Protección xurídica

Protección Xurídica das Persoas con Discapacidade desde a Perspectiva do Trastorno do Espectro Autista O próximo día 14 de novembro, venres, as sete da tarde, organizado pola Fundación Tutelar Camiño do Miño, e a Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar terá lugar en Vigo un acto de entrada libre, sobre: A protección xurídica das persoas con discapacidade desde a perspectiva do trastorno do espectro autista. As imaxes correspondense co programa deste acto, que celebrarase na rúa Laxe 3, de Vigo. [D-583]

Dicionario visual interactivo.

[D-581] O Portal de Contidos da Conselleria de Educación (1), dentro dos novos recursos educativos engadidos, ven de anunciar unha ferramenta para a iniciación no uso da lingua galega do alumnado procedente do estranxeiro. Con ela, podemos explorar distintos escenarios do contorno e localizar os termos mais comúns… autobús, rúa, sinal, etc. Sen dúbida un moi bo recurso que poderedes aproveitar non so para o alumnado estranxeiro. Enlaces de interese (1) Ligazón ao Dicionario Visual Interactivo: www.edu.xunta.es/contidos

Un conto.

Os deixamos este conto que espero que vos guste. As imaxes están sacadas do banco multimedia(1) e da páxina de Aumentativa.net(2), adaptadas para o conto. Os deixamos tamén un enlace ao conto en castelán(3). (1)Enlace ao banco multimedia (2)Enlace á páxina de Aumentativa.net (3)Enlace ao conto en castelán

Pregúntame sobre accesibilidade e axudas técnicas.

[D-573] Esta Guía pretende dar resposta á demanda de información técnica e de orientación sobre como facer accesibles determinadas situacións, espazos, servizos e actividades dentro do campo da discapacidade e as persoas maiores; a Guía contou co apoio do IMSERSO , da Obra Social Caixa Madrid e de Telefónica, contando para a súa elaboración cos profesionais de “Alianzas para el Desarrollo Económico y Social” (ALIDES), do Centro Estatal de Autonomía Persoal e Axudas Técnicas (CEAPAT-IMSERSO) e do Instituto de Biomecánica de Valencia. Enlaces de interese Ligazón á referencia do libro: www.seg-social.es Ligazón á páxina web do IMSERSO: www.seg-social.es/imserso

A Istoria de vida de Ángel

[D-569] A autora deste libro, Lourdes, ten moito interese en amosarnos e informarnos de que, ¡por fin!, saíu publicado o libro da Istoria de Vida de Ángel. Parálise cerebral, normalidade e comunicación (produto dunha parte da súa tese). Esta publicación é importante para Lourdes e para P. Ángel (protagonista da Istoria). Non só polo que supón a nivel persoal, senón porque, cando empezaron con este proxecto, un dos seus desexos (que se converteu en compromiso) era facer todo o que fose posible para que a Istoria de Vida fose publicada. Porque é un texto máis (sabemos que aínda son insuficientes) que pretende axudar a ter unha mirada máis normalizadora ante as persoas con discapacidade – diversidade funcional (en particular, a derivada da parálise cerebral). Por iso, porque queremos que se divulguen as súas vidas desde as súas propias miradas, deixou atrás o pudor e aquí nos comenta o libro. De seguro que hai mais casos como o voso de familias que ao mellor non escriben libros, pero que teñen o compromiso de loitar ata as últimas consecuencias pola dignidade da súa filla, ou de seu fillo. Parabéns. Enlaces de interese Ligazón á referencia do libro: www.arcomuralla.com

Curso de dislexia

[D-567] Pois ahí vai o prometido, finalmente asistín ao I curso de verán: “Dislexia: novos retos na súa intervención interdisciplinar”, que se celebrou en Vilagarcía do 15 ó 19 de setembro e do que vos fago un pequeno resumo. Definición de dislexia e tipos Avaliación psicopedagóxica da dislexia Pautas de intervención na dislexia Conclusións finais e referencias bibliográficas Definición de dislexia e tipos En termos xerais, dislexia pode definirse como un trastorno específico e persistente da linguaxe escrita, caracterizado principalmente por dificultades na exactitude e automatización lectora e escritora. É, unha dificultade conxénita, hereditaria, cunha base neurolóxica, non pode ser explicada por deficiencias visuais ou auditivas, por trastornos emocionais ou condutuais, por retraso mental, nin por situacións educativas “anormais” (ausencias prolongadas ou repetidas a clase, metodoloxía de ensinanza inapropiada, cambios frecuentes de profesores ou centros,…). Dislexia non ten nada que ver coa intelixencia, non se relaciona so con dificultades para ler e escribir con fluidez, é unha forma de tratar a información. De seguido unhas alternativas terminolóxicas para que nos fagan reflexionar da importancia de usar unhas expresións ou outras: Neurodiversidade versus Dislexia É disléxico vs Ten dislexia Foi identificado como disléxico vs Foi diagnóstico como disléxico Adaptacións para disléxicos vs tratamento para disléxicos Diferenzas específicas de aprendizaxe vs dificultades específicas de aprendizaxe Traballo mellor se uso vs teño medo de precisar unha gravadora/papel pautado,… Existen varios tipos de dislexia: Dislexia evolutiva ou madurativa: cando aparecen dificultades no alumnado que inician a aprendizaxe, e que persisten mais alá dos primeiros anos de instrución. Dislexia adquirida: trátase dunha perda das funcións lectoras que inician a aprendizaxe producida por unha lesión cerebral. Existen 3 tipos: fonolóxica, superficial ou mixta. Atraso lector: a diferenza da dislexia evolutiva, aquí xa existe unha causa concreta. A dificultade lectora pode ter unha orixe intelectual unha falta de motivación ou unha precaria escolarización. Avaliación psicopedagóxica da dislexia Antes dos 5 anos de idade, resulta moi arriscado a identificación. A partir de esta idade pódese identificar “sinais de risco para a aprendizaxe da lectoescritura” e iniciar un traballo de estimulación da linguaxe. Recollerase información sobre: datos da linguaxe escrita (falta de exactitude lectora e escritora, velocidade lectora, unión e fragmentación de palabras, dificultades de comprensión lectora,…), datos da linguaxe oral ( retraso na adquisición da fala, linguaxe espontáneo confuso, dificultade no etiquetado verbal ou capacidade para nomear automáticamente obxectos coñecidos, …), e outros indicadores ( dificultades para seguir instrucións, confusión co vocabulario que ten que ver a orientación espacial, dificultades para aprender a ler o reloxo e usar o diñeiro,…). Instrumentos de avaliación: WISC , Raven , Bady-G , TALE

Ler máis

Sclera pictos

[D-565] Pois mira ti que casualidade que buscando, buscando… hai coma dous meses que os amigos de (1) Sclera, actualizaron o seu banco de imaxes engadindo o castelán e chegando agora ata os 1126 elementos. Xa os temos no (2) Banco Multimedia de TADEGa. Grazas Referencias que se citan (1) Páxina web de Sclera Picto’s: www.sclera.be (2) Banco multimedia de TADEGA: www.tadega.net/Fotos

Congreso Inico

[D-561] Un ano mais recibimos a interesante información (1) do Congreso do INICO, que iste ano leva por título “Mellorando resultados persoais para unha vida de calidade”. Será o vindeiro 18 de marzo en Salamanca e como poderedes ver (2) haberá conferencias, mesas de Ponencias, comunicacións, obradoiros e reunións de profesores de universidade do ámbito de la diversidade. Enlaces que se mencionan (1) http://inico.usal.es/jornadas2009 (2)Documento coa lista de ponentes confirmados

Unha loita… na guerra.

[D-558] Se vos fixades na nosa canle de Televisión (1), veredes que xa se poden pedir vídeos a demanda en lugar de mirar a programación completa. Dentro deses vídeos podedes ver un exemplo do que hoxe reivindicamos como un dereito: a asistencia persoal. A un rapaz que se lle anula o seu dereito á asistencia personal, o están a facer coa ferramenta que lle permitiría aceder ás mesmas oportunidades que os outros rapaces. Menoscaban a súa dignidade mentras baixan a mirada. As familias teñen que interpoñer recurso de alzada, o Defensor do Pobo, apelar á competencia de Nacións Unidas (con jurisdición na materia porque España adheriuse ao Protocolo)… e que un rapaz non precisa unha compensación económica de 800 ou 1000 euros. Dentro da canle de TADEGA, hai un paquete completo formado por 4 videos da ULOBA (2)… que é un proxecto de asistencia desexado, que non fala de utopías e que agardamos que algún día… algún día… sexa posible aquí. Agardo que o vídeo de Brita (11 anos) axude a comprender a loita de moitas persoas que seguro temos ao carón. As loitas de cadaún de nós, é a guerra de TADEGA. Enlaces que se mencionan (1) http://www.tadega.net/tv.php (2)Paxina web de www.uloba.no (en inglés)

Aplicación recoñecemento de señas.

Unha iniciativa premiada [D-552] Foron Juan Pablo Hernández Vogt, Pablo Novara e Javier Godoy; todos eles estudiantes da Facultade de Inxeniería e Ciencias Hídricas ou FICH, en Santa Fe (Arxentina). Os tres foron os responsables do traballo que obtivo o primeiro premio do Concurso EST 2008 que se fai con motivo de difundir as actividades académicas realizadas no marco das carreiras universitarias de Informática e Ciencias da Computación, en Santa Fe. O programa creado é un software que emprega elementos de baixo custe, como é unha cámara web de resolución media, que está adaptado a situacións cotidianas, de luz común, e que non ten necesidade de utilizar guantes. Así, en contextos naturais, a cámara web capta os xestos manuais feitos polo usuario, que son procesados, recoñecidos e interpretados no ordenador en tempo real, cunha eficacia demostrada superior ao 87 por cento. Os xestos recoñecidos poden ser empregados de moitas formas e para diversos fins. Con algunhas modificacións, mesmo podería controlar toda unha presentación audiovisual a distancia, prescindindo de teclado e rato, e ata podería derivar nun software de recoñecemento de lingua de señas para as persoas xordas. A cousa promete, dende logo, posto que se a aplicación tivera a difusión necesaria e contase co equipo preciso, moitas persoas con necesidades específicas no acceso ao ordenador e/ou á comunicación poderían verse favorecidas. Así pois, desexámoslle a mellor das sortes.