Unha vantaxe Podemos aprender novas linguas. Como podes usalos signos? Primeiro: Aprende os xestos na túa lingua, Despois: Usa os mesmos xestos para aprender outros idiomas, mira un exemplo. [D-675-vídeo] A: Información gramatical B: Voz nativa. C: Tradución experta. D: Tradución automática. E: Tradución parcial. Ligazóns Páxina de YoGoTe.

Dificultades na aprendizaxe

Do inglés Learning Disabilities Online, unha moi boa zona de recursos -en inglés- para persoas con dificultades na aprendizaxe. [D-478] Colorín Colorado é un servicio gratuito, basado en Internet, que ofrece información, actividades e asesoría a educadores e familias de estudiantes de inglés como segundo idioma, en particular aqueles que falan castelán e posúen dificultades na aprendizaxe. Colorín Colorado é unha iniciativa educativa da estación de difusión de medios pública da capital dos Estados Unidos de América (WETA). Colorín Colorado recibe apoio sustancial da Federación Americana de Mestres e apoio adicional do Instituto Nacional para o Alfabetismo, así como do Departamento de Educación dos Estados Unidos, Oficina de Programas de Educación Especial. Colorín Colorado busca activamente o apoyo privado, corporativo e gubernamental para expandir os nosos esforzos. Por favor contactade para mais información. Ligazóns Páxina Web de Learning Disability Online. Páxina Web de Colorín Colorado.

Accesibilidade para as webs 2.0

[D-633] A WCAG 2.0 Xa están aprobadas as WCAG 2.0 ou Pautas de Accesibilidade ao contido na Web para a Web 2.0 O 3 de novembro foi publicada a nova versión, continuación da versión anterior da que somentes temos, polo momento, o documento en inglés. A tradución oficial do documento en inglés ao castelán corre a cargo da Fundación Sidar, nacida tras seis anos de traballo do chamado Seminario Iberoamericano sobre Discapacidade e Accesibilidade na Rede. O último borrador feito por eles e do 11 de setembro do 2007 e dende entón cambiou bastante, así que teremos que agardar. Coas normas da WCAG 2.0 preténdese facilitar a aplicación das pautas de accesibilidade por parte das persoas encargadas de deseñar, crear, administrar e/ou controlar un sitios web, así como facilitar o seu recoñecemento polas entidades lexislativas. Organización e estrutura da WCAG 2.0 Para poder sacar á luz estas normas, a WCAG estivo recollendo e avaliando postas en práctica de sitios Web verdadeiros. Como resultado do estudio de diversas mostras, a versión para as webs 2.0 está organizada e estructurada de diferente xeito ca anterior. Así, as WCAG 2.0 organízanse en 4 principios fundamentais para a accesibilidade do contido: PERCEPTIBLE: O contenido debe poder ser recollido por un dos sentidos. OPERABLE: Os elementos da interacción presentes no contido deben poder ser manipulables. COMPRENSIBLE: Tanto o contenido coma os controles deben ser comprensibles. ROBUSTO: O contido debe ser suficientemente robusto para funcionar coas tecnoloxías actuais e futuras. A súa vez, cada un destes principios ven asociado a 12 directrices que proporcionan as metas básicas para facer o contido accesible, é dicir, serven para comprender posteriormente os criterios de éxito e implementalos. Os criterios de éxito son 60 en total. Hanse de cumplir e son testeables. Están ordenados segundo o nivel de cumprimento asociado, que se corresponden cos niveis A, doble A e triple A. As diferenzas entre a anterior normativa e a actual son difíciles de explicar, posto que un punto de verificación das WCAG 1.0 pode corresponderse con varios criterios de éxito ou con ningún en concreto das WCAG 2.0. Ademais os niveis de adecuación cambian dunhas pautas a outras. Niveis de conformidade Elimínase a polémica proposta de anteriores borradores de incluír niveis mixtos. Actualmente os niveis son: Nivel A: cando se cumpren todos os criterios de éxito de nivel 1 (A) de todas as directrices ou se proporciona unha versión alternativa conforme ao nivel A. Nivel doble A: cando se cumpren todos los criterios de éxito de nivel 1 (A) e de nivel 2 (AA) de todas as directrices, ou se proporciona unha

Ler máis

Guía discapacidade neuromuscular

[D-622] Nace a primeira Guía de las Enfermedades Neuromusculares: información y apoyo a las familias, presentada o pasado 14 de novembro en Barcelona no XXV Congreso da Federación Española de Enfermidades Neuromusculares (ASEM) grazas á iniciativa  da Federación Española de Enfermidades Neuromusculares e á Fundación Solidaridade Carrefour. A guía ofrece unha ampla información sobre as enfermidades neuromusculares tanto ás persoas que as padecen, como as súas familias e aos especialistas que a tratan. Con esta fin, a publicación divídese en tres áreas: sanitaria, psicolóxica e social. Nelas recóllense as particularidades que viven as persoas afectadas por enfermedades neuromusculares nos diferentes ámbitos da súa vida. Do mesmo xeito, a guía contén diferentes apartados onde se inclúen teléfonos e direccións de organismos oficiais de interese, e aporta testimonios, un glosario, datos das entidades que forman parte da ASEM e páxinas web de utilidade. Para o director xeral da Fundación Solidaridade Carrefour, Guillermo de Rueda, a edición desta guía supón “dar respuesta a una de las demandas más importantes tanto de las personas que padecen enfermedades neuromusuclares como de sus familias”, e espera que “esta publicación sea una herramienta útil y que sea de gran utilidad para las personas que sufren este tipo de dolencias, sus familiares y el cuerpo sanitario”. Actualmente, a guía está editada por Formación Alcalá e poderá atoparse nas entidades que forman a ASEM, en hospitais e en entidades privadas ligadas ao campo da saúde e da discapacidade. Enlaces de interese Enlace á Guía na páxina Web de ASEM Galicia www.asemgalicia.com

TECNONEET 2010

[D-606] Namentres que todavía está fresquiño nas mentes de moitos de nós o V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) – III Xornadas de Logopedia Dixital 2008, desenvolvido no mes de setembro en Murcia, naquela terra xa teñen postas as súas miras no 2010, ano no que presentarán o VI Congreso TecnoNEEt, baixo o lema “25 años de integración en España”. Será o 4, 5 e 6 de marzo. Para todas as persoas que non o saibades todavía, TecnoNEEt; é o nome que reciben os congresos bianuais que se desenvolven na comunidade murciana dende o ano 2000, no eido das novas tecnoloxías e a atención á diversidade. Esta iniciativa, respaldada pola Consellería de Educación, Ciencia e Investigación da Rexión de Murcia, foi medrando paseniño e collendo forza, quizáis polo seu carácter dinámico e interactivo, quizáis pola variedade no tratamento dos contidos e pola súa practicidade, ou quizáis pola profesionalidade coa que en todo momento se procurou dar resposta á demanda dun número cada vez maior de escolas que sinten a necesidade de incorporar as tecnoloxías educativas nas aulas para contribuír na mellora da calidade de vida do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Ou, se cadra, por todo un pouco. Así pois, tampouco debera sorprendernos que os murcianos estivesen argallando xa unha nova cita na súa terra. E o 2010 promete ser moi especial, posto que, entre outras cuestións, aproveitarán a coincidencia cos 25 anos de integración que cumplimos en España para facer unha análise das súas repercusións na educación e da medida na que contribuíron as novas tecnoloxías neste proceso de cambio, co fin de propoñer novas liñas de actuación para a mellora das nosas escolas. Dende logo, ao equipo TecnoNEET todavía lle queda moito que camiñar e a nós moito que esperar para aproveitarnos de todo o seu traballo. Pero, sen dúbida, pagará a pena. Así que non vos esquenzades e anotade: os días 4, 5 e 6 de marzo do 2010 tendes unha cita en Murcia. Enlaces de interese Ligazón á web do VI Tecnoneet: www.tecnoneet.org

Aplicación recoñecemento de señas.

Unha iniciativa premiada [D-552] Foron Juan Pablo Hernández Vogt, Pablo Novara e Javier Godoy; todos eles estudiantes da Facultade de Inxeniería e Ciencias Hídricas ou FICH, en Santa Fe (Arxentina). Os tres foron os responsables do traballo que obtivo o primeiro premio do Concurso EST 2008 que se fai con motivo de difundir as actividades académicas realizadas no marco das carreiras universitarias de Informática e Ciencias da Computación, en Santa Fe. O programa creado é un software que emprega elementos de baixo custe, como é unha cámara web de resolución media, que está adaptado a situacións cotidianas, de luz común, e que non ten necesidade de utilizar guantes. Así, en contextos naturais, a cámara web capta os xestos manuais feitos polo usuario, que son procesados, recoñecidos e interpretados no ordenador en tempo real, cunha eficacia demostrada superior ao 87 por cento. Os xestos recoñecidos poden ser empregados de moitas formas e para diversos fins. Con algunhas modificacións, mesmo podería controlar toda unha presentación audiovisual a distancia, prescindindo de teclado e rato, e ata podería derivar nun software de recoñecemento de lingua de señas para as persoas xordas. A cousa promete, dende logo, posto que se a aplicación tivera a difusión necesaria e contase co equipo preciso, moitas persoas con necesidades específicas no acceso ao ordenador e/ou á comunicación poderían verse favorecidas. Así pois, desexámoslle a mellor das sortes.

IX Inforensino

[D-520-1] TADEGA estivo presente nesta IX edición das xornadas INFORENSINO, que se celebrou iste ano na Facultade de Veterinaria de Lugo. A cita foi do 12 ao 14 e tedes mais informacion sobre o programa na web de INFORENSINO. [D-520-2]